A Final Four da Primeira Autonómica galega de balonmán foi unha gran festa para esta disciplina en Galicia. Magope Seis do Nadal (masculino) e Reconquista de Vigo (feminino) proclamáronse no Grove gañadores da Final Four de Primeira Autonómica, e lograron así a clasificación para os sectores nacionais. Viviuse no Grove nun ambiente excepcional coa bancada chea de cores dos catro equipos.
Houbo sorpresa na categoría feminina, ao lograr a clasificación para a final os dous equipos vigueses, Reconquista e Lavadores B, que eran o cuarto e quinto clasificado na Liga regular, respectivamente.
Nas semifinais, o Lavadores B deu a sorpresa ao eliminar ao BM Cangas (24-26), segundo clasificado, aínda que acudiu á cita de O Grove coas importantes baixas de Laura Magdaleno e Laura Barros. E iso notouse e foi aproveitado polo xove equipo do Lavadores B.
Pola súa banda, o Reconquista superou ao Samertolameu nun partido que estivo igualado ata o minuto 20, pero a partir de aí, o conxunto vigués dirixido por Miguel Sánchez tomou o mando para acadar a vitoria (23-27).
A final entre os dous conxuntos vigueses estivo igualada e moi disputada ata os minutos finais (21-22, min. 53), pero no tramo final, o Reconquista xogou con máis cabeza e experiencia para lograr a vitoria e clasificarse así para o sector nacional.
O premio á MVP da Final Four foi para Antía Estévez do UB Lavadores B.
🏆 FINAL 4 PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMININA
Antía Estévez do @UB_Lavadores Vigo B, MVP da final.
Noraboa Antia!!! 🥳🥳 #ConSeloGalego🌟 pic.twitter.com/P38ZVzYkvr
— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) April 23, 2023
Seis do Nadal vence a Final Four na categoría masculina
Na categoría masculina houbo unha gran igualdade, e Indupor Porriño (campión galego), Culleredo e Seis do Nadal mantiveron unha fermosa loita ata a última xornada. A priori, Culleredo e Seis do Nadal (segundo e terceiro, respectivamente) partían como favoritos, pero nunha Final Four todo é posible. Pero esta vez cumpríronse os prognósticos e ambos conxuntos enfrontaronse na final.
🏆 FINAL 4 PRIMERA AUTONÓMICA MASCULINA
🔹Final
🕔 Descanso
🆚 @balonmanculleredo 21:25 @balonmanseisdonadalO Sedona faise co tan ansiado titulo da final 4 galega! Partidazo dos de Coia! Noraboa 🥳🥳#ConSeloGalego🌟 pic.twitter.com/URop7wdMyU
— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) April 23, 2023
Na semifinal, o Seis do Nadal viviu un final de partido moi intenso fronte ao Hospital Capilar Poio Artai, e logrou a clasificación pola mínima. E tampouco tivo unha semifinal sinxela o Culleredo, que se enfrontou ao conxunto local, o Calmear Rasoeiro, coa bancada repleta e envorcada. Ao final, 34-31 para o conxunto coruñés.
A final de hoxe foi moi axustada e loitada, cun Seis do Nadal cheo de garra e así, cando o Culleredo parecía romper o partido ao seu favor (17-13, min. 40), o Seis do Nadal reaccionou con corazón e orgullo para remontar e lograr a vitoria (21-25), o subcampeonato galego e a praza no sector nacional, onde buscarán o ascenso.
Jorge Gayo, xogador do Seis do Nadal, foi nomeado MVP da Final Four en categoría masculina.
🏆 FINAL 4 PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA
Jorge Gayo do Magope @SeisdoNadal MVP da final.
Noraboa Jorge!!! 🥳🥳 #ConSeloGalego🌟 pic.twitter.com/8rIvO6JkmV
— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) April 23, 2023