Quen somos As Nosas

As Nosas son, todas as mulleres que protagonizan as informacións que neste espazo dixital se recollen. Pero se o que vos preguntades é quen elaboramos as novas, reportaxes, entrevistas e crónicas que podedes atopar neste site chamado www.asnosas.gal, velaí as persoas que compoñen o noso equipo de redacción.

Directora

Silvia Carregal (A Coruña, 1973)

Silvia Carregal

Licenciada en Xornalismo e máster en xornalismo dixital.

En 1994 iniciu súa andaina como xornalista deportiva. Ten traballado en televisión, prensa, radio, medios dixitais e axencias, asumindo diferentes responsabilidades entre das que estivo a de xefa de deportes.

Nos anos oitenta participa, como xogadora, na fundación do Sal-Lence Fútbol Sala.

Como xornalista puxo en marcha o espazo Ellas También Juegan adicado á visibilización do papel da muller no deporte en Galicia.

En 2013 o colectivo MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas) premia a súa traxectoria xornalística pola achega á hora de visibilizar o deporte feminino galego. Por iso dirixir As Nosas supón un reto para o que levaba tempo traballando.

Na súa formación multidisciplinar figuran tamén outras titulacións como Graduado Social (USC), Técnico Superior en Producción de Audiovisuais, espectáculos e radio (EIS A Coruña) ou Técnico Especialista en Informática de Xestión, así como diferentes cursos ligados ao márketing dixital e os medios sociais, entre doutras formacións.

Equipo de redacción

Carmen Gómez (A Coruña, 1998)

Graduada en Xornalismo pola USC, cun TFG inspirado no colectivo As Xornalistas Galegas.

Socia do Dépor desde 2011, comezou no 2016 no ámbito da comunicación deportiva colaborando con Somosdepor. Máis adiante estivo durante o verán do 2019 e o de 2020 en La Voz de Galicia.

Agora, en As Nosas, un proxecto que xunta a súa afección polo deporte e pola visibilización da muller en todos os ámbitos.

 

 

 

Colaboradores habituais

Iago Cerezuela (A Coruña, 1991)

Iago Cerezuela

Licenciado en Comunicación Audiovisual e máster en xornalismo deportivo. Nivel 2 de adestrador de fútbol.

En 2010 deu os seus primeros pasos no xornalismo deportivo cun programa de radio e un blog adicado ao fútbol. Catro anos máis tarde, colabora en Marca como redactor, na sección do Real Madrid.

Na tempada 2017-18 adestra ao equipo infantil B do Trival Valderas de Alcorcón. Xogador dos modestos do CD Calasanz e da Agaela FS da liga local de fútbol sala da Coruña.

 

 

 

Natalia Pablo (Carral, 1992)

Natalia Pablo, xornalista / AS NOSAS

Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce desde hai media década a profesión. Primeiro en medios como Televisión de Galicia e La Voz de Galicia, e, agora, como responsable de prensa de diferentes institucións en Ártabra Comunicación.

Nadadora e mergulladora nos seus tempos mozos. Especialización en comunicación con enfoque social para que, algún día, alcancemos unha igualdade real.

 

 

 

Diego Andrade (Melide, 1997)

Diego Andrade

Graduado en Comunicación Audiovisual pola USC. Máster en Comunicación e Xornalismo Multimedia.

Antes en La Voz de Galicia. Seguidor de toda disciplina que implique correr atrás dun balón.