O Disney Channel Skate Tour trouxo ás aulas dos colexios coruñesas clases gratuitas de skate para a rapazada. Da man da axencia Sr Wilson e o Northside Skatepark Coruña as nenas e nenos da Coruña puideron aprendelo todo sobre este deporte.
A iniciativa, promovida por Disney Channel, busca dar a coñecer distintas modalidades deportivas entre as máis pequenas e formentar os hábitos de vida saudables.
O Northside Skatepark Coruña creou unha furgoneta con rampas portátiles con motivo desta iniciativa. Nela tamén colaborou a Federación Galega de Patinaxe, aportando o protocolo fisicovid para o seguro desenvolvemento da actividade, empregado noutras competicións galegas con éxito.
Por que este deporte?
Segundo apuntan desde a Federación Galega de Patinaxe, o skate é un deporte inclusivo, que promove valores de compañerismo, superación e igualdade. Así mesmo, permite facer amizades e mellorar a confianza nun mesmo e a autoestima.
Ademais, favorece o pensamento rápido e a flexibilidade, e é “un xerador de bo roio”. Como punto extra, sinalan que é un deporte segundo en tempos de pandemia, xa que ao practicarse ao aire libre permite manter as distancias de seguridade.
Deseña o teu propio skate!
Se che gusta o mundo do skate, tes entre 6 e 12 anos, e queres ter o teu propio personalizado só tes que entrar en disneychannelskate.es. Nesta web poderás descargar o plantel e enviar o teu deseño para o concurso de Disney.
A promoción, que deu comezo o 8 de maio, seguirá ata o 13 de xuño deste ano. A persoa gañadora terá un skate ou monopatín co seu deseño impreso incluíndo o logo de Disney Channel.