Durante a fin de semana, Ourense acolleu o XV Torneo Ciudad de Ourense, celebrando a I Proba do Circuíto Galego de Volei Praia. Nel, a parella feminina do CV Praia Milenio, equipo anfitrión, colgouse a medalla de prata. As ourensás tamén competiron no Circuito Madison en Madrid, rematando na quinta posición.
Na proba galega, onde o Praia Milenio formou parte da organización, os partidos disputáronse nas instalacións deportivas de Oira. O equipo feminino estivo formado por Ángelica Orobio, Rebeca Kruse, Sara Amarelle e Calípoe García.
Todas partiron con opcións de entrar entre as catro mellores parellas do torneo, pero ifinalmente só Calíope García e Esther Agullo, do VPV, chegaron á final. Neste derradeiro encontro, a galega caaeu derrotada ante a parella do Voley Praia Vigo, formada por Mary de Burgo e Luci Paz.
O Praia Milenio no Circuito Madison en Madrid
Na competición nacional, a expedición do Praia Milenio estivo formada por Claudia Baños, Calíope García, Blanca Izquierdo, Nazaret Florián e Nuria Bouza. Todas elas partiron a Madrid coa intención de chegar á parte alta do cadro final. Porén, o alto nivel do torneo fixo que só a parella de Florián e Bouza xogaran por unha praza nas semifinais.
As galegas enfrontáronse á parella olímpica formada por Lili e Elsa, que demostraron a súa condición de favoritas durante todo o torneo. Finalmente, o Praia Milenio rematou na quinta posición.