• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Prades: “A tempada deixa un sabor agridoce pola maneira de finalizar”

O Atlético Guardés despídese da Liga no terceiro posto e logra, como cuarto ao termo da primeira volta, billete para a reestruturada EHF European Cup | Prades, xa renovado, fai balance dunha tempada atípica mentres segue coa planificación

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
13/05/2020
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Prades, adestrador do Atlético Guardés | ©Coeco.creative

Prades, adestrador do Atlético Guardés | ©Coeco.creative

82
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Mecalia Atlético Guardés, dirixido polo técnico José Ignacio Prades, despídese da tempada 2019-2020. Un curso atípico marcado pola irrupción a nivel mundial da pandemia do coronavirus e que por cuestións sanitarias deuse por finalizado a falta de seis xornadas e cunha fase final da Copa da Raíña no aire.

Así, nun contexto pouco habitual, o club do Baixo Miño logra unha terceira posición na Liga Guerreiras Iberdrola e a clasificación para a EHF European Cup como cuarto -ao outorgar a RFEBM as prazas continentais en base aos resultados da primeira volta-. Entre poucas certezas e moitos interrogantes fai balance o técnico do Guardés, José Ignacio Prades, que a próxima tempada cumprirá un lustro na entidade.

José Ignaio Prades, adestrador Mecaliqa At. Guardés / AT. GUARDÉS
José Ignaio Prades, adestrador Mecaliqa At. Guardés / AT. GUARDÉS

Pregunta: A tempada 2019-2020 xa está finalizada oficialmente. Terceiras na Liga Guerreiras Iberdrola, de volta na fase final da Copa da Raíña e facendo camiño na Challenge Cup ata os cuartos de final. Como se valora e que sensacións deixa un curso que se despide raro?

Resposta: A tempada deixa un sabor agridoce pola maneira de finalizar. Non se puido acabar na pista, pero tanto o traballo como as sensacións nos últimos meses foron boas. O grupo ía crecendo conforme avanzaban as xornadas e as esperanzas de subir un banzo na liga estaban aí. Os dous primeiros non conseguiran gañarnos e aínda que o título era complicado xa que o Bera Bera estáballo gañado con suor…por que non pelexar pola segunda praza?

Tamén tiñamos moitas esperanzas na Copa da Raíña, unha competición coa que aínda non sabemos que pasará. Sempre nos quedará a espiña da competición europea. Tivemos as nosas opcións, pero sempre houbo unha resposta de Aula, a presión púidonos un pouquiño e as oportunidades que tivemos para canalizar o partido non as aproveitamos. A ida pesounos demasiado. Aínda así, a traxectoria creo que é para estar satisfeitos.

José Ignacio Prades, adestrador do Atlético Guardés: “A tempada deixa un sabor agridoce pola maneira de finalizar. Non se puido acabar na pista, pero tanto o traballo como as sensacións nos últimos meses foron boas”.

Rocasa Gran Canaria - Mecalia Atl. Guardés / ATL. GUARDÉS
Rocasa Gran Canaria – Mecalia Atl. Guardés / ATL. GUARDÉS

P: Para a próxima tempada haberá cambios na composición da Liga, non se sabe se a Copa Reina 19-20 poderase organizar finalmente e tamén se vivirá unha competición europea reestruturada, ao xogar na EHF European Cup. Como se planifica un tempada con tantos interrogantes no aire?

R: Temos que tentar anticiparnos ao que poderá ser a próxima tempada. Sobre todo en cousas xerais e que non nos imos a equivocar. Ata que non pase a Asemblea da Federación Española (13 de xuño, Madrid) non saberemos datas, aínda que se espera que entre finais de agosto e principios de setembro empece a competición.

Hai Europeo en decembro e Preolímpico en marzo, polo que o calendario terá que adaptarse a estas competicións. Coa competición europea volveremos vivir a situación de partidos mércores e sábado ou domingo e iso non será novo para nós. No que pensamos agora mesmo é en axustar ao equipo, buscar variantes, novidades, planificando sempre pero con esa dose de incerteza.

José Ignacio Prades, adestrador do Atlético Guardés: “Coa competición europea volveremos vivir a situación de partidos mércores e sábado ou domingo e iso non será novo para nós. No que pensamos agora mesmo é en axustar ao equipo”.

José I. Prades / ATL. GUARDÉS
José I. Prades / ATL. GUARDÉS

P: A día de hoxe, e cos tempos que se manexan, cando cre que os equipos de División de Honra poderán reincorporarse ao traballo?

R: Todo cambia dun día para outro. Gustaríame poder afirmar que a finais de xullo empezaremos a tempada, é o que nos gustaría a todos, pero de momento non me atrevo a dicir iso. As xogadoras van estar case cinco meses paradas e iso vai provocar que cambiemos cousas na preparación, tanto na previa como na pista. Teremos que reinventar o traballo.

José Ignacio Prades, adestrador do Atlético Guardés: “Gustaríame poder afirmar que a finais de xullo empezaremos a tempada, é o que nos gustaría a todos, pero de momento non me atrevo a dicir iso”.

Mecalia Atl. Guardés / ©COECO.CREATIVE
Mecalia Atl. Guardés / ©COECO.CREATIVE

P: Por adiantar máis pinceladas do proxecto 20-21. De momento catro integrantes: José Ignacio Prades como técnico e as tres capitás África Sempere, Marisol Carratú e Lorena Pérez. Espérase reter ao groso do bloque?

R: Esperamos poucos cambios. Estamos moi tranquilos nese sentido, practicamente está o bloque renovado. Contamos cunhas tres baixas e un número de altas similar que esperamos anunciar nas próximas datas. O obxectivo será de novo conformar un plantel para competir con todos como nos anos precedentes, sabendo que non somos o equipo que ofrece mellores condicións económicas. Ao Guardés as xogadoras veñen polo traballo, por como se vive o balonmán, o aliciente da competición europea…

José Ignacio Prades, adestrador do Atlético Guardés: “Esperamos poucos cambios. Estamos moi tranquilos nese sentido, practicamente está o bloque renovado. Contamos cunhas tres baixas e un número de altas similar que esperamos anunciar nas próximas datas”.

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánLiga GuerrerasMecalia Atlético GuardésPrades
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.