• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Almudena Quereda: “Fun ao Campionato Galego e gañei a xente sen discapacidade nas mesmas probas”

A nadadora detrás de A de Atenea ten como adestrador a Jesús de la Fuente, quen tamén prepara a María de Valdés e a Jacobo Garrido

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
03/02/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Almudena Quereda / ALBA DEIBE

Almudena Quereda / ALBA DEIBE

1.1k
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Os vindeiros Xogos Paralímpicos poderían ter a unha nadadora coruñesa na competición. Almudena Quereda, a deportista detrás de A de Atenea, comezou hai pouco tempo na natación adaptada, pero ten por diante un futuro prometedor.

A deportista, agora no CN Liceo, acudiu á piscina como parte da súa rehabilitación tras ter sufrido un accidente que lle deixaría sen a metade da perna dereita. Nunha das súas sesións de autoadestramento, o recoñecido preparador Jesús de la Fuente viuna na auga e ofreceulle ser o seu adestrador.

Almudena Quereda / ALBA DEIBE
Almudena Quereda / ALBA DEIBE

Da rehabilitación á competición

Antes de ter que recurrir á piscina durante a rehabilitación, Almudena Quereda só nadaba de maneira ociosa. Porén, todo cambiou cando viu que dentro da auga non tiña as limitacións que vivía fóra dela como persoa discapacitada.

“Decátome de que nadando, pois non o fago tan mal e vou á piscina da Solana e vexo que outras persoas sen discapacidade nadaban peor ca min”, recorda. Despois de varias semanas nadando habitualmente, á deportista entráronlle as ganas de meterse no mundo competitivo.

Almudena Quereda / ALBA DEIBE
Almudena Quereda / ALBA DEIBE

Con todo, isto foi en plena preparación para Toquio 2020, polo que “todas as probas foron burbulla e resultoume imposible inscribirme a algunha para ver onde estaba o meu nivel e a clasificación que teño”. Dentro do deporte discapacitado existen distintas “discapacidades médicas funcionais para poder competir en igualdade de condicións”, explica.

Jesús de la Fuente

Non sería ata abril do 2021 cando Jesús de la Fuente chamaría ás súas portas. “El estaba preparando a unha moza para o Preolímpico de Toquio”, recorda Quereda. Esa moza era María de Valdés, quen estivo moi preto de participar nos Xogos Olímpicos. Pero de Valdés non é a única pupila de de la Fuente. O paralímpico Jacobo Garrido tamén preparou os Xogos con el.

María de Valdés quédase ás portas dos Xogos Olímpicos

“Segundo o vin súper sarxento e disciplinado, eu dixen vale, esta é a persoa que quero que me adestre. Ademais logo entereime de que ten un palmarés incríble e que ten un deportista, Jacobo Garrido, que ten o récord do mundo de 1500 e 800 libre. El ten un fémur acortado, polo que ten unha limitación parecida á miña, aínda que eu teño máis”, apunta Almudena Quereda, quen non dubidou en poñerse ás ordes de Jesús de la Fuente.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Jesus De La Fuente (@jesus.de.la.fuente)

Adestrando xa co preparador, Almudena Quereda experimentou unha rápida melloría na súa natación: “A mellora foi brutal. Fun ao Campionato Galego e gañei a xente sen discapacidade nas mesmas probas. Logo en xullo nadei a travesía de 4km de Santa Cruz a Oleiros, sendo eu a única discapacitada, e quedei gañadora feminina. A miña vida deu un xiro radical”, comenta recordando os seus éxitos.

Cos resultados acompañando, Quereda preguntouse: “por que non vou intentar chegar a París?“.

Almudena Quereda / ALBA DEIBE
Almudena Quereda / ALBA DEIBE

Da inspiración olímpica ao obxectivo paralímpico

O mesmo nome do seu proxecto, @a_de_atenea, tivo inspiración olímpica. “Cando entrei na operación, non sabía se ía sair con xeonllo ou sen el e cando espertei na sala de rehabilitación, que é completamente branca, víñome á mente o Olimpo dos deuses e acordeime de Atenea, que é a deusa da sabiduría e a estratexia en combate”, recorda a nadadora.

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

Meses despois de iniciar esta nova vida, Quereda adestra co obxectivo de chegar aos Xogos Paralímpicos, aínda que recoñece que é “un proxecto moi ambicioso, pero o meu adestrador cre que podemos chegar. El é o que controla e eu vou detrás facendo o que el me di e dándoo todo”.

Outra dificultade para a deportista do CN Liceo está na reducción do presente curso paralímpico, xa que ao ter que retrasar Toquio 2020, o ciclo de París 2024 é de tres anos en lugar de catro.

Referentes de alto nivel

E precisamente na cidade nipona estiveron competindo o pasado verán algunhas das referentes de Quereda. Un dos nomes que máis destaca é o de Teresa Perales, “a nadadora por excelencia nos Xogos Paralímpicos“, así como Mireia Belmonte. Fóra do ámbito español, a coruñesa tamén pon a mirada na norteamericana Jessica Tatiana Long.

Dentro de Galicia, a deportista menciona a Desi Vila, tamén moi activa nas redes sociais, e a Susana Rodríguez Gacio, “á que coñecín na World Series na Coruña en verán. Conectamos xenial, comezamos a falar por Instagram e paréceme unha persoa incríble a nivel de superación, todo o que conseguiu a nivel deportivo e no ámbito persoal e profesional. No mundo do deporte para discapacitados hai historias de superación brutais e iso motiva moito“.

Almudena Quereda / ALBA DEIBE
Almudena Quereda / ALBA DEIBE

“A actitude é o único que non nos poden arrebatar”

No seu perfil de Instagram, Almudena Quereda comparte a súa paixón polo ioga e a natación xunto a varias reflexións. Se só tivera que quedar cunha, a nadadora escollería a segunda que publicou: “A actitude é o único que non nos poden arrebatar”.

“Cando chegan os momentos difíciles é complicado pero é o que procuro repetirme. Un mal momento non implica un mal día. Tamén me permito ter momentos malos, porque é humano”, engade a coruñesa, que baixo unha mesma letra une o seu nome, Almudena, o seu proxecto, Atenea, e o seu mantra, Actitude.

Etiquetas A CoruñaA de AteneaAlmudena QueredaCN Liceodeporte adaptadoNATACIÓN
Comparte4Chía3
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Almudena Quereda, prata nos 3.000m na Copa do Mundo de natación adaptada en augas abertas / CONCELLO DA CORUÑA

Almudena Quereda, prata nos 3.000 metros na Copa do Mundo de natación adaptada en augas abertas

por Redacción As Nosas
22/06/2025
0

  A nadadora coruñesa Almudena Quereda conseguía ser subcampioa na Copa do Mundo de natación adaptada en augas abertas. A...

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

Máis de 2.000 persoas participan no Día da Bicicleta da Coruña organizado por Agaxorde

por Redacción As Nosas
22/06/2025
0

  Más de dúas mil persoas chegadas desde diferentes puntos de Galicia, España e ata de dez países, participaron este...

Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

por Redacción As Nosas
15/06/2025
0

  A contorna da cidade deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán acolleron este domingo a edición...

Andaina XII A Coruña Marcha contra o Cancro / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña mobilizouse contra o cancro cunha andaina cidadá solidaria na que participaron máis de 3.300 persoas

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  A Coruña acolleu hoxe a andaina solidaria 'A Coruña en Marcha contra o Cancro', unha iniciativa da Asociación Española...

HC Coruña Feminino vs CH Mataró / MANU BOUTUREIRA

Un empate entre HC Coruña Feminino e CH Mataró (2-2) sentenza ás catalás ao descenso

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  O  HC Coruña Feminino e o  CH Mataró asinaron un empate vibrante (2-2) nun duelo cargado de emoción, presión...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

13/07/2025
Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

12/07/2025
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.