As xogadoras galegas María Araujo, do Spar City Lift Uni Girona, e Raquel Carrera, Valencia Basket Club, recibiron a chamada do seleccionador español de baloncesto, Lucas Modelo. Ambas as dúas deportistas xogan como pívot. Carrera únese así a Araujo na absoluta.
O adestrador ten elexido a 19 deportistas para preparar dúas citas importantes que o conxunto nacional terá o vindeiro verán. Trátase do EuroBasket e os Xogos Olímpicos de Tokio.
Segundo apuntan desde a Federación Española de Baloncesto (FEB) o grupo “conxuga veteranía e mocidade e conta con debutantes”.
A concentración para a que recibiron a chamada as dúas galegas terá lugar en Valencia do 9 ao 13 de novembro. España xogará un amistoso entre as deportistas convocadas o xoves 12 ás 20:20 horas que poderá seguirse por Teledeporte.
Así comunicaba Lucas Mondelo a lista de convocadas con España.
Lista das 19 xogadoras convocadas:
Silvia Domínguez | BASE | Perfumerías Avenida | 180 |
Laia Palau | BASE | Spar Girona | 298 |
Maite Cazorla | BASE | Perfumerías Avenida | 1 |
Cristina Ouviña | BASE | Valencia Basket | 81 |
Aina Ayuso | BASE | Casademont Zaragoza | 0 |
Anna Cruz | ESCOLTA | Kutxabank Araski | 158 |
Queralt Casas | ESCOLTA | Valencia Basket | 59 |
Leonor Rodríguez | ESCOLTA | Perfumerías Avenida | 78 |
Andrea Vilaró | ESCOLTA | Perfumerías Avenida | 14 |
Alba Torrens | ALERO | Ekaterimburgo | 170 |
Belén Arrojo | ALERO | Lointek Gernika | 20 |
Laura Quevedo | ALERO | Kutxabank Araski | 25 |
Laura Gil | ALA-PÍVOT | Valencia Basket | 118 |
Paula Ginzo | ALA-PÍVOT | Lointek Gernika | 4 |
Raquel Carrera | ALA-PÍVOT | Valencia Basket | 0 |
María Araujo | ALA-PÍPOT | Spar Girona | 9 |
Astou Ndour | PÍVOT | Hatay BB | 64 |
Laura Nicholls | PÍVOT | Casademont Zaragoza | 197 |
Nogaye Lo | PÍVOT | Lointek Gernika | 12 |
🚨 OFICIAL | Estas son las 1️⃣9️⃣ jugadoras de la #SelFEM 🇪🇸 CONVOCADAS para noviembre.
📝 MÁS INFO ⬇https://t.co/q7q2Z0NFTK
Presentado por @basketlover | #SomosEquipo pic.twitter.com/EETm4owV7P
— Baloncesto España (@BaloncestoESP) October 26, 2020