• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Que pasa coas licenzas do fútbol e o fútbol sala galego?

Poderán cancelarse diante da nova realidade competitiva? Poden as xogadoras fichar por outro club se o seu non compite?

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
21/02/2021
en Máis fútbol, Fútbol, Fútbol Sala, Máis FutSal
Bandeira de córner nun partido de fútbol / SABELA MOSCOSO

Bandeira de córner nun partido de fútbol / SABELA MOSCOSO

214
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Federación Galega de Fútbol facía pública a súa proposta para iniciar ou retomar as competicións de fútbol e fútbol sala en Galicia ao amparo do levantamento de restricións que concedeu a Xunta de Galicia para o deporte federado de ámbito autonómico.

Desa reactivación do fútbol e o futsal galego xa informamos hai uns días, pero lembremos que se aprobaba un formato exprés con ascensos, pero sen descensos, e se advertía que a competición podería durar máis aló do 30 de xuño de xeito excepcional. No que atinxe ao deporte feminino se activaban as categorías: 1ª División Feminina e Liga Galega Infantil Feminina, no caso do fútbol, e no futsal a Preferente feminina, Liga Galega Xuvenil feminina, Liga Galega Cadete feminina, Liga Galega Infantil feminina e Liga Galega Alevín feminina.

Pero esa reactivación das disciplinas do fútbol e do fútbol sala federado requerían, segundo indicaba a Real Federación Galega de Fútbol, dunha inscrición voluntaria para a que se abrirá un novo prazo e aí entran en xogo as licenzas federativas tanto no fútbol como no fútbol sala.

Neste novo escenario futbolístico hai varias preguntas que se plantexan:

  • Que pasa coas licenzas?
  • E se unha xogadora quere xogar pero o seu equipo non compite?

Ao respecto da primeira desas preguntas que lanzamos ao aire, (que pasa coas licenzas?) na normativa relativa ás licenzas federativas, o artigo 119 do Regulamento Xeral é o que regula a cancelación de licenzas. O punto 1.c) da devandita norma, dispón como unha causa de cancelación a “non participación do club en competición oficial ou a retirada daquela na que participa”.

Neste contexto novo, a propia RFGF plantexa varias situacións posibles que habería que prever. Son estas:

  1. Un club que, aberto e finalizado o prazo de inscrición da competición, non inscribiu equipo na mesma e a competición iníciase
  2. Un club que, aberto e finalizado o prazo de inscrición da competición, non se inscribiu na mesma e a competición non se inicia.
  3. Un club que inscribiu un equipo na competición, pero esta non se inicia pola baixa inscrición de equipos con dereito de participación.
  4. Un club ao cal lle é suspendida de maneira definitiva a competición antes da apertura do prazo de inscrición.

Así a RFGF apunta que en principio e con carácter xeral, “a norma federativa establece a cancelación das licenzas federativas dos equipos que non participan en competición oficial. Pero en relación ás diferentes situacións arriba expostas, algunhas das cales se producen mesmo por razóns alleas ao club, obsérvase obrigada a adaptación do vínculo da licenza federativa entre o/a futbolista e o club”.

Segundo expón a Federación Galega de Fútbol en relación a esta cuestión en reunión da Comisión Delegada de data 19 de xaneiro de 2021, aprobouse a modificación excepcional e limitada ás situacións da tempada 2020/2021 e a súa influencia sobre a tempada 2021/2022 da normativa de licenzas federativas, do xeito que pasamos a relatar e no que xa se explica que acontece tamén coas xogadoras que ante posibles cambios de club.

Fútbol Sala / SABELA MOSCOSO
Fútbol Sala / SABELA MOSCOSO

En relación co vínculo do xogador/a con o club atenderase á seguinte normativa:

  • Se o club non se inscribiu na competición producirase de forma inmediata a cancelación de todas as licenzas federativas vinculadas ao equipo non inscrito.
  • Un club que inscribiu un equipo na competición, pero esta non se inicia pola baixa inscrición de equipos con dereito de participación, ou o club ao cal lle é suspendida de maneira definitiva a competición antes da apertura do prazo de inscrición poderá producirse un cambio club – xogador para a tempada 2020/2021 baixo as seguintes condicións:
    • Que o xogador/a obteña a baixa mediante unha declaración unilateral pola súa banda baseada na falta de participación en competición oficial e dirixida ao correo electrónico licencias@futgal.es, a condición de que despache licenza con outro equipo que estea en competición. O club de destino debe abonar o custo da mutualidad ao club de orixe.
    • Non se aplicará ao devandito/a xogador/a a prohibición de regreso ao equipo de orixe antes do prazo regulamentario (mesmo dentro da mesma tempada) por tanto, non operarán as limitacións sinaladas nos artigos 116.3 e 224.2 do Regulamento Xeral da RFGF.
    • A duración da licenza no novo equipo onde fiche o xogador/a estará limitada a esta tempada 2020/2021.
    • Se a/o xogador/a tiña asinada licenza co club de orixe por máis dunha tempada, estará obrigado a regresar ao equipo de orixe para cumprir o que restase de compromiso a partir da tempada 2021/2022, esta incluída.
    • Non perderán os dereitos recoñecidos nos artigos 134, 135 e 136 en canto ao exercicio do “procede de” aqueles clubs con equipos de base (xuvenís e inferiores) que concedesen a baixa ao xogador/a de acordo cos puntos anteriores por motivo de non iniciarse a competición na que se inscribiu ou cuxa competición non se iniciase sen apertura sequera de prazo de inscrición na mesma.
Federación Galega de Fútbol / RFGF
Federación Galega de Fútbol / RFGF

O incumprimento destas previsións poderá ser obxecto de reclamación ante o Comité Xurisdiccional.

  •  Os clubs con equipos inscritos en competicións que non se iniciasen ou con licenzas de alta nun equipo que sen abrirse prazo de inscrición suspendeuse definitivamente a competición, poderán manter as súas licenzas federativas e mesmo dar de alta novas incorporacións para a realización de actividade deportiva federada de adestramentos ou de partidos ou torneos de carácter non oficial autorizados pola RFGF, a condición de que a normativa autonómica permítao.

Os equipos non participantes en competicións coa condición de dependente ou filial co seu equipo principal ou patrocinador en competición non estarán facultados para diligenciar novas incorporacións, aínda que si poderán manter as licenzas federativas que tivesen de alta até o momento de publicación destas normas.

Reactívase o fútbol e futsal galegos en formato exprés, sen descensos e con inscrición voluntaria

Etiquetas fútbolfutsallicenciasRFGF
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.