• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Teresa Portela liderará o equipo español de caiac desde Pontevedra

O conxunto de deportistas traballará coa olímpica galega con París 2024 como obxectivo

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
11/11/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
O equipo español de kayak trasládase a Pontevedra con Teresa Portela / SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE

O equipo español de kayak trasládase a Pontevedra con Teresa Portela / SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE

122
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O equipo español de kayak traladarase a Pontevedra para adestrar no Centro de Piragüismo de Verducido David Cal con Teresa Portela como líder do conxunto. A medallista olímpica acolle o proxecto que está encamiñado a París 2024.

Desde este mesmo mes de novembro, o ‘Programa de alto rendemento na modalidade muller kayak’ da Real Federación Española de Piragüismo preparará os próximos Xogos Olímpicos, formando e preparando ás sete mellores padexeiras españolas na modalidade de caiace as que contan con maiores opcións de clasificación olímpica.

Dentro deste grupo estarán as promesas galegas Lara Feijoo e Irene Lata, aínda que non forman parte do acordo alcanzado que inclúe o aloxamento e a manutención das padexeiras. Quen si entra no grupo liderado por Teresa Portela é a tamén irmandiña Carolina García do Náutico de Sevilla.

Tal e como informan desde a Secretaría Xeral para o Deporte, este programa é froito dun convenio asinado entre a Xunta de Galicia, a Real Federación Española de Piragüismo e a Federación Galega de Piragüismo.

, ́

El Equipo Nacional de Kayak Mujer, se concentrará en el CGTD, en Pontevedra.

Sabéis que me encantan los retos y tenemos uno muy ambicioso y a la vez, muy ilusionante. Preparar los Juegos de París 2024 pic.twitter.com/rW6QPj5wmW

— (@teriportela) November 8, 2021

Un convenio duns 225.000 euros

O convenio asinado a tres bandas para o desenvolvemento do Programa ‘Muller Kayak’ establece os compromisos asumidos por cada unha das partes asinantes. Deste xeito, os compromisos asumidos pola Real Federación Española de Piragüismo terán un custo aproximado de máis de 105.000 euros e serán seis embarcacións individuais K1, tres embarcacións dobres K2, dúas embarcacións cuádruplas K4, unha furgoneta para o desprazamento de deportistas, un técnico responsable, o servizo de fisioterapia, aloxamento para seis deportistas e a súa manutención durante as fins de semana.

Por parte da Secretaría Xeral para o Deporte, o custo dos compromisos asumidos ascende a uns 120.000 euros entre unha embarcación a motor para o seguimento do adestramento, un nutricionista, un psicólogo, un médico especialista en medicina do deporte, manutención durante a semana para seis deportistas, combustible para embarcacións e furgoneta, suplementación e axudas ergoxénicas, test de antíxenos COVID para as deportistas, hangar para as embarcacións, ximnasio, sala de ergómetros, sala de fisioterapia e sala de reunións.

Pola súa banda, a Federación Galega de Piragüismo comprométese a poñer a disposición do grupo ‘Muller Kayak’ as instalacións xestionadas pola FEGAPI, así como a colaborar cos los medios materiais e técnicos necesarios para o adestramento e competición dos deportistas do grupo de Alto Rendemento.

Segunda vez en augas pontevedresas

Esta será a segunda vez que o equipo estatal feminino de caiac prepare un ciclo olímpico en augas pontevedresas. A anterior foi a correspondente aos Xogos Olímpicos de Pequín no 2008. Aquela ofi a última vez que Teresa Portela preparou en grupo a gran cita olímpica. Os seguintes ciclos preparounos en solitario, sempre baixo as ordes de Daniel Brage.

Segundo indica a Real Federación Española de PIragüismo, o novo escenario de traballo creado no CGTD e en Verducido permitirá a Portela explorar diversas posibilidades a nivel competitivo, sempre en vista á cita francesa, xa que a o K1 200, co que obtivo o ouro en Toquio, quedou suprimido do novo programa olímpico.

Confianza no piragüismo galego

O programa presentouse nun acto que tivo lugar no salón de actos do complexo náutico de Verducido e no que estivo presente o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, así como os presidentes das federacións española e galega, Pedro Pablo Barrios e José Alfredo Bea, as participantes do programa, así como o director técnico do proxecto, o tamén galego Daniel Brage.

Lete Lasa amosou a súa satisfacción de que Teresa Portela “cumprira a súa ameaza” de prepararse para participar nos seus sétimos Xogos Olímpicos e de que ademais o faga na que é a súa casa desde o ano 2009, o CGTD é o complexo náutico de Verducido.

Teresa Portela fai historia

Ademais animou tamén ás demais participantes do programa como son as padexeiras Mirian Vega do Grupo Cultural Covadonga, Begoña Lazcano do Donostia Kayak, Sara Ouzande do Kayak Tudense, Laia Pelachs do Club Natación Bañoles, Mirella Vázquez do Club Deportivo Fresno de la Ribera e a tamén galega, Carolina García do Náutico de Sevilla, que estivo a piques de clasificarse para Toquio e que “sen dúbida o logrará nos Xogos de París”.

Para o secretario xeral, Teresa Portela, “a única medallista na historia do piragüismo español en augas tranquilas e a única muller española capaz de clasificarse para seis citas olímpicas, que en París serán sete, é a mellor líder desta xeración”. O secretario xeral tamén tivo palabras de agradecemento para as padexeiras da FEGAPI, Irene Lata e Lara Feijoo que “se nutrirán do gran coñecemento e experiencia das súas compañeiras ao longo do programa”.

Portela: “(Portela é) a única medallista na historia do piragüismo español en augas tranquilas e a única muller española capaz de clasificarse para seis citas olímpicas, que en París serán sete, é a mellor líder desta xeración”

Lete Lasa subliñou o “evidente peso galego” do programa ‘Muller Kayak’ e destacou que non é a primeira vez que a Real Federación Española escolle a Galicia como epicentro do piragüismo nacional. Neste sentido destacou como, en agosto do presente curso, “firmamos un convenio que apostaba tamén por Verducido para a preparación dos adestramentos do Campionato do Mundo Júnior, sub 23 e absoluto na modalidade de canoa masculina e canoa feminina de augas tranquilas; así como o desenvolvemento do programa de alto rendemento na modalidade de canoa masculina en augas tranquilas”.

O mandatario galego destacou que, das 19 medallas históricas coas que conta España no medalleiro histórico dos Xogos Olímpicos, un total de 12 -o 63%- teñen acento galego, como a de Portela. “Seguro que na vosa estancia aquí empaparédesvos dese acento e desa excelencia saída das padexadas de David Cal, Perucho, Ramos Misioné, Enrique Míguez, Cristian Toro, Rodrigo Germade, Carlos Arévalo e, sobre todo, Teresa Portela”.

Etiquetas Federación Galega de PiragüismokayakpiragüismoReal Federación Española de PiragüismoTeresa Portela
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

A padexeira Araceli Menduiña / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGÜISMO

Araceli Menduíña, ouro no europeo de maratón de piragüismo na proba de Paracanoe KL3 Women

por Redacción As Nosas
28/06/2026
0

O Campionato de Europa de Maratón 2026, que se disputou en Bascov-Pitești, Romanía, deixou un total de oito medallas con...

O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI) vai crear a primeira Rede galega de voluntariado náutico seguro, unha estrutura pioneira en...

Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

O piragüismo galego ten este sábado unha nova cita do calendario autonómico coa celebración do Campionato Galego Xunta de Galicia...

Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

por Redacción As Nosas
11/07/2025
0

  O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que a Xunta de Galicia concede a Medalla Emilia Pardo Bazán á...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.