• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O público volta a Vista Alegre xunto ás Guerreiras Laranxas

A cita do Pescados Rubén Burela co Xaloc Alacant será un duelo de contrastes | Burela FS TV transmitirá este partido de futbol sala

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/12/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Dany nun lance do Burela vs Castro FSF Vista Alegre / PRBFS

Dany nun lance do Burela vs Castro FSF / PRBFS

0
COMPARTIDOS
29
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A cancha lucense de Vista Alegre poderá volver gozar do ambiente na Bancada Laranxa despois de catro semanas. Coas últimas medidas sanitarias da Xunta de Galicia, as Guerreiras poderán contar co apoio do público mañá sábado 5 de decembro ás 18.30 horas. Será nun duelo de contrastes, ante o Xaloc Alacant. A cita tamén se poderá seguir a través de Burela FS TV.

Dende a súa atalaia da terceira praza da clasificación (13 puntos), o Pescados Rubén Burela recibe un rival que non tivo bo inicio e aínda non puido puntuar nos seus cinco encontros que leva disputados. As diferentes prevense notables.

O conxunto galego continúa na súa dinámica de evolución para seguir medrando. Segundo apuntaba a futbolista laranxa Dany: “Despois do complicado partido de Majadahonda o equipo segue traballando para perfeccionar erros e seguir mellorando”.

Dany, guerreira laranxa: “Enfrontarémonos a un equipo apostado na zona defensiva, é complicado xogar nunha área reducida pero traballamos para que o noso estilo de xogo se impoña e poder seguir sumando de tres en tres”

Consultada sobre o rival, o Xaloc Alacant, a Dany non baixaba a guarda e apuntaba que é “un adversario que non puntuou aínda, pero non temos que confiarnos”. Despois da axustada vitoria da semana pasada (3-4), esperando un partido correúdo. Neste sentido a pivote hispano-brasileira facía unha lectura previa do envite e declaraba: “Enfrontarémonos a un equipo apostado na zona defensiva, é complicado xogar nunha área reducida pero traballamos para que o noso estilo de xogo se impoña e poder seguir sumando de tres en tres”.

Partido pola Igualdade en Vista Alegre

A tolerancia, a igualdade e a sensibilización contra a violencia de xénero serán o leitmotiv da oitava xornada de Primeira na cancha galega de Vista Alegre. “O club sempre traballou pola igualdade. Para nós é un orgullo contribuír unha vez máis para difundir esta mensaxe” confesaba a 3 burelista, co Pescados Rubén Burela FS como unha das imaxes do I Plan de Patrocinio de Equipos Femininos da Xunta de Galicia 2020.

O acceso ás instalacións de Vista Alegre estará habilitado tan só para Abonados Mixtos e Femininos, presentando DNI; non haberá entradas á venda.

Advirte o club da Mariña que de acordo á Orde do 3 de decembro publicada no Diario Oficial de Galicia, “o club deberá ter rexistro de todos os asistentes ao partido, con custodia durante un mes, coa información de contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coa lei de protección de datos de carácter persoal”.

Jenny será baixa durante os próximos meses

Jenny do Pescados Rubén Burela FS
Jenny do Pescados Rubén Burela FS

Por outro lado, as malas noticias chegan en forma de lesións. As probas realizadas a Jenny confirmaron un diagnóstico que lamentablemente afastará á internacional lusa das pistas e do cinco contra cinco nos próximos meses. A futbolista do Burela ten unha rotura de ligamento cruzado anterior e rotura parcial de ligamento colateral medial.

Á ausencia de Cely e Jenny, tamén se sumará mañá Cristina, por molestias nun talón.

Este partido abre dun mes de decembro duro para as da Mariña 

O encontro ante as alacantinas abre unha axenda apertada para decembro para o Pescados Rubén Burela. As galegas deberán afrontar diferentes competicións. Teñen compromisos de Liga e a Final Four de Copa da Raíña (Málaga 18-20 de decembro).

Sobre esa cantidade de partidos que afrontarán as Guerreiras Laranxas neste último mes de 2020, Dany explicaba: “Temos un mes moi intenso por diante, pero temos moitas ganas de seguir traballando e conseguindo éxitos”.

Sobre o compromiso de Copa da Raíña, nesa final a catro dixo: “Esperamos poder defender o título en Málaga e que a afección o disfrute a través de Teledeporte”. Así de ilusionada mostrábase Dany. O conxunto galego despedirá deportivamente o ano 2020 o 27 de decembro. Será recuperando no mausoleo laranxa de Vista Alegre o partido que teñen pendente desde a xornada 2 da Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF que aprazada  e que as medirá ao conxunto do Intersala Promesas.

Etiquetas BurelaCelyCristinaDanyfútbol salafutsalJennyPescados Rubén BurelaXaloc Alacant
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Gonzalo Iglesias, Morenín, adestrador do Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO

Morenín: “Os tres puntos saben a gloria logo de todo o que nos está pasando”

por Silvia Carregal
17/01/2021
0

  Ao final do cruce entre Viaxes Amarelle FSF e Ourense Envialia (2-3), os técnicos, Jorge Basanta e Morenín, facían...

Sedes dos cursos adestradora / RFGF

Xa están en marcha 22 cursos de primeiro nivel na Escola de Adestradores da RFGF

por Redacción As Nosas
17/01/2021
0

A labor formativa desempeña un papel extraordinariamente importante dentro da Federación Galega de Fútbol (RFGF), e por extensión no fútbol...

Segundo gol do Viaxes Amarelle FSF ante o Ourense Envialia (2-3) / SABELA MOSCOSO

O Ourense Envialia lévase o duelo entre galegas diante dun correoso Viaxes Amarelle (2-3)

por Redacción As Nosas
17/01/2021
0

  Ourense Envialia e Viaxes Amarelle FSF ofreceron un gran espectáculo de cinco contra cinco que puido seguirse a través...

Penya Esplugues vs Cidade de As Burgas / CIDADE DE AS BURGAS TW

Aprázase o Cidade de As Burgas vs Penya Esplugues por un positivo

por Redacción As Nosas
16/01/2021
0

  Un positivo por COVID-19 motiva o aprazamento dun novo partido no deporte galego. O Paco Paz ía acoller esta...

Valdetires Ferrol Futsal vs FSF Castro / VALDETIRES FERROL FSF FB

As galegas dominan o grupo 1A da Segunda de futsal

por Carmen G. Mariñas
15/01/2021
0

  O futsal galego trunfa en Primeira División e na Segunda. O subgrupo 1A agrupa a sete equipos da zona...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Partido entre o Lóstrego e o Rosalía / EFF Rosalía

Gabi Couñago (Lóstrego): “Logo de máis de 10 meses sen competir era un partido para gozar”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Partido entre o Lóstrego e o Rosalía / EFF Rosalía

Gabi Couñago (Lóstrego): “Logo de máis de 10 meses sen competir era un partido para gozar”

18/01/2021
San Silvestre Pontevedra / SG PONTEVEDRA IG

Máis de mil persoas participaron na edición especial da San Silvestre de Pontevedra

18/01/2021
A Selección Española, con Pérez e Pampín, no Torneo Internacional Henri Deglane / FEGALOITA

Lydia Pérez e Nerea Pampín, entre as 10 mellores das súas categorías no Torneo Internacional Henri Deglane

18/01/2021
Lino López, adestrador do Baxi Ferrol / WYKAZSZKOWSKI

Lino López: “O equipo necesitaba un partido a este nivel”

18/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.