A cancerbeira pontesa Malena Mieres e a tamén galega Lucía Pardo recibiron a chamada da seleccionadora estatal Sub-23 de fútbol Laura del Río. A porteira galega, que arestora milita no Real Betis Balompié, e Lucía Pardo, que xoga no Madrid CFF, están citadas para a concentración que a Selección Española Sub-23 iniciará o vindeiro xoves 1 de setembro en Madrid.
O equipo español que adestra Laura del Río viaxará o día 3 a Gotemburg e desde alí a Jönköping. Será nesa cidade, concretamente no recinto deportivo de Stadsparksvallen, onte mida forzas coa selección de Suecia a partirs da 18:00 horas. Alí estarán Malena Mieres e Lucía Pardo.

Esta é a lista de 23 futbolistas convocadas entre as que están as galegas Malena Mieres García e Lucía Pardo Méndez:
| Club | Jugador |
|---|---|
| ATHLETIC CLUB | Oihane Valdezate Cabornero Paula Arana Montes |
| FC BARCELONA | Gemma Font Oliveras |
| REAL BETIS BALOMPIÉ SAD | Malena Mieres García Rosa Márquez Baena |
| LEVANTE UD | Paula Tomás Serer María Méndez Fernández Paula Fernández Jiménez |
| MADRID CFF | Ruth Álvarez Bela Aida Esteve Quintero Lucía Pardo Méndez Itziar Pinillos Moreno |
| REAL MADRID CF | Lorena Navarro Domíguez Lucía Mª Rodríguez Herrero |
| AC MILAN | Silvia Rubio Ávila |
| SEVILLA FC | Ana Franco de la Vega |
| REAL SOCIEDAD DE FÚTBOL | Cecilia Marcos Nabal |
| VALENCIA FÉMINAS CF | Berta Pujadas Boxi Ana Marcos Moral Anna Torrodá Ricart Enith Salón Marcuello |
| VILLARREAL CF: | María Llompart Pons Cristina Cubedo Pitarch |
Núria Rábano e Malena Mieres, dúas galegas que mudan de aires pero seguen na elite




















