As xogadoras do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño reciben este mércores ás 20:00 horas ao actual líder da Liga Guerreras Iberdrola, o KH-7 BM Granollers. As catalanas, con dous partidos menos que as galegas, están a ser invencibles na competición e chegan a este encontro da séptima xornada con oito puntos e na primeira posición, empatadas co Rocasa Gran Canaria.
Este partido, que será o último para as galegas deste 2020, dedicarase á campaña contra a violencia de xénero “NON á violencia de xénero”, impulsada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta e a Fundación do Deporte Galego conmemorando o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
As xogadoras do Conservas Orbe Rubensa do @BmPorrino xogan hoxe o seu último partido de 2020 contra o KH-7 Bm Granollers, un encontro dedicado á campaña contra a violencia de xénero “NON á violencia de xénero” ✋ que se poderá seguir a través da súa canle de YouTube. pic.twitter.com/zO3ZJ2RLrG
— S.X. da Igualdade (@igualdadenarede) November 11, 2020
De gañar ao líder a perder fronte ao colista: os anteriores encontros do Porriño
O conxunto de Isma Martínez busca deixar atrás a derrota fronte ao Adesal Córdoba, colista do grupo, da pasada xornada e recuperar as sensacións da vitoria fronte ao outro líder da competición, o Rocasa. Porén, o Porriño prevé que este partido contra o Granollers será complicado polos bos números do rival e polas baixas das galegas, que non poderán contar con Alba Dapena.
A esta baixa súmanse a dúbida de Arima López, que está entre algodóns tras un duro golpe no anterior duelo, e as molestias físicas de Anthía Espiñeira, Erica Tavares e Soraia Lopes, aínda que o adestrador conta con elas para o encontro deste mércores.
Enfronte das galegas estará un Granollers que leva sen xogar desde o 14 de octubre, ao detectarse un caso positivo no seu plantel. As catalás deberán xogar sen a pívot internacional Kaba Gassama, que está de baixa, o que significa que no seu lugar podería xogar a viguesa Carmen Prelchi.
Debido ás restricións sanitarias o encontro xogarase a porta pechada no pavillón municipal de O Porriño, pero os afeccionados poderán seguilo a través da canle de Youtube do Club Balonmano Porriño.
Hoy es día de partido‼️
Esta tarde contra @BMGranollers a las 20:00 ⏰
Podéis disfrutar del encuentro desde nuestro canal de YouTube💻#aRevolta #ligaguerrerasiberdrola pic.twitter.com/1WnOjbzmtq— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) November 11, 2020