• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Prata para María Filgueiras na Copa de España Féminas Cofidis

A xornada celebrouse en Pontevedra, onde tamén competiron Lorena Patiño e Lara Fuentes

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
28/03/2022
en Sobre rodas, Máis Deporte
Prata para Filgueiras na Copa de España Féminas Cofidis / FGC

Prata para Filgueiras na Copa de España Féminas Cofidis / FGC

198
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Por segunda temporada consecutiva a Copa de España de Féminas Cofidis fixo parada en Pontevedra. Cun ambiente excepcional e unha temperatura primaveral, a cidade do Lérez acolleu este domingo tres carreiras.

Entre as cadetes, brillaron as ciclistas galegas coa deportista de Miño María Filgueiras (Río Miera), encabezando a gran actuación das cadetes autonómicas e colgándose a prata.

Calidade nas cadetes na Copa de España

Nun percorrido de 44,2 quilómetros, co Alto da Porteliña como única dificultade montañosa, a navarra Paula Ostiz impúxose en solitario nesta proba da Copa de España, con 1:23 de vantaxe respecto a Filgueiras. A galega, que adestra co Caimanes Betanzos, cruzou a liña de meta con 8 segundos de marxe sobre a terceira.

Estivo preto do podio a pontevedresa Lorena Patiño (Compostelano), quen pugnou pola terceira praza do podio, pero entrou cuarta, por detrás de Leyre Almena (Hyunday Koryo) e por diante de Esmeralda Racionero (Sanse).

O pelotón chegou 25″ despois coa coruñesa Lara Fuentes (Cambre) meténdose ao esprint e obtendo a sétima posición. A gañadora da Copa Galicia da pasada campaña asinou o terceiro resultado das corredoras autonómicas dentro do top-10.

Júniors e masters

Segundo informa a Federación Galega de Ciclismo, a carreira júnior estivo marcada pola longa escapada protagonizada por Lukene Trujillano. A ciclista do Arabarrak camiñou en solitario desde os primeiros quilómetros, chegando a acumular unha vantaxe próxima aos dous minutos con respecto ao pelotón; un gran grupo que, con todo, dáballe caza na subida ao Alto da Porteliña, que ademais provocaba un corte na cabeza de oito ciclistas que se xogarían a vitoria.

Na chegada reducida ao sprint, Laia Bosch (Ataraxia) mostrábase como a máis forte para vencer por diante de Eneritz Vadillo (Seguros Bilbao- Miribilla) e Carolina Leonardo (Río Miera–Meruelo–Cantabria). Sonia Domínguez (Team Farto), duodécima a 2:01, foi a mellor galega. Deste xeito, Eneritz Vadillo vístese como nova líder do circuíto estatal ante a ausencia na cita de Lucía García, sexta na Gent-Wevelgem coa selección española.

Nas categorías máster, as victorias foron para Rocío Martín nas máster-30, que chegou co grupo cabeceiro de juniors; para Carolyn Gaskell nas máster-40, con Cristina Molina (Norinver), Paula Blanco (Monte Xalo) e Rocío Rey (Lasal Cocinas – Louriña) facendo cuarta, quinta e sexta, respectivamente; e para Raquel Montañés nas máster-50.

Elite-Sub23

A carreira elite, encargada de pechar a xornada da Copa de España, deparaba desde os primeiros compases un bonito espectáculo debido ao forte ritmo imposto nos quilómetros iniciais. Un ritmo que non permitía escapadas e que ía desgastando un pelotón do que se desprendían unidades aos poucos.

Probárono, entre outras, Irene Méndez (Bizkaia-Durango), moi activa toda a xornada, Lixa Laizane (Eneicat-RBH), Mireia Trías (Massi-Tactic) e Carolina Esteban (Río Miera-Cantabria), pero sen sorte, sendo cazadas escasos quilómetros despois.

A primeira subida ao Alto da Porteliña xa perfilou a carreira e deixou un corte cabeceiro de 18 unidades no que viaxaba Nadine Gill (Sopela), líder da competición. A que non logrou entrar nese grupo foi a líder sub23, Catalina Soto (Bizkaia-Durango), que trataba de volver enlazar cun bo traballo do seu equipo.

O corte de 18 ciclistas volvería romper no segundo paso por Porteliña, onde Gill apertaba e seleccionaba o corte ata deixalo con só tres ciclistas, sendo esta acompañada polo seu compatriota alemá Ricarda Bauerfeind (Canyon-Sram) e a navarra Idoia Eraso (Bizkaia-Durango).

As tres, xa cunha marxe en torno ao minuto respecto ás perseguidoras, entendéronse á perfección para camiñar xuntas ata a meta, abocando o final a un bonito esprint no que Bauerfeind resarcíase do seu segundo posto en Beasain, impoñéndose por diante de Gill e Eraso. A mellor galega, María Jesús Barros (Team Oiense), clasificouse 26ª a 2:07. Deste xeito, Gill retén a camisola de líder e Eraso vístese co de mellor sub23.

A próxima semana a Copa de España volve coa disputa en Noja (Cantabria) da súa terceira cita.

Etiquetas ciclismoClub Ciclista Cambre CaeiroCompostelanoFederación Galega de CiclismoLara FuentesLorena PatiñoMaría FilgueirasMiño
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Campionato de Galicia BTT Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos galegos co de BTT Resistencia

por Redacción As Nosas
16/02/2026
0

Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. A ciclista do Xesteiras ten gañado os campionatos de Galicia...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.