Esta fin de semana celebrouse un curso de formación e reciclaxe para o colectivo arbitral da natación artística segundo informa a Federación Galega de Natación.
A FEGAN sinala que nesta actividade formativa tomaron parte un total de 32 árbitros. Tamén se celebraron exames para árbitro local e territorial.
No ámbito da arbitraxe de natación artística, cabe significar a nova incorporación á categoría de árbitro nacional da xuíza Clara Aurora San Millán Miguélez. Con ela, xa son oito os árbitros nacionais que Galicia ten nesta modalidade deportiva.