A coruñesa Almudena Quereda está un paso máis preto de acudir ao Campionato de España de Natación Adaptada por autonomías. A nadadora do CN Liceo acadou unha marca de 36:91 na proba dos 50 libres disputada na terceira xornada da Liga Máster celebrada en Ferrol.
Con este tempo, por debaixo da marca establecida de 38:00 e mellor que a súa última, establecida nos 39:56, a galega podería acudir ao Complexo Deportivo Ciudad de Cádiz, onde o vindeiro 19 e 20 de marzo celebrarase a competición estatal.
Almudena Quereda: “Fun ao Campionato Galego e gañei a xente sen discapacidade nas mesmas probas”
Polo de agora, a nadadora do Liceo aínda está pendente de coñecer a súa clasificación médico-funcional, que establece en que categoría competirá. Esta proba realizarase o 18 de marzo, xa en Cádiz e antes da celebración do torneo.