Toca apretar a preparación ao máximo. A partir do vindeiro sábado 3 de outubro rematáronse as probas. O Dépor ABANCA arrinca nesa data o seu concurso por segundo ano consecutivo na máxima categoría do fútbol feminino estatal. As de Manu Sánchez teñen prevista a semana de adestramentos nesa recta final cara ao inicio da competición ligueira.
O Deportivo ABANCA inicia mañá luns 28 de octubre a semana de preparación cara ao arranque ligueiro na Primera Iberdrola 2020-2021. Ese partido de estrea para as branquiazuis terá lugar en Lezama diante dun oso, o Athletic Club. Será o sábado 3 de outubro ás 16:00 horas.
O técnico das coruñesas, Manu Sánchez dispuxo, de cara a esta primera cita oficial ligueira, cinco sesiones de traballo, todas elas na Cidade de Deportiva de Abegondo, segundo informa o club deportivista.
Aínda que pode ter modificacións, a planificación semanal deseñada polo corpo técnico é a seguinte:
- Luns 28 de setembro 17:00 h.
- Martes 29 de setembro 17:00 h.
- Mércoles 30 de setembro 17:00 h.
- Xoves 1 de outubro 17:00 h.
- Vernes 2 de outubro 10:00 h.
- Sábado 3 de outubro 16:00 h – Partido co Athletic Club – Deportivo ABANCA, en Lezama