• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Como se explica a orixe das lesións nunha tempada marcada pola pandemia?

Malia as diferenzas entre disciplinas deportivas, algunhas dolencias son comúns e máis frecuentes cando a competición vése interrompida

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
18/03/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
David Mariño, fisio do Burela atende lesións / BURELA FS

David Mariño, fisio do Burela / BURELA FS

383
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Todos os aspectos da nosa vida levan desde hai un ano marcados pola pandemia de COVID-19. As competicións deportivas non ían ser menos, e máis aló das complicacións nos calendarios, as lesións foron outra problemática á que tiveron que facer fronte as nosas deportistas.

Sobrecargas, mancaduras no tendón de Aquiles e mancadelas en nocellos e xeonllos son algunhas das molestias máis repetidas. A estas, súmase este ano a presencia da COVID-19, que tamén afectou a algunhas das deportistas que compiten en Galicia.

Foi o caso do Envialia, no que sufriron 22 lesións esta tempada, sendo catro delas de gravidade ou longa duración, ás que hai que engadir un caso de COVID, que precisou un tempo extra de readaptación.

Outro exemplo está no Ensino, co contaxio de Natalie Van den Adel, o que retrasou a súa reincorporación aos adestramentos despois dunha convocatoria internacional.

Con todo, máis aló dos síntomas e consecuencias da enfermidade, a inestabilidade das competicións tamén están a pasarlle factura ás deportistas.

Cales son as lesións máis comúns?

Aínda que dependen en gran medida da parte do corpo que máis se desgaste segundo a práctica deportiva, hai un factor común a moitas delas: sobrecargas musculares.

Pepo Garrido, do Arenal Emevé, apunta que en voleibol, debido a non poder recuperar ben entre encontros, as sobrecargas foron tamén unha doencia repetida esta tempada.

María José Garrido, 'Pepo', traballando coa xogadora de volei Nuria Bouza / MARIA JOSÉ GARRIDO IG
María José Garrido, ‘Pepo’, traballando coa xogadora de volei Nuria Bouza / MARIA JOSÉ GARRIDO IG

No baloncesto, pola súa natureza de deporte de contacto, a parte do corpo que máis sufre son as extremidades inferiores en forma de escordaduras de nocello, lesións musculares e tendinopatias.

Segundo explica Eric Romero, fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino, hai dous motivos que explican a orixe destas lesións: a fatiga física e a mental. “Un calendario demasiado saturado ou unha mala xestión das cargas de traballo no día a día” influén no estado físico das xogadoras, explica. Por iso, o traballo preventivo é fundamental.

Neste sentido ten tamén moita incidencia a pandemia. “As xogadoras non están acostumadas a un periodo de inactividade e falta de competición durante tantos meses”, recalca Romero. A isto engade que a competición é máis esixente en canto a proporción de partidos/semanas debido ao aumento de equipos. “Ao final o corpo nótao e maniféstao en máis lesións e molestias físicas”, explica.

A xogadora do BAXI Ferrol, Jenna Allen, lesionouse na xornada 13 e recibiu o apoio de todo o seu equipo / BAXI FERROL
A xogadora do BAXI Ferrol, Jenna Allen, lesionouse na xornada 13 e recibiu o apoio de todo o seu equipo / BAXI FERROL

Carlota Brage, fisio do BAXI Ferrol, apunta que no baloncesto é común as lesións que afectan ao nocello e o pé e aos xeonllos, que tamén “se ven afectados polo impacto, presentando tendinitis rotulanias”.

Esta última, coñecida coloquialmente como “xeonllo de saltador”, ten a súa orixe nas forzas de tracción-contracción do tendón no salto vertical repetido, característico deste deporte. E precisamente do tendón de Aquiles foi a lesión de Jenna Allen, no pasado mes de decembro.

Jenna Allen supera con éxito unha operación no tendón de Aquiles

Porén, outras causas poden estar na intensidade dos adestramentos e partidos e nos factores intrínsecos de cada xogadora.

Neste sentido coincide Xurxo Fajar, pero aplicado a outro deporte, o balonmán. Neste caso as mancaduras máis repetidas son a nivel muscular, “sobre todo a principio de tempada porque a carga de traballo é moito maior”, explica o fisio do Guardés. Tamén son frecuentes aquelas escordaduras que afectan a dedos, pulso e nocellos, “que adoitan recuperarse con regularidade”.

Xurxo Fajar (Atlético Guardés): “(As mancaduras musculares son máis comúns) a principio de tempada porque a carga de traballo é moito maior”

No caso do PM Friol, Covi Regueiro, membro do club, apunta que o máis común é que as futbolistas sufran lesións musculares e pequenos golpes por impactos. Ademais, esta tempada teñen un número similar de lesionadas respecto a outros cursos, sendo os excesos de cargas os principais motivos detrás das molestias.

Regueiro engade dúas explicacións máis: a climatoloxía e a menstruación. Segundo explica sobre a primeira delas, “é sencillo que os músculos enfríen rápido e ao volver facer un esforzo se producen as lesión”. No segundo caso, “a xogadora está baixa de defensas e é máis débil muscularmente”.

Múltiples causas tras as lesións, tamén hormonais

No Burela coinciden nesta última análise. David Mariña, fisioterapeuta do club laranxa e especialista en psiconeuroinmunoloxía clínica o explica: No deporte feminino, estase a ter máis en conta a incidencia dos niveis hormonais. “Cada vez toma maior presenxa nas diferentes disciplinas (baloncesto, fútbol, fútbol sala…). Estase adoptando o interese de como o ciclo menstrual afecta no favorecemento de lesións, xa que os estróxenos favorecen a laxitude ligamentaria”, expón.

David Mariña (Burela): “Estase adoptando o interese de como o ciclo menstrual afecta no favorecemento de lesións”

Porén, recorda que sempre hai que ter en conta moitos factores para explicar unha lesión: a carga de adestramento, tipo de adestramento, o descanso, a parte menstrual, os hábitos de nutrición, etc. “Hai que ter todas esa información para tratar de minimizar os factores de risco, pero a práctica deportiva exponse en si mesma á existencia de lesións”, engade.

A solución pasa por ser flexibles e adaptarse ás novas esixencias. “Non se pode planificar nin a medio prazo. Hai que vivir ao dái e dispoñer da máxima información para adpatarse a cada momento. O máis importante é ter a información e saber procesala para que o labor preventivo sexa máis efectivo”, explica Mariña.

Isidro Grela e Roberto Martínez, do corpo médico do Ourense Envialia / OURENSE ENVIALIA
Isidro Grela e Roberto Martínez, do corpo médico do Ourense Envialia / OURENSE ENVIALIA

Desde o Envialia, Isidro Grela e Roberto Martínez explican que as lesións teñen unha orixe multifactorial, polo que habería que analizar cada caso por separado para entender por que se producen.

A isto apuntan que sempre se poden minimizar cun bo traballo preventivo, pero isto segue a ser “unha tarefa complicada”, precismente pola falta dunha causa universal.

A tempada sen previa

Este traballo preventivo adoita a facerse sobre todo nas previas, pero nun ano marcado pola pandemia, os protocolos COVID-19 e a inestabilidade das competicións e incluso dos partidos amigables, moitos equipos non puideron realizar unha pretempada en condicións.

Foi o caso do Cidade de As Burgas. Sonia Pacios considera que a falta dunha pretempada “en condicións”, provoca que se vaian arrastrando as cargas musculares, “que ao final rematan en contracturas, que finalmente se converten en roturas de fibras”.

Tampouco tivo oportunidade de preparar o presente curso o Arenal Emevé. A súa fisio, Pepo Garrido, recorda que a preparación foi moi curta e sinala como os cambios de horarios no caso das xogadoras que combinan adestramentos con estudos tamén están a pasarlles factura.

No caso do rugby galego, as compoñentes do CRAT Residencia Rialta tiveron que preparar esta tempada pola súa contra. O médico Antonio Lissarrague recorda que isto é algo habitual no deporte oval, pero que este ano se engadiu o retraso do inicio da competición e dos adestramentos.

Traballos de prevención

No relativo ao labora de prevención, no club de rugby coruñés seguen desde o 2018 un plan implementado polo Instituto Arriaza, segundo explica Antonio Lissarrague.

Antonio Lisarrague, médico do CRAT / CEDIDA
Antonio Lissarrague, médico do CRAT / CEDIDA

Este plan de traballo establece unha serie de exercicios a facer diariamente, durante non máis de 15 minutos, como parte do quencemento. Desta forma, “conseguiuse previr as lesións case nun 80%”, indica o médico.

Antonio Lissarrague (CRAT): “O reglamento é moi estrito, precisamente para evitar as lesións”

Pero no caso do rugby, tamén influíu unha modificación nas regras de xogo. “O reglamento é moi estrito, e é precisamente para evitar as lesións. As fases de contacto teñen un reglamento moi estrito para evitalas. E a maiores, os equipos seguimos este plan”, expón.

Así logrouse que, sendo o rugby un deporte de contacto e cunha alta incidencia de lesións, estas doenzas de caeran drasticamente.

 

É a irregularidade competitiva un factor de risco nas lesións?

Etiquetas Atlético GuardésBaxi Ferrolcidade de As BurgasCOVID-19CRAT Residencia RialtaCV Arenal EmevéDurán Maquinaria EnsinoLesiónsourense envialiaPescados Rubén BurelaPM Friol
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

O Uni Girona foi o rival do Ensino esta xornada na LF Endesa / FEB

Dobre golpe para os cadros galegos na LF Endesa: derrotas de Baxi e Ensino

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  Foi unha xornada amarga para os dous equipos galegos presentes na máxima categoría do baloncesto estatal. a LF Endesa....

O CV Arenal Emevé de Lugo milita na Liga Iberdrola / CV EMEVE IG

Triunfo do CV Arenal Emevé 3-2 ante o CV Sayre

por Redacción As Nosas
26/11/2025
0

Na Liga Iberdrola, o CV Arenal Emevé conseguiu unha xustada vitoria por 3-2 ante o CV Sayre Centro C. La...

Imaxe da transmisión do partido da Eurocup Women entre o BAXI Ferrol e o Benfica na Malata / FIBA BASKETBALL YOUTUBE

O BAXI Ferrol asina o seu pase á seguinte fase da Eurocup Women cun triunfo rotundo (109-58) diante do Benfica

por Redacción As Nosas
29/10/2025
0

  O BAXI Ferrol imponse contundentemente ao Benfica na Eurocup Women. As galegas case dobran no marcador ás lusas superando...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.