• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Un proxecto pioneiro da Uvigo avaliará o impacto do traballo de educadoras sociais nun club deportivo

Participan a Facultade de Educación e Traballo Social, o CEESG e o Club La Purísima | Ofrecerase acompañamento e apoio socioeducativo a adolescentes e familias

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/03/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Presentación do proxecto no que Participan a Facultade de Educación e Traballo Social, o CEESG (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais) e o Club La Purísima / UVIGO

Presentación do proxecto no que Participan a Facultade de Educación e Traballo Social, o CEESG (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais) e o Club La Purísima / UVIGO

40
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O deporte é máis que rendemento deportivo, e prácticas saudables no ámbito físico. Da man do deporte transmítense valores, socializamos con outras persoas e acadamos un e crecemento persoal. Na Universidade de Vigo anuncian a posta en marcha dunha iniciativa froito da colaboración da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense da UVigo co Club Deportivo La Purísima e co Colexio de Educadores e Educadoras Sociais (CEESG) de Galicia, no que se avaliará o impacto do traballo de educadores sociais nun club deportivo.

Na presentación desta acción, Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social da Uvigo, salientou do proxecto o feito de que “implica a entidades que coincidimos na idea do deporte como un elemento básico da pedagoxía do lecer”. Así subliñou como nesta iniciativa colabora o mundo profesional, o asociativo, o educativo e as familias e amosou a súa confianza en que “as e os educadores que se forman aquí lle dean un xiro ao mundo deportivo” desenvolvemento esta liña de actuación, recolle o Diario da Universidade de Vigo.

Pola súa banda, Anxo Valcárcel, responsable do Club Deportivo La Purísima, explicou que na súa entidade xa traballa algún educador social con algún deportistas en concreto pero querían “abrir ese servizo de acompañamento, de apoio socioeducativo, a todos os deportistas do club” e que se avaliase o seu impacto.

Segundo indicou, La Purísima é o club máis grande da provincia de Ourense, con máis de 600 deportistas en fútbol, atletismo e montaña, e a súa previsión é que “teremos moitos demandantes deste servizo”. A iniciativa, apuntou Anxo Valcárcel, “empeza para quedarse” e coa idea de “darlle un valor engadido máis ao club” e a “mellor contorna posible” ás e aos seus deportistas.

Establecer dinámicas educativas positivas

Grazas a esta iniciativa, o Club Deportivo La Purísima de Ourense contará con dous educadores sociais que se encargarán de dar apoio socioeducativo ás familias e deportistas que o desexen. Pola súa banda, un equipo de investigación da Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo e do CEESG (Colexio de Educadores e Educadoras Sociais) realizará o asesoramento científico do proceso, o seu seguimento e analizará as evidencias do impacto das intervencións realizadas.

Segundo explicou Deibe Fernández-Simo, profesor da facultade ourensá e membro tamén da directiva do Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia, “son múltiples as investigacións que teñen evidenciado como a educación social é eficaz na resposta ás demandas de intervención das familias ante os retos da crianza propios da adolescencia”, segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo.

A evidencia científica previa, lembrou, “amosa que a facilitación de acompañamento profesional no ámbito socioeducativo é efectivo no establecemento de dinámicas educativas intrafamiliares positivas”. Neste senso, apuntou o docente, “os clubs deportivos son un espazo privilexiado dende os que poder intervir e executar procesos de acompañamento socioeducativo que faciliten ás familias a crianza dos fillos e fillas”.

Porén, sinalou que “no panorama europeo son diversas as institucións deportivas que contan con servizos de psicoloxía deportiva para atender a dimensión clínica, pero non hai experiencias destacables de resposta ás necesidades de carácter socioeducativo”.

Neste contexto, Deibe Fernández-Simo comentou que consideran que o proxecto agora lanzado é “fundamental para dar resposta a unha demanda que se ven detectando desde hai tempo”, lembrando a crecente demanda por parte das familias de recibir apoio socieducativo e procesos de acompañamento que faciliten todo o que ten que ver coa crianza das adolescencias. “Esta experiencia, que polo que estivemos vendo é a primeira vez que se desenvolve no estado español, o que busca é facilitarlle ás familias ese acompañamento, apoio, orientación, desde un espazo privilexiado como é o espazo do deporte”, afirmou o responsable da parte de investigación do proxecto.

Esta parte, detallou Fernández Simo, consistirá en facer o seguimento do desempeño profesional que se vai a desenvolver e evidenciar os impactos que vai ter este novo servizo nas persoas que participan nel. “A hipótese que temos é que os impactos á hora de facilitar novos escenarios de seguridade ás crianzas, e á familia nese proceso de crianza, van a ser positivos”, sinalou.

No traballo determinarase este impacto coa “idea de promover que esta experiencia piloto se poida desenvolver noutros territorios”. “Consideramos que é un novo ámbito da educación social que sen lugar a dúbida vai a ter futuro”, afirmou o docente da UVigo.

Traballar valores a través do deporte con educadoras sociais

Marta Jago e Félix Estévez, de Trama Ourense, serán os/as educadoras sociais responsables da intervención, cunha dilatada experiencia acompañando adolescentes. “É un proxecto superilusionante” e “innovador”, apuntou Félix Estévez na súa presentación.

A iniciativa, salientou, “ten como obxectivo traballar integralmente cos deportistas, dándolle unha resposta individualizada ás demandas que presentan ou ben os propios deportistas ou ben as familias”. No seu traballo, indicou o educador social, abordaranse “todo tipo de problemáticas que poidan aparecer, desde rapazas e rapaces que presenten algún tipo de dificultade a nivel social ou persoal ata outros que simplemente queiran mellorar persoalmente as súas competencias a nivel emocional”. Así, recalcou, “non traballamos exclusivamente centrados no rendemento deportivo senón no crecemento persoal”.

Félix Estévez, un dos/as educadoras sociais responsables da intervención: “A través do deporte trabánllase valores como disciplina, esforzo, constancia, sacrificio, competitividade, tamén compañeirismo”

A través do deporte, lembrou Félix Estévez, “non só se traballa a disciplina, o esforzo, a constancia, a capacidade de sacrificio ou a competitividade, senón que traballamos outros valores, e aí é onde entramos máis, como o compañeirismo, o respecto e o crecemento persoal”.

Tamén recalcou o traballo arredor da integración e inclusión das persoas que presentan algún tipo de vulnerabilidade a nivel social, como as persoas con diversidade, con trastornos ou con mobilidade reducida, etc.

Etiquetas CEESGClub Deportivo La Purísima de OurenseEducación SocialUVigo
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Loitas Olímpicas / FEGALOITA

Deportistas das universidades de Vigo e Compostela acuden aos campionatos de España Universitarios de Loitas Olímpicas

por Redacción As Nosas
20/04/2023
0

  Este vindeiro venres 21 de abril, terá lugar en Los Alcázares (MUR), os campionatos de España Universitarios de Loitas...

Guillermo Rey e Pedro Orgeira forman parte do equipo investigador deste proxecto de investigación ligado á ximnasia ritmica e á aeronáutica / UVIGO

Enxeñería aeronáutica e drons para axudar na puntuación de exercicios de ximnasia rítmica

por Redacción As Nosas
29/03/2023
0

  Un equipo de investigación da UVigo vén de artellar un sistema que axudaría na puntuación de exercicios de ximnasia...

Xornada do Plan Corresponsables na USC para gozar do balonmán / XUNTA DE GALICIA

O Plan Corresponsables xunta a máis de 170 alevíns na USC para gozar do balonmán

por Redacción As Nosas
10/03/2023
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu á I Xornada de Minibalonmán alevín mixto organizada...

Campionato Galego Absoluto federado de Atletismo / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Sabes cal é a media de atletas federados nos clubs galegos e se hai paridade entre mulleres e homes?

por Redacción As Nosas
11/08/2022
0

  Segundo un estudo feito público pola Federación Galega de Atletismo, sobre os datos de atletas federadas e federados no...

A Facultade de Fisioterapia da UVigo homenaxea a Susana Rodríguez e Teresa Portela / XUNTA DE GALICIA

A Facultade de Fisioterapia da UVigo homenaxea a Susana Rodríguez e Teresa Portela

por Redacción As Nosas
16/11/2021
0

As medallistas en Toquio 2020 Susana Rodríguez Gacio e Teresa Portela foron homenaxeadas pola UVigo na Facultade de Fisioterapia. O centro conta agora con...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Traiñeira do CR Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras / LGT

A Liga Galega de Traiñeiras chega ás augas interiores de Galicia cunha proba nas Pontes

30/05/2023
Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ / FEGADACE

Aberta a inscrición na II Carreira e Andaina Solidaria de FEGADACE ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, que terá lugar en Lalín o 2 de xullo

30/05/2023
Galicia conta con cinco taekwondistas no Mundial de Baku: Alma Pérez, Arlet Ortiz, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira e Iván García / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A galega Arlet Ortiz cae nos oitavos de final no Mundial de Bakú contra a campioa de Europa de taekwondo

29/05/2023
Elviña acolleu os Campionatos Xunta de Galicia Sub-18 e Sub-16 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Gran fin de semana atlético en Elviña coa disputa dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-16

29/05/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.