• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

José I. Prades: “Alicia Fernández e Paula Arcos estiveron a un nivel moi alto”

O adestrador do Atlético Guardés foi segundo técnico das Guerreras nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
12/08/2021
en Balonmán, Máis balonmán
José I. Prades nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 / CEDIDA

José I. Prades nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 / CEDIDA

289
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

As Guerreras de balonmán acudiron á cita dos Xogos Olímpicos con triple representación galega. Á ferrolá de Valdoviño Alicia Fernández uniuse Paula Arcos, xogadora do Atlético Guardés, e tamén José I. Prades, adestrador do mesmo equipo e segundo técnico coa Selección Española.

O preparador, que puido vivir a experiencia olímpica desde dentro, encomia a actuación das dúas xogadoras, asegurando que “ambas estiveron a un nivel moi bo e moi alto”.

Alicia Fernández e Paula Arcos nos Xogos Olímpicos, segundo Prades

Sobre a galega, o adestrador afirma que “a min me gustou moito”. Antes da gran cita en Toquio, Alicia Fernández sufriu molestias por problemas físicos, “pero chegou nun bo momento de forma e foi moitas veces unha moi bo compás da dirección do equipo, deu moito dinamismo ao grupo, moveu con moito criterio o traballo e foi unha persoa disciplinada co que se lle pedía”.

Prades: “Póñolle unha nota altísima tanto a Paula como a Alicia polo campionato que fixeron”

Sobre a súa pupila nas filas do Guardés, Prades destaca como “era debutante e semellaba que non o era. Saltou con desenvoltura no partido de Francia. A súa aportación nese partido foi máis defensiva, que ofensiva pero creou perigo en ataque malia xogar nun posto que normalmente non ocupa. En defensa cumpriu, fíxoo moi ben e estivo moi atrevida e foi moi valente”.

En poucas palabras, o técnico afirma que “lle poño unha nota altísima tanto a Paula como a Alicia polo campionato que fixeron”.

Paula Arcos coa Selección das Guerreras / IHF
Paula Arcos coa Selección das Guerreras / IHF

Despedida de Toquio con sabor amargo

En liñas xerais, Prades admite que “creo que todos tivemos sensación un tanto amarga por non pasar a cuartos, con esa desazón porque ao final rematas o campionato cunha derrota ante un rival potentísimo como Rusia, que chegou á final olímpica coas francesas, ás que derrotamos na fase de grupos”.

As españolas foron eliminadas malia obter catro puntos na fase previa, na que competiron nun grupo “complicadísimo”, no que era difícil “pasar a corte”.

Prades: “Foi moi complexo competir nese grupo e creo que hai que quedarse con que competimos en moitos partidos e estivemos aí con opcións reais”

“Foi moi complexo competir nese grupo e creo que hai que quedarse con que competimos en moitos partidos e estivemos aí con opcións reais. Foi un empate o que nos deixou fóra. No mesmo grupo cos memos puntos pasaron como terceiros de grupo e nós con 4 quedamos fóra. Incluso con 3 puntos no outro grupo pasaron. Iso fala aínda máis da igualdade que houbo, do complexo que foi o noso grupo”, explica o adestrador.

Alicia Fernández no partido das Guerreras ante Brasil nos XX.OO / IHF
Alicia Fernández no partido ante Brasil nos XX.OO / IHF

Segundo Prades, a explicación estivo na falta de regularidade das Guerreras, aínda que “deportivamente o equipo exprimiuse e deu moitas veces todo o que todo o que tiña”.

Histórica vitoria ante Francia

As españolas comezaron a competición cunha derrota ante unha Suecia “que viña avisando de que xogaba moi ben”. Despois deste encontro perdido, as Guerreras precisaban gañar e o seu rival era Francia.

Históricamente, as españolas nunca conseguiran vencer ás galas nun duelo olímpico, así que o reto era maiúsculo, pero as xogadoras responderon. “Necesitábamos un punto de inflexión e unha reacción. O equipo fixo un partido super completo. Na segunda parte non te vou dicir que gañamos con facilidade pero creo que houbo distancia e a supimos administrar e manter. Non foi un partido cómodo pero foi un partido moi traballado e levamos unha vitoria máis que merecida e foi algo que nos animou”, recorda José I. Prades.

Guerreras de balonmán nos Xogos Olímpicos / RFEB
Guerreras de balonmán nos Xogos Olímpicos / RFEB

Máis adiante, España venceu a Brasil, pero cedeu ante Hungría. O último encontro as enfrontaba a Rusia, no que foi “un partido moi complexo. Rusia foi de menos a máis no campionato e meteuse na final olímpica porque estaba xogando fenomenal e derrotou a Noruega, que era unha das favoritas”. Finalmente, a Selección foi eliminada e non puido acceder a cuartos.

Promoción do deporte feminino galego desde Toquio

Porén, Prades, Fernández e Arcos puideron volver coa maleta cargada de aprendizaxe. O adestrador sinala a importancia de valorar a experiencia e espera que “sirva para que moitos e moitas deportistas se fixen en que o deporte feminino galego ten moito que dicir”.

O adestrador recorda a nomes como Teresa Portela ou Ana Peleteiro para subliñar “como sube o interese na muller deportista galega”, e asegura que os Xogos Olímpicos foron “unha experiencia inesquecible para todo o mundo”.

Así competiron as nosas olímpicas

Prades: “Espero que sirva para alentar a nenas e nenos a facer deporte”

O seu desexo é que “sirva para alentar a nenas e nenos a facer deporte e creo que foi unha moi boa lección, no sentido positivo, para aprender de todo”.

Prades: “Estar entre os 12 equipos que van a unha cita olimpica é un privilexio”

En resumo, Prades apunta a que, malia non lograr a clasificación para cuartos, “o equipo competiu e estivo con posibilidades. Cando pase o tempo darémoslle máis valor acudir a unha cita olimpica. Estar entre os 12 equipos que van a unha cita olimpica é un privilexio e vivilo desde dentro aínda máis”.

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánguardésJosé I. PradesToquio 2020Toquio 2021Xogos OlímpicosXX.OO.
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.