O ENCE Marín Futsal anunciou que o técnico Raúl Jiménez, non seguirá adestrando ao primeiro equipo da entidade galega o vindeiro curso 2022-23.
Raúl Jiménez foi o adestrador que dirixiu ao club neste ano no que o ENCE Marín Futsal chegaba á elite do fútbol sala feminino estatal. Logo dun gran arranque, o equipo viviu unha etapa competitiva con menos sorte no seu debut na Primeira División da RFEF. Pero finalmente acadou a permanencia xornadas antes do final da competición recuperando frescura no xogo e retomando a senda dos triunfos.
O nome de Raúl Jiménez xa está ligado á historia do club
Son case dúas as tempadas que Raúl Jiménez estivo á fronte do banco do ENCE Marín Futsal. Foi baixo a súa batuta que o club galego acadou o ascenso á máxima categoría do futsalfem estatal, a permanencia e tamén a clasificación para a fase final da Copa da Raíña. Todos eles hitos na historia do club.
Nesta liga 2021-22 o equipo rematou o curso en oitaba posición. Con 42 puntos conseguidos en 30 partidos, 13 deles gañadados, 3 empatados e 14 perdidos, asinou 73 goles e recibiu 78.
Desde o ENCE Marín Futsal manifestan estar “agradecidos por todo o seu traballo e por todo o acadado co equipo. O seu nome queda ligado á historia do noso club”, din desde a entidade de galega sobre a achega do técnico Raúl Jiménez.
Ver esta publicación en Instagram
Pau García seguirá o vindeiro ano no ENCE Marín Futsal
Quen si seguirá no Ence Marín Futsal é a capitá do primeiro equipo, Pau García. A futbolista renova o seu compromiso con club por un ano máis, segundo informa a entidade pontevedresa que explica que se trata dunha “renovación importante para o club, que se asegura a continuidade dun dos alicerces do grupo”.
Ver esta publicación en Instagram