• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Porriño colleita unha traballada vitoria diante do Adesal Córdoba (25-21)

A defensa das de Ismael Martínez e o acerto de Estela Carrera, gañáronlle a partida ás andaluzas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/02/2021
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Adesal Córdoba / BM PORRIÑO TW

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Adesal Córdoba / BM PORRIÑO TW

27
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Aínda que non se teña movido postos na táboa, a vitoria do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño ante o Adesal Córdoba é un importantísimo paso para as galegas de cara a afastarse dos postos perigosos da clasificación e pensando na segunda parte da competición. Con este trunfo traballado e loitado por 25-21, as galegas levan dous partidos gañados de xeito consecutivo. Estos dous puntos colleitados na 14ª xornada supoñen un balón de osíxeno para as do Porriño.

O Adesal tardou uns minutos en entrar no choque, algo que non desperdiciaron as galegas para iniciar o marcador que abría Inés Hernández. Co paso dos minutos o xogo se iría volvendo cada vez máis parello. De feito, no electrónico, a igualada ou único un punto por riba das locais era a tónica minuto tras minuto. Sucedíanse os ataques e o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño non conseguía despegarse.

O Adesal ponse por diante do Porriño

Aos 15 minutos de xogo, as andaluzas acadaron por primeira vez poñerse por diante. Un gol de Arminia Isic colocaba o partido 6-7. Esta tímida vantaxe visitante non durou máis ca un suspiro e as galegas volveron pór as táboas no marcador (7-7). De novo Arminina Isic, era a artífice da maior distancia que collerían en todo o partido as visitantes 8-10.

Isma Martínez viulle as orellas ao lobo e pediu tempo morto. Desde ese momento o partido mudou de rumbo. Outra vez, as galegas recurtaban e, desta volta, para non deixar que as cordobesas volveran a pórse por diante en todo o encontro. De aí ao final da primeira parte, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño iría collendo distancias ata chegar ao descanso cun 15-11 que asinaba, case sobre a bucina, unha das xogadoras destacadas do partido, Anthía Espiñeira.

A segunda metade foi das galegas

Xa na segunda metade, a igualdade da primeira parte foi quedando no pasado. As galegas foron xestionando a súa vantaxe de catro goles. As andaluzas so chegaron a achegarse a dous puntos (17-15) no minuto 6 do segundo periodo, de novo, o remate foi de Arminia Isic. Non sendo a máxima goleadora do Adesal Córdoba, o certo é que foi a xogadora que anotou os tantos que máis meteron no partido ás andaluzas.

Os contragolpes das galegas do BM Porriño foron conseguindo recuperar esa distancia no marcador. Mónica Oliveira sería a autora do último tanto das galegas que se quedaron a un gol de igualar o golaverage do partido da ida na Fuensanta. Unha cuestión que pode non ser de pequena importancia de cara á segunda fase da competición cando, previsiblemente, ambos os dous equipos loiten por manterse na Liga Guerreras Iberdrola o vindeiro curso.

Deste xeito, a defensa das de Ismael Martínez, sumada ao acerto de Estela Carrera na portaría, gañoulle a partida aos ataques das andaluzas do Adesal Córdoba que adestra Rafa Moreno.

O @BmPorrino afástase dos postos perigosos co segundo triunfo consecutivo na #LigaGuerrerasIberdrola diante do @BalonmanoAdesal @RFEBalonmano
🔹Decisivo un parcial de 9-1 mediado o encontro (do 8-10 ao 17-11)
🔹Anthía Espiñeira, Inés Hernández e Ana Cerqueira, as goleadoras pic.twitter.com/hUloMzuQMi

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) February 28, 2021

FICHA TÉCNICA

25) CONSERVAS ORBE RUBENSA PORRIÑO: Estela Carrera, Lopes (3), Alba Dapena (3), Inés Hernández (4), Ana Isabel Cerqueira (4), Anthía Espiñeira (5) e Soares (-) – sete inicial -. Tamén xogaron: Alicia Campo (1), Sarai Samartín (1), Mónica Oliveira (2), Sandra Fernández Couñago (2), Arima López (-), Aitana Santomé (-), Ayelén (-), Tavares e Carme Castro (-).

21) ADESAL CÓRDOBA: González, Bonazzola (1), Roda (2), Reyes (7), Vacas (-), Guerisoli e López (6) – sete inicial -. Tamén xogaron: Arminia Isic (4), Monros (-), Chelaru (-), Valero (-), Ruiz (1) e García (-).

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 3-2, 5-3, 6-6, 9-10, 11-11 e 15-11 – descanso – 17-13, 19-16, 21-17, 22-18, 22-19 e 25-21.

ÁRBITROS: Hoz e Riloba. Excluíron a Espiñeira, Alba Dapena e Hernández, no BM Porriño, así como a Arminia Isic, Álvarez e Chelaru, no Adesal Córdoba.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 14ª xornada do Grupo B da Liga Guerreras Iberdrola disputado no pavillón Municipa do Porriño.

Etiquetas #porriñoAdesal CórdobabalonmánBM PorriñoConservas Orbe Rubensa Bm Porriño
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Porriño vs Zuazo / PORRIÑO

O Porriño vence pola mínima ao líder (20-21)

por Redacción As Nosas
12/04/2021
0

  A expedición ata Barakaldo do Conservas Orbe Rubensa Porriño presentábase como un reto, ao visitar as galegas ao Zubileta Evolution BM Zuazo,...

Atlético Guardés - KH-7 Granollers / SPORTCOECO

O Guardés accede á terceira praza tras remontar ao Granollers (24-23)

por Redacción As Nosas
10/04/2021
0

  O Atlético Guardés segue medrando na Liga Guerreiras, aínda que desta vez o fixo con sudor e lágrimas. As do Baixo...

Imaxe de arquivo dun partido entre Atlético Guardés e BM Granollers / ©SPORTCOECO

O Guardés a pola terceira praza nun partido ante o KH-7 Granollers que Prades prevé “igualadísimo”

por Redacción As Nosas
09/04/2021
0

  O Guardés recibe ao KH-7 Granollers no Inferno da Sangriña para buscar o asalto a terceira praza nun partido...

O BM Porriño coa súa afección / BM PORRIÑO TW

O Porriño intentará seguir sumando ante o líder, o Zuazo

por Redacción As Nosas
09/04/2021
0

  O Conservas Orbe Rubensa Porriño é terceiro na loita por evitar o descenso e quere seguir sumando para afianzar o...

O Atlético Guardés clasifícase para a fase fina da Copa da Raíña 2021 / ©SPORCOECO

O Atlético Guardés, á fase final da Copa da Raíña

por Redacción As Nosas
08/04/2021
0

  O Atlético Guardés estará na fase final da XLII Copa de SM a Raíña que os días 21,22 e...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
CRAT Residencia Rialta vs Les Abelles / ALBERTO SEGADE

O CRAT xa coñece o seu calendario no grupo pola permanencia

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
CRAT Residencia Rialta vs Les Abelles / ALBERTO SEGADE

O CRAT xa coñece o seu calendario no grupo pola permanencia

12/04/2021
Prol e Lavado, convocadas coa Selección / EMEVÉ

Prol e Lavado, convocadas coa Selección Española

12/04/2021
María de Valdés no FINA WS DOHA. A nadadora estará en xuño no Preolímpico para Toquio 2021 / RFEN

María de Valdés xa non ten que elixir entre preolímpico ou Europeo

12/04/2021
Porriño vs Zuazo / PORRIÑO

O Porriño vence pola mínima ao líder (20-21)

12/04/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.