• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O público regresa á Sangriña para recibir ao Lanzarote

José Ignacio Prades: "O máis positivo será a volta da nosa xente" | As socias do Guardés poderán gozar no pavillón da Guarda da xornada 13 da Liga Guerreras Iberdrola contra o San José Obrero

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/02/2021
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Carratú, porteira do Atlético Guardés de balonmán, na Sangriña / AT. GUARDÉS

Carratú, porteira do Atlético Guardés de balonmán, na Sangriña / AT. GUARDÉS

42
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O público está de volta na Sangriña. Unha das mellores noticias das últimas semanas para o Atlético Guardés que por fin poderá gozar coa súa afección tras permitir a Xunta de Galicia que as instalacións deportivas cubertas completen até un 30% do seu aforamento sempre cun máximo de 250 persoas.

A situación epidemiolóxica da Guarda é máis favorable e entre Concello e club decidiuse aproveitar o levantamento de restricións na comunidade autónoma para que aos poucos os socios poidan ir volvendo ao pavillón e animar ao equipo de Prades, que xustamente na tarde de hoxe, sábado 27 de febreiro, recibe ao CICAR Lanzarote – Cidade de Arrecife (19:00 horas, emitido por streaming) na penúltima xornada da primeira fase de liga.

CICAR Lanzarote Ciudad de Arrecife vs Atl. Guardés / LANZAROTE DEPORTIVA
Imaxe de arquivo entre CICAR Lanzarote Ciudad de Arrecife vs Atl. Guardés / LANZAROTE DEPORTIVA

“O máis positivo do fin de semana será a volta da nosa xente, a presenza de público na bancada”, celebraba o técnico. José Ignacio Prades é coñecedor do importante que é sempre o apoio da afección guardesa e de maneira máis especial ante os bonitos retos que o persoal ten aínda por diante: fase polo título de liga, a eliminatoria da segunda rolda da Copa da Raíña e as semifinais da EHF European Cup.

Cun ambiente caloroso na bancada e o xute de moral da vitoria contra o Rincón Fertilidad Málaga, o Guardés vivirá mañá un choque ben diferente. O San José Obrero, antepenúltimo no grupo A, tan só conseguiu tres vitorias no que vai de tempada e parece estar xa condenado a continuar o seu camiño no grupo polo descenso.

CICAR Lanzarote Ciudad de Arrecife vs Atl. Guardés / LANZAROTE DEPORTIVA
Imaxe de arquivo entre CICAR Lanzarote Ciudad de Arrecife vs Atl. Guardés / LANZAROTE DEPORTIVA

Na primeira volta as galegas impuxéronse ao equipo de David Betancort por 20-26. Pero máis aló destes números, Prades advirte: “San José Obrero vén xogando moi ben”, apunta. Por exemplo, nos seus partidos máis recentes caeron tan só por tres goles contra Zubileta Evolution Bm. Zuazo (26-23) e Aula Alimentos de Valladolid (24-26) levando a iniciativa en boa parte do partido.

“O Lanzarote ten un equipo moi competitivo, con xogadoras contrastadas na categoría”, lembra Prades, “e tras axustarse é evidente que han ir a máis”. Entre as súas pezas crave: Priscila dos Santos, Pessoa, a ex do Guardés Gabriela Romeu, Alicia Torres ou o reforzo de inverno: Celia López. A plantilla de Betancort ten a dúbida de Nagore Saenz, que onte volveu resentirse da súa lesión de ombreiro despois dun forte golpe e non puido participar en todo o partido contra a aula desde o minuto 8 da primeira parte.

Paula Arcos do Atlético Guardés | ©Coeco.creative.
Imaxe de arquivo da xogadora Paula Arcos do Atlético Guardés | ©Coeco.creative.

En canto ao estado das xogadoras do Atlético Guardés, o preparador do equipo, Jose Ignacio Prades, está pendente de novo de Paula Arcos. Sinala que por fin o equipo “acumula ritmo, o que todos os conxuntos necesitan para desenvolver o seu xogo e traballo, e tamén boas sensacións”, apunta.

“Estamos nun momento bo, preparámonos para isto e estou contento porque o equipo está a responder a nivel físico”, comenta o técnico das galegas en relación ao maratón de compromisos dentro do cal está inmerso o conxunto do Atlético Guardés.

Atlético Guardés - Rincón Fertilidad (x7) / SPORTCOECO
Imaxe de arquivo entre Atlético Guardés – Rincón Fertilidad (x7) / SPORTCOECO

“Estamos no ecuador, aínda nos quedan catro partidos”, lembra José Ignacio Prades. E é que ao Atlético Guardés aínda queda antes de tomarse un pequeno respiro unha viaxe a Lanzarote, a visita ao Rincón Fertilidad Málaga e un novo desprazamento a Barakaldo para o partido de ida da segunda fase da Copa da Raíña co Zubileta Evolution-Bm. Zuazo.

Antes de pensar en todo iso, na Sangriña vivirase hoxe un partido case de transición, con dous puntos en xogo que non afectan máis aló do anecdótico nin ás aspiracións dunhas nin doutras, con ambos os conxuntos marcando obxectivos da tempada ben distantes.

O calendario do Guardés vaise axustando

Dous partidos réstanlle ao Guardés ademais do de hoxe, sábado, para pechar a primeira fase da tempada. O mércores 3 de marzo, as de Prades viaxan ás Illas Canarias para recuperar co Lanzarote – Puerto del Carmen a oitava xornada de Liga Guerreras Iberdrola (20 h, Pab. Mpal de Tías) que se aprazou en xaneiro por casos de covid-19 no conxunto lanzaroteño. O sábado 6 chega a xornada 14 cun importante compromiso: a visita á Polideportivo Ciudad Jardín para medirse ao Rincón Fertilidad Málaga (18:30 horas), contra quen o Atlético Guardés xa se apuntou unha vitoria esta tempada (23-22, xornada 7).

Atlético Guardés - Zuazo / ATLÉTICO GUARDÉS
Imaxe de arquivo entre Atlético Guardés – Zuazo / ATLÉTICO GUARDÉS

O mércores 10 de marzo, o Atlético Guardés desprazarase até Barakaldo para xogar en Lasesarre o partido de ida da eliminatoria da segunda fase da Copa da Raíña. O conxunto galego e o Zubileta Evolution-Bm. Zuazo terán que buscar unha nova data para o choque de volta tendo en conta que o Comité Nacional de Competición aprobou o seu adiamento.

O partido estaba fixado para o sábado 13 de marzo ás 19 horas na Sangriña pero a convocatoria de xogadoras como Paula Arcos co ‘Obxectivo 2021’ ou Rajnohová coa selección de Eslovaquia motivaron a solucitude por parte do equipo do Baixo Miño.

Atlético Guardés - Rincón Fertilidad (x7) / SPORTCOECO
Imaxe de arquivo entre Atlético Guardés – Rincón Fertilidad (x7) / SPORTCOECO

Despois chegará unha semana sen competición pola actividade internacional antes de iniciar a pelexa no grupo polo título. Aínda sen coñecer a orde no cal Atlético Guardés se medirá aos seus novos rivais, as de José Ignacio Prades unicamente teñen fixado no calendario o partido de ida das semifinais da EHF European Cup contra o Rincón Fertilidad Málaga o domingo 28 de marzo ás 20 horas.

O partido desta tarde na Sangriña contra o CICAR Lanzarote Ciudad de Arrecife será arbitrado polos colexiados Francisco Fernández Ferreiro e Adrián Rodríguez Valdés (Asturias). Está previsto que asistan ao cruce direferentes personalidades como é o caso do alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Deportes do municipio, Montse Magallanes, o deputado provincial, Gorka Gómez, así como o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa.

Podes seguir o partido entre Atlético Guardés e Club Balonmano San José Obrero na canle de YouTube

 

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánCICAR Lanzarote Ciudad de ArrecifeDavid BetancortJosé Ignacio PradesLanzarote-Puerto del CarmenPaula Arcosrincón fertilidad málagaSan José Obrero LanzaroteZubileta Evolution Bm. Zuazo
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Abegondo, campión benxamín da Copa 5x5 Deputación da Coruña de balonmán na rúa / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Abegondo e Abegondo superstar, campións da 1ª edición da Copa 5×5 Deputación da Coruña de balonmán na rúa

por Redacción As Nosas
20/05/2023
0

  Rematou en Camariñas a primeira edición da Copa 5x5 Deputación da Coruña Balonmán na Rúa co Abegondo como gran...

Cecilia Cacheda ficha polo Guardés / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Cecilia Cacheda ficha polo Mecalia Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
20/05/2023
0

A xogadora galega procede do Motive.co Gijón, onde militou catro tempadas, pero Cecilia Cacheda é canteirá do Porriño. A súa...

Cristina Cabeza, nova adestradora do Atlético Guardés / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Cristina Cabeza substitúe a Ana Seabra á fronte do banco do Mecalia Atlético Guardés para o curso 2023-24

por Redacción As Nosas
18/05/2023
0

  A actual seleccionadora xuvenil, Cristina Cabeza, encabezará o novo proxecto do club miñoto. A preparadora madrileña, de 46 anos,...

Presentación do Open 5X5 Santa Comba de balonmán na rúa / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Santa Comba acolle o Open 5×5 de balonmán na rúa

por Redacción As Nosas
11/05/2023
0

  Mañá e pasado (12 e 13 de maio) celebrarse o Open 5x5 Concello de Santa Comba de Balonmán na...

Rocasa Gran Canaria vs Mecalia Atletico Guardes, play-off polo título Liga Guerreras Iberdrola 2022-23 / ATLÉTICO GUARDÉS

O Guardés sucumbe en Gran Canaria ante o Rocasa e queda eliminado do ‘play-off’ cun resultado de 25-21 no último partido

por Redacción As Nosas
11/05/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés acusou o esgotamento físico e mental da final da Copa Europea. O gran nivel de...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

30/05/2023
Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ / FEGADACE

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria de FEGADACE ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, que terá lugar en Lalín o 2 de xullo

30/05/2023
Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

29/05/2023
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

29/05/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.