• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Mecalia Atlético Guardés 2025/2026 presentouse en sociedade

Incoróranse ao equipo este cursp: Anouk Nieuwenweg, Lorena Téllez, Ariana Portillo, Sabina Mínguez, Nerea Gil, Rosane Serrano e Amandine Balzinc

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
21/08/2025
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Presentación do Mecalia Atlético Guardés 25-26 / CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS

Presentación do Mecalia Atlético Guardés 25-26 / CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS

33
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • O Club Balonmán Atlético Guardés acolleu este xoves a tradicional presentación de todos os seus equipos para a tempada 2025/2026.

  • No acto desveláronse detalles coma a nova composición da base do Club, que este ano contará con dous equipos Cadete, ou a nova equipación do primeiro equipo, negra e dourada. Tamén se contou coas intervencións do presidente do Club, a adestradora e a capitá do primeiro equipo ou a nova coordinadora da base.

  • O Club dedicou un espazo ao recoñecemento de distintas personalidades da súa historia e do deporte guardés no seu conxunto.

O Mecalia Atlético Guardés 2025/2026 xa se presentou ante os seus. Este xoves, o auditorio guardés de San Bento acolleu a tradicional presentación dos equipos do club miñoto previa a unha nova tempada, nun acto onde se desvelaron tódolos detalles para o novo curso tanto do primeiro equipo coma das súas categorías inferiores.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de é é (@atleticoguardes)

No curso 25-26 o Atlético Guardés terá 2 equipos cadetes femininos

O evento comezou contra das 20:30 horas, coa responsable de prensa do equipo, Elena Núñez, como mestra de cerimonias. Tras unha breve introdución ao seu cargo e unha actuación do grupo Songodín’s, que amenizou a velada durante tres ocasións, a entrada en materia foi da man de Lucía Cruces, quen se presentou como nova coordinadora da base do Mecalia Atlético Guardés cunha breve intervención na que demostrou as súas ganas de traballar polo crecemento das xuventudes do equipo.

O seu discurso foi o preámbulo da presentación de tódalas xogadoras de cada categoría inferior: prebenxamín, benxamín mixto, alevín mixto, infantil feminino, cadete feminino (que como novidade, este ano conta con dous equipos), xuvenil feminino e sénior territorial feminino.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Concello da Guarda (@concellodaguarda_oficial)

A continuación chegou un dos momentos máis esperados da tarde, coa presentación do equipo de División de Honra ante o pobo da Guarda, que puido coñecer por fin oficialmente ás súas sete novas fichaxes, así como ver por primeira vez a renovada equipación do equipo, con tons negros e dourados.

O Mecalia xogará na Liga Iberdrola e estará integrado por 16 xogadoras 

Á saída de tódalas súas xogadoras (as habituais María Sancha, Cristina Cifuentes, Cecilia Cacheda, María Palomo, Ania Ramos, Carme Castro, Elena Martínez, Jazmín Mendoza e Blazka Hauptman e as recentemente incorporadas Anouk Nieuwenweg, Lorena Téllez, Ariana Portillo, Sabina Mínguez, Nerea Gil, Rosane Serrano e Amandine Balzinc) e corpo técnico seguírona as intervencións da adestradora Ana Seabra e da capitá do plantel, cargo no que María Sancha estréase esta tempada. Ambas repasaron os momentos tan ilusionantes que deixou o curso pasado, agradeceron á afección e ao Club todo o apoio recibido e prometeron seguir traballando no deportivo.

Presentación do Mecalia Atlético Guardés 25-26 / CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS
Presentación do Mecalia Atlético Guardés 25-26 / CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS

Pasado o momento das presentacións, foi a quenda para despedir a algúns membros do Club que o abandonan ao comezo deste novo curso. A este respecto, o presidente Jesús López entregou distintos detalles ao excoordinador da base, adestrador e preparador físico Fabio Lima, e ao que durante tantos anos fora médico do plantel, Julio Portela, retirado hai dúas tempadas. Aínda que non puideron estar presentes, tamén se quixo lembrar a Eliseo Magallanes e Julio Capón, que se retiraron da xunta directiva nas últimas semanas tras moitos anos de traballo polo equipo.

Tamén se cedeu a quenda de palabra ao principal patrocinador do Mecalia Atlético Guardés , a empresa Mecalia, cuxo persoal entregou, como cada ano, un recoñecemento á que considerou a mellor xogadora 2024/2026. Nesta ocasión, a galardoada foi a central Cecilia Cacheda.

O acto de presentación en sociedade do Mecalia Atlético Guardés 2025-26 contou cunha novidade este ano: unha nova serie de homenaxes, neste caso dedicados a algúns nomes importantes para a historia do Club e para o deporte guardés no seu conxunto. Recibiron un detalle da man do presidente e do xerente do Atlético Guardés, José Manuel Silva, os atletas guardeses Álex Sierpes, Christian Sierpes e Elsa Pena; a futbolista tamén local Anaïr Lomba e a súa parella Paloma Monreal; e a ex-xogadora do equipo miñoto e Guerrera recentemente retirada do balonmán profesional, Carmen Campos.

Seareiras na presentación do Mecalia Atlético Guardés 25-26 / CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS
Seareiras na presentación do Mecalia Atlético Guardés 25-26 / CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS

O encargado de pechar a presentación do Mecalia Atlético Guardés foi o presidente do Club, Jesús López, que interveu cun emotivo discurso lembrando o legado de Juan Rodríguez, falecido xusto un ano atrás, e agradecendo e solicitando o apoio á afección, patrocinadores e autoridades para a nova tempada, na que o Mecalia Atlético Guardés regresará á competición europea cun plantel renovado.

Etiquetas Amandine BalzincAna SeabraAnouk NieuwenwegAriana PortillobalonmánLorena TéllezMecalia Atlético GuardésNerea GilRosane SerranoSabina Mínguez
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

por Redacción As Nosas
10/05/2026
0

  O Mecalia Atlético Guardés non puido facerse co título copeiro este domingo, nunha final na que o vixente campión...

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  O equipo miñoto volveu mostrar a súa mellor versión este sábado ao saír airoso dunha polémica semifinal da XLVII...

Mecalia Atlético Guardés vs Replasa Beti-Onak na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés quítase a espiña do Beti-Onak e avanza a semifinais da Copa (23-27)

por Redacción As Nosas
08/05/2026
0

  O  Mecalia Atlético Guardés superou a primeira proba desta XLVII Copa da Raíña e puido quitar a espiña para...

Derbi galego entre o Mecalia Atlético Guardés e o Conservas Orbe Zendal BM Porriño / SPORTCOEO

O Porriño vence ao Guardés que se despide da Liga Guerreras Iberdrola (15-20)

por Redacción As Nosas
02/05/2026
0

  • O equipo miñoto caeu este sábado ante o Balonmano Porriño no seu segundo Derbi As Nosas da semana...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Caja Rural Aula Valladolid / BALONMANO PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño cede un empate ao Caja Rural Aula Valladolid no último momento (20-20)

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

Cando todo parecía indicar que o Conservas Orbe Zendal BM Porriño ía conseguir levarse o cruce contra do Aula Cultural...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.