- O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a listaxe de solicitudes admitidas, inadmitidas e suxeitas a emenda para as subvencións a clubs para equipamento adaptado que concede a Xunta de Galicia
No DOG de onte, luns 19 de xuño de 2023, recóllese a resolución do 8 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, pola que “se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, de solicitudes inadmitidas e de solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado”.
Estas axudas están incluídas “no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023”.
Asina a resolución o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa. A listaxe de entidades solicitantes que constan con solicitude admitida son as seguintes:
- Adeco-Dea
- Agrupación Deportiva Minusválidos Ferrol
- Agrupación Deportiva Sodim
- Asociación Ambar
- Asoc. Doma Adaptada Galicia
- Asociación de Boxeo de Pontevedra
- Asociación de Escaladores Ourensáns
- Asociación Deportiva y Cultural Mariposas A Coruña Dragon Boat BCS
- Excluídas luvas
- C. Kayak Tudense
- Club de Esgrima de Vigo El Olivo
- Club de Mar Ría de Aldán
- Club de Remo Ares
- Club de Tenis Las Termas
- Club Deportivo Akai Ryu
- Club Deportivo Delikia
- Club Deportivo Minauta
- Club do Mar de Noia
- Club Fluvial Avión
- Club Fluvial de Lugo
- Club Galicia Waterman
- Club Hípico Equo Alalma
- Club Hípico La Cruz
- Club Kenpo Vilagarcía
- Club Marítimo, Deportivo e Cultural Breogán do Grove
- Club de Natación Galaico
- Club Náutico Folixa
- Club Náutico Inclusivo Baixo Miño
- Club de Piragüismo Illa de Arousa
- Club de Piragüismo Rías Baixas
- Club Pulpeiros Mugardos
- Club Ría de Betanzos
- Club de Tenis de Mesa Mos
- Escola de Xadrez de Pontevedra
- Imua Paddel Surf Club Aguete
- Monte Real Club de Yates de Baiona
- Tiiburón Surf Clube
- Societario de Cazadores Terra Chá
- Spsco Watersports
- Wind Club Aguete
- Xuncas Diversia