O Pescados Rubén Burela vén de facer pública a súa nova equipación dos equipos feminino e masculino. Sabes quen está detrás das costuras? O club da Mariña fai posible que lle poñamos cara a Antonio Ródenas, “unha lenda viva do club”, explican desde a entidade. Ródenas é quen dá forma ás novas equipacións do Pescados Rubén Burela FS de Joma para a tempada 2020/2021.
Deixámosvos con el ao mando da máquina de coser e coas e cos futbolistas do Burela FS.