• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

PuntoGal renova por sétimo ano consecutivo o seu compromiso co fútbol gaélico

Arredor de 3.000 nenas e nenos participarán este ano nas actividades das Gaélico Escolas Puntogal

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/03/2025
en Máis fútbol
O director xeral do dominio PuntoGal, Darío Janeiro, e o presidente da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, Ángel Negrete / AGFG

O director xeral do dominio PuntoGal, Darío Janeiro, e o presidente da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, Ángel Negrete / AGFG

90
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • O domino seguirá patrocinando as seleccións galegas dun deporte que conta con medio millar de persoas federadas

PuntoGal renovou esta semana, por sétimo ano consecutivo, o seu compromiso co fútbol gaélico coa sinatura do convenio de colaboración coa Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) que tivo lugar na sede da Federación Galega de Fútbol en Santiago, no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro. Na sinatura do acordo para este ano 2025 participaron o director xeral do dominio,   e o presidente do fútbol gaélico, Ángel Negrete, e ambos puxeron de manifesto a aposta continuada de ambas entidades por impulsar este deporte, aumentar o número de persoas federadas, consolidar o traballo das Gaélico Escolas PuntoGal e reforzar o papel das seleccións galegas.

Para a Asociación Galega de Fútbol Gaélico, explicou Negrete, o apoio de PuntoGal é “clave” para manter o seu financiamento e así manter actividades durante todo o ano, entre as que destacou a participación a través das Seleccions, a masculina e feminina, nos torneos internacionais.

Selección Galega feminina de Fútbol Gaélico que acudirá ao Mundial de Derry 2023 / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO
Selección Galega feminina de Fútbol Gaélico que acudiu ao Mundial de Derry 2023 / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

Actualmente hai preto de 500 persoas federadas en Galicia e 15 equipos, 6 deles femininos. Ademais, durante 2024 case 2.000 nenos e nenas participaron nas Gaélico Escolas Puntogal, que buscan difundir este deporte en centros educativos con demostracións, obradoiros e torneos, como o Torneo de Nadal PuntoGal. “Cada vez soa máis o nome de fútbol gaélico e, despois das nosas accións, en moitos sitios os nenos e nenas anímanse a empezar a xogar regularmente”, engadiu o presidente da asociación, que avanzou que este ano chegarán a 3.000 cativos e cativas a través dos colexios e máis dun milleiro participarán nos torneos que convocan.

Pola súa parte, o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, sinalou no acto que “PuntoGal é unha entidade cun obxectivo social e de vinculación do país que mantén un programa corporativo de colaboración con entidades que desenvolven actividades vencelladas á cultura, á lingua, á tecnoloxía ou ao deporte galegos. O fútbol gaélico e a asociación que o xestiona representan perfectamente ese espírito de traballo base co que nos sentimos moi orgullosos e agradecidos de colaborar”.

“O traballo que desenvolve a asociación que xestiona este deporte é admirable. A súa capacidade de manter un calendario inzado de actividades durante todo o ano, dedicándolle unha atención especial ás escolas, só pode contar co noso recoñecemento. Os fundamentos deste deporte, ademais, encaixan á perfección co espírito de PuntoGal, de aí a nosa colaboración ininterrompida durante todos estes anos”, concluíu.

Selección de Galicia feminina fútbol gaélico, no Torneo Internacional da Haia 2024 / AGFG
Selección Galega feminina fútbol gaélico, no Torneo Internacional da Haia 2024 / AGFG

O convenio asinado en Santiago inclúe o apoio a actividades como o recente torneo internacional da Haia, a Celtic Cup, a Copa Galega ou os torneos de Nadal, por citar algunhas delas. Igualmente, PuntoGal fornece o soporte técnico e de mantemento da web das Gaélico Escolas PuntoGal, que se pode consultar en www.gaelicoescolas.gal.

Sobre PuntoGal 

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.300 dominios .gal rexistrados.

Sobre a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG)

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal lles garante o carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA). A entidade encárgase de organizar as competicións galegas de fútbol gaélico (Liga, Copa, All-Galicia, etc.), da xestión da Selección Galega de Fútbol Gaélico e da organización de eventos deportivos asociados ao fútbol gaélico.
Etiquetas AGFGFútbol GaélicoGaélico EscolasPuntoGal
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Seleccións Galegas de fútbol gaélico nos World Games 2026 desfile / AGFG

Galicia regresa dos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con tres trofeos

por Redacción As Nosas
17/07/2026
0

Tres dos catro equipos que presentaba Galicia aos World Games 2026 de fútbol gaélico conseguiron cadansúa final. Pablo da Silva,...

Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

por Redacción As Nosas
11/07/2026
0

Galicia participará con dúas seleccións masculinas e outras tantas femininas en Waterford (Irlanda) na competición internacional máis importante do calendario...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Foto de arquivo da copa galega 2026 feminina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

O municipio de Xove acolle á I Celtic Cup U17 de Fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
03/07/2026
0

Trátase da primeira competición desta categoría de base do fútbol gaélico en territorio galego. Unha alerta vermella por altas temperaturas...

Lugh e Estrela Supernova, campións do torneo Feile 2026 de fútbol gaélico- AGFG

Lugh e Estrela Supernova, campións de Europa de fútbol gaélico en categoría cadete

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

  O conxunto masculino do Lugh GAA e o feminino da Estrela Supernova acadaron a vitoria no torneo de base...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.