Arrincou a competición con bo pé o CRAT Residencia Rialta que superou con claridade ao CR Sant Cugat cun marcador de 47-15. As catalás aguantaron o tirón a primeira metade. O feito diferencial das galegas estivo na efectividade na transformación de Alejandra que fixo que as coruñesas se puidesen distanciar no marcacador. Significativo foi tamén o dobrete de Sina, a terceira liña chegada de Nova Zelanda.
O primeiro partido oficial da tempada comezou cos nervios lóxicos para os dous equipos. Intercambio de golpes, os catro primeiros ensaios aventuraban un encontro igualado. Ali e Quen ensaiaron para o CRAT Residencia Rialta e a cada un respondeu CR Sant Cugat con outro ensaio. A diferenza: as transformacións de Alejandra. O CRAT Residencia Rialta sumaba de sete en sete e as catalás non conseguían puntos extra.
O xogo máis fluído e rápido das coruñesas comezou a dar os seus froitos e Sina Hetet, en dúas ocasións, permitiu distanciarse ao CRAT Residencia Rialta. Alejandra, de novo sen erros, transformou e as locais fóronse ao descanso cunha renda tranquilizadora: 28-10.

O inicio segundo tempo, con inferioridade numérica temporal do CRAT Residencia Rialta pola amarela a Ceci Huarte, o CR Sant Cugat logrou reducir a diferenza cun ensaio sen premio extra.
Ensaio de castigo para o CRAT
As herculinas melloraron as súas imprecisións e, aos poucos, foron competindo mellor os rucks e, un lastre no primeiro tempo, os mauls. Así, unha acción de Pimi foi sancionada con ensaio de castigo a favor do CRAT Residencia Rialta, sumando de novo sete puntos.
Un roubo de Judith no tramo final e unha xogada de Alevín que culminou Ceci marcaron unha distancia no marcador insalvable para CR Sant Cugat.
A defensa das coruñesas, que este ano adestran os técnicos Pakito Usero, Jos Portos e Juan Carlos Fernández, foi impecable no segundo tempo e conseguiron rematar o choque como marcan os canons. Primeiro partido, primeira vitoria e magníficas sensacións. Un comezo brillante para o CRAT Residencia Rialta.
FICHA TÉCNICA
47) CRAT RESIDENCIA RIALTA: Nicky, Ali (Barbi, min. 72), Carla (Divi, min. 27), Pimi (Copi, min. 60), Kyra (María, min. 43), Maitane (Elsa, min. 52), Judith, Sina Hetet, Alba, Alejandra Fernández, Tania (Anita, min. 57), Quen Makkinga (Leire, min. 52), Ceci Huarte, Estela e Paula Medín Alevín.
15) CR SANT CUGAT: Paula Nieto (Txell Tur, min. 47), Carla Moraleda (Cristina García, min. 34), Maria Soriano (Laia Capdevila, min. 62), Andrea, Paula Pou, Sara Marín, Carla Arca, Bea, Esther, Carla Rodríguez, Abril, Mireia García, Alysha Stone, Alexia Gasco e Ana Harris (Rita, min. 62).
ANOTACIÓNS:
- 5-0 (2 min) Ali
- 7-0 (2 min) Transforma Alejandra
- 5-7 (6 min.) Carla Arca
- 12-5 (12 min.) Quen
- 14-5 (12 min.) Transforma Alejandra
- 14-10 (16 min.) María Soriano
- 19-10 (20 min) Sina Hetet
- 21-10 (20 min) Transforma Alejandra
- 26-10 (34 min) Sina Hetet
- 28-10 (34 min) Transforma Alejandra
- 28-15 (45 min.) Mireia García
- 40-15 (62 min.) ensaio de castigo de Judith Hernández
- 42-15 (68 min.) Transforma Alejandra
- 47-15 (72 min.) Ceci Huarte
EQUIPO ARBITRAL: Félix Villegas, Santiago Castro e Jacinto Campos. Amosaron cartón amarelo a Ceci do CRAT Residencia Rialta no minuto 39 de xogo por faltas reiteradas.
INCIDENCIAS: Partido da primeira xornada da Liga Iberdrola de rugby disputado na cancha do Campus universitario da UDC en Elviña, A Coruña. Encontro transmitido pola FerugbyTV.