• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga F

Punto de ouro para o Dépor ABANCA ante o Atlético de Madrid (1-1)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/10/2025
en Liga F, Fútbol
Dépor ABANCA vs Atlético de Madrid / RCD

Dépor ABANCA vs Atlético de Madrid / RCD

43
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Hai empates que saben a vitoria. O desta fin de semana do Dépor ABANCA é un deses. Conseguían rañar un empate as nosas deportivistas ente o Atlético de Madrid, un dos equipos fortes da Liga F. E fixéronno necesitadas de boas novas logo de varios golpes anímicos. 

O Dépor ABANCA sumou un punto (1-1) este domingo 19 de outubro en ABANCA-RIAZOR ante un dos grandes da Liga F, o Atlético de Madrid. “O equipo deuno todo”, asegurou Fran Alonso na rolda de prensa pospartido. Con este resultado, As Nosas alcanzan os 7 puntos na 12ª posición da táboa. Causou baixa nas branquiazuis por lesión Espe Pizarro, en proceso de recuperación.

Pola súa banda, o Atlético de Madrid, que a pasada fin de semana caeu por 0-6 co FC Barcelona, chegaba como 3º na táboa con 14 puntos, os mesmos que o Real Madrid CF (2º) e a Real Sociedad (4ª). As colchoneiras perderon esta semana por 0-1 co Manchester United na Champions League.

O partido foi especial para Merle Barth, Bárbara, Samara e Raquel, ex xogadoras colchoneiras; e para Gaby, ex deportivista.

Empezou dominando o partido o Atlético de Madrid, con continuas chegadas á área deportivista. E foi precisamente Gaby García a encargada de abrir o marcador. Luani centra moi ben á área desde a banda dereita e a internacional venezolana cabecea á rede lonxe do alcance de Inês Pereira.

Seguiu insistindo o Atlético, que realizaba unha presión alta. Gaby volvía cabecear pouco despois, tamén con centro desde a dereita, pero esta vez non precisou o seu remate, obstaculizada pola súa defensora.

Aos 12 minutos, Jensen, soa ante a porteira do Dépor ABANCA, tenta unha vaselina que se lle marcha fóra por pouco.

Luany protagonizou a seguinte xogada de perigo no minuto 22. Pasa a banda esquerda, percorre todo o campo, métese na área e o seu disparo sácao con apuros Inês Pereira.

“Empezamos moi nerviosas. Non fomos suficientemente agresivas. Afundímonos e non apertabamos o balón. De aí veu o centro do primeiro gol”, apuntou o técnico deportivista.

Pasada a media hora, Xenia remata ao lateral da rede após unha bo combinación do Atlético por banda dereita. É saque de esquina posto que o balón tocou nunha defensora do Dépor ABANCA.

O primeiro lanzamento a portería branquiazul foi no minuto 40. Olaya centra á área demasiada pechado, ás mans de Gallardo.

A pesar de que o primeiro tempo que foi do Atlético puido empatar o Dépor ABANCA a balón parado no longo desconto debido ás dúas revisións de VAR que realizou a colexiada do partido.

Bárbara cabecea un saque de falta lateral de Olaya e salvou a porteira Gallardo na mesma raia de gol.

“En canto empezamos a ser un pouco máis agresivas, o equipo creceu. Sentímonos un pouco máis cómodas. E a pesar da calidade do rival contivémoslles ben”, engadiu o preparador branquiazul.

Após o paso polos vestiarios, o partido seguiu co Atlético presionando ao Dépor ABANCA.

Expulsión de Lauren Leal no Atlético

Pero o partido deu un xiro no minuto 50. Millene márchase de Lauren Leal no centro do campo, que derruba á brasileira para evitar unha contra. A árbitra do encontro, Lorena do Mar Trujillano, ensina a segunda amarela á defensora branquivermella, que vira a primeira no minuto 26.

Así pois, o Atlético quedaba en inferioridade numérica con toda a segunda metade por diante. As Nosas deportivistas deron un paso adiante e as madrileñas replegaron liñas.

“Fomos tentar o empate primeiro e logo a tentar gañar o partido. Tiñamos a experiencia do partido ante o Real Madrid CF que con 10 afundiunos e foi unha actuación moi mala. Pero hoxe foi todo o contrario. Soubemos sufrir, xerar perigo cando podiamos e defendemos con moita seriedade, boa organización”, subliñou o adestrador do Dépor ABANCA.

E as ocasións comezaron a chegar. Paula Novo centrou desde a dereita ás mans de Gallardo. No minuto 54, Ainhoa Marín márchase do seu par e xuta alto dentro da área.

Cambio de sistema do Dépor ABANCA

Fran Alonso move o banco. Marisa e Paula Gutiérrez relevan a Bárbara, moi cansa, e Barth. E vaia se fixeron efecto os cambios. “Cambiamos o sistema e axudounos moito”, indicou. Adeus á liña de cinco na zaga que leva caracterizando o xogo do Dépor ABANCA esta tempada. Unha clara aposta polo ataque de Fran Alonso para o conxunto branquiazul.

Paula Gutiérrez mete un balón ao espazo a Millene, que recorta a Xenia e bate cun disparo potente a Gallardo. O partido era do Dépor ABANCA, lanzado a por os 3 puntos e á procura de tirar partido na casa da vantaxe que lle outorgaba contar cunha xogadora máis no terreo de xogo do Estadio ABANCA-RIAZOR.

Iso si, o Atlético de Madrid, un equipo Champions, recorreu ao balón parado para tentar marcar o seu segundo gol.

Nun saque de esquina, o norueguesa Boe Risa lanza ao segundo pau, Gaby cabecea e Inês Pereira, con axuda do pau esquerdo, evita o gol colchoneiro.

Respondeu Marisa no 86. Entra na área e, algo escorada, dispara a porta. Responde Gallardo cunha gran parada.

Case na xogada seguinte, na contra do Atlético de Madrid, Luany, a centro de Sheila, remata de socato e Inês Pereira, co pé, desvía in extremis.

Así se chegou ao final. “Hai que felicitar ás xogadoras porque o deron todo. É un punto de moitísimo mérito contra un rival espectacular”, concluíu Fran Alonso, técnico do conxunto deportivista que daba así por bo o 1-1 final ante un contrincante de alto nivel.

FICHA TÉCNICA

1) RC DEPORTIVO ABANCA: Inês Pereira, Samara, Barth (Paula Gutiérrez, min. 66), Raquel, Vera, Paula Novo, Lucía Martínez (Henar, min. 82), Olaya, Ainhoa Marín, Bárbara (Marisa, min. 66) e Millene (Lía, min. 90+1)

1) ATLÉTICO DE MADRID: Gallardo, Medina, Lauren Leal, Xenia, Jensen (Maca Portales, min. 55), Gaby, Ana Vitòria (Alexia, min. 55), Lloris, Bartel (Sheila, min. 71), Fiamma (Boe Risa, min. 71) e Luany

EQUIPO ARBITRAL: Lorena del Mar Trujillano Gallardo, do comité andaluz. Amoestou a Lauren Leal (min. 26 e min. 50), Fiamma (min. 38), Medina (min. 39) e Samara (min. 79)

GOLES: 0-1 Gaby (min. 5); 1-1 Millene (min. 70)

INCIDENCIAS: partido correspondente á 8ª xornada na Liga F disputado en ABANCA-RIAZOR ante 1.246 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Sandra Peña, a nena sevillana vítima do acoso escolar.

Etiquetas Ainhoa MarínDépor ABANCAFran AlonsofútbolInês PereiraMillene
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.