• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Máis Basket

Elena Ramil: “Non perdo nin un segundo a ilusión de volver a xogar a baloncesto”

A xogadora do Herrera y Cores Clínica Dental Culleredo acaba de ser intervida dunha lesión do menisco que a terá alonxada das pistas arredor de catro meses

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
19/02/2021
en Baloncesto, Máis Basket
Elena Ramil, logo de ser intervida da lesión de menisco.

Elena Ramil, logo de ser intervida da lesión de menisco.

426
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Elena Ramil, xogadora de baloncesto no Herrera y Cores Clínica Dental Culleredo, equipo da 1º División Autonómica Feminina, acaba de ser intervida do menisco, unha lesión que a terá alonxada das pistas arredor de catro meses.

O conxunto cullerdense, que lidera a clasificación do Grupo C e conta todos os seus encontros por vitorias, terá que continuar a súa andanza sin a nova xogadora, quen nos atendeu con total amabilidade tan só un día despois de abandoar a clínica onde foi intervida. En As Nosas falamos con ela, sobre a tempada tan difícil que estamos a vivir e tamén sobre o futuro.

As Nosas: En primeiro lugar, toca preguntar, que tal Elena? Que tal a operación?

Elena Ramil: A verdade é que todo saíu xenial, sin maior complicación. Presentaba unha rotura no menisco e durante a intervención os doutores atoparon algúns anacos de cartilaxe que tiveron que retirar. Pensan que a dor que sentía eran provocada, máis que polo menisco, por estes pedaciños de tecido elástico. Agora tan só penso na recuperación. Agardo acurtar os prazos ao máximo.

A.N.: Unha lesión de menisco son aproximadamente, tres ou catro meses, non?

Elena Ramil: Si, así é. Dinme que aproximadamente poderei andar sin problemas nun mes, pero para poder voltar á competición o prazo alóngase máis. De todos modos, este tempo tamén depende moito da rehabilitación e da persoa, polo que non podemos falar dun tempo exacto. Xa me tarda volver.

A.N.: Tiveras máis lesións no pasado?

Elena Ramil: Serias como esta, non. Hai uns anos pasara por varias escordaduras de nocello, cousa que é inevitable xogando a baloncesto, un deporte no que empregas moitísimo o xogo de pés. Pero nunha tempada tan particular, tocoume vivir a miña primeira lesión seria. Agora toca mirar cara adiante e pensar en recuperarse o mellor posible e volver aínda máis forte.

“Nunha tempada tan particular, tocoume vivir a miña primeira lesión seria. Agora toca mirar cara adiante e pensar en recuperarse o mellor posible e volver aínda máis forte.”

A.N.: Co avance da competición, que balance fas da mesma?

Elena Ramil: Deportivamente, as sensacións non podían ser mellores. Somos primeiras de grupo e contamos os nosos partidos por vitorias, pero ademais dos resultados, hai que quedarse co bo xogo de todo o equipo. Agora vén o mellor, xa que só levamos xogada a primeira fase e, desgraciadamente, tocarame vivila desde fóra.

A.N.: Entendo que o contexto sanitario complica moito as cousas.

Elena Ramil: Cambia todo moito, dependemos de moitas particularidades. Cada semana sae unha medida nova e o período de adaptación ten que ser inmediato, pero si queres competir, é o que hai. Fisicamente é máis complexo, porque ao final non consegues a regularidade idónea para competir nas mellores condicións, pero tamén entendo que todas partimos da mesma base. Son moitos cambios si o comparamos a unha tempada ‘normal’, pero hai que pensar sempre en positivo.

Ramil recibiu o apoio do resto da plantilla do CB Culleredo

As compañeiras de equipo de Elena Ramil enviaron o seu apoio á deportista lesionada a través das redes sociais do club. Posaron coa súa camiseta e trasladáronlle o seu desexo de vela “pronto na pista”.

Todo o noso apoio e cariño para a nosa xogadora senior @elenaramil que foi operada hoxe dunha lesión de xeonllo.

Esperamos verte pronto na pista.
Moito ánimo!

🏀💙😘 pic.twitter.com/60OxgPQSNd

— CB Culleredo (@CBCulleredoCom) February 18, 2021

A.N.: O xesto que tiveron as túas compañeiras di todo o que sodes como grupo, non?

Elena Ramil: Por suposto. Sorprendeume moito polo momento, pero non polo que entraña, xa que son todas unhas persoas excelentes. Somos todas moi amigas e, ao final, é iso co que te tes que quedar. Evidentemente, a conexión entre nós trasládase á pista, e esa complicidade que temos fóra axúdanos a contar, polo momento, os encontros por vitorias. A base de todo é apoiarse, e nese sentido eu síntome moi arroupada por todas elas.

“A conexión entre nós trasládase á pista, e esa complicidade que temos fóra axúdanos a contar, polo momento, os encontros por vitorias. A base de todo é apoiarse, e nese sentido eu síntome moi arroupada por todas elas.”

A.N.: Que mensaxe lle darías ás deportistas que están a pasar, como ti, por unha lesión?

Elena Ramil: Dada a miña experiencia, o que lles diría é que non perdan a ilusión, eu non o fago. Non perdo nin un segundo a ilusión de volver a tocar balón e adestrar coas miñas compañeiras. Que a xente non pense que todo remata aquí, non hai que deixarse influenciar polo negativo. Non hai que baixar os brazos baixo ningún concepto.

Etiquetas baloncestoCulleredoElena Ramillesiónmeniscooperación
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.