- Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) fixo pública esta información que marca o comezo dasc ompeticións na fin de semana do 12 e 13 de setembro de 2026.
O fútbol feminino galego xa ten datas de inicio da temporada 26-27. As principais ligas dará comezo a fin de semana do 12 e 13 de setembro, concretamente a 3ª Federación, a 1ª División Galega Liga Arzúa-Ulloa DOP e a 2ª División Galega.
Na fin de semana do 26 e 27 de setembro arrancará a 3ª División Galega, mentras que as ligas galegas de base dará comezo a primeira fin de semana de outubro.
Cambios nas categorías do fútbol feminino galego
Cabe destacar que nesta temporada a 3ª Federación, que se mantén cun grupo integramente galego, estará composta por 14 equipos.
A 1ª División Arzúa-Ulloa estará composta agora por dous grupos de 10 equipos cada un e a 2ª División por 4 grupos de 10 equipos.
A composición da 3ª División dependerá do número de equipos inscritos ao tratarse da última categoría. O mesmo pasa coas competicións de base, nas que só hay unha división en cada categoría.
🔵 OFICIAL!! Así comezará o noso fútbol feminino a vindeira temporada
➡️ Estas son as datas de inicio das ligas femininas de fútbol de ámbito autonómico para a temporada 26-27#FutfemGalego | @ArzuaUlloaDOP pic.twitter.com/WLewqZWd6w
— RFGF (@futgal) July 14, 2026





















