• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Porriño non estará na fase final da Copa da Raíña 2023 en Málaga

Loitou ata o último minuto pero o Conservas Orbe Rubensa non foi quen de superar ao Atticgo BM Elche

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
31/01/2023
en Balonmán, Máis balonmán
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs BM Elche, na Copa da Raíña 2023 / YOUTUBE BM PORRIÑO

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs BM Elche, na Copa da Raíña 2023 / YOUTUBE BM PORRIÑO

72
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Non puido ser. Pese a loitar e moito, por facerse cun lugar na fase final da XLIV Copa da Raíña que se vai disputar en Málaga en abril, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño non puido superar ao BM Elche e acadar o seu billete.

Sabíase que o Atticgo Bm Elche ía ser un rival difícil de vencer. O conxunto visitante que viña dunha dinámica moi boa nas últimas xornadas da liga Guerreras Iberdrola. Aínda así, o equipo porriñés xogaba cun punto ao seu favor: a pista e a súa afección. O Pavillón Municipal do Porriño acollería un dos encontro copeiros que aspiraba a ser o máis igualado e con máis emoción.

O Atticgo Bm Elche empezou movendo a bóla con Nuria Andreu aos mandos e Pipy Wolfs convertería o seu lanzamento desde a liña de penalti en gol abrindo o marcador a favor do seu equipo. Non tivo a mesma sorte, o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño que estaba a atopar dificultades para atacar a defensa ilicitana e que as mantería durante todo o primeiro tempo.

Casasola rompería a seca de máis de catro minutos na que estaba sumida o equipo porriñés e poñería o empate no electrónico (1-1). A defensa do Atticgo Bm Elche estaba a ser moi contundente e cambiante dependendo do momento de xogo no que se atopaba o seu rival.

Pasados os primeiros 10 minutos, o resultado mostraba igualdade (3-3). A defensa porriñesa foise crecendo co paso dos minutos que, xunto coas achegas de Estela Carrera baixo paus, mantíñalles preto no marcador. Con todo, as dificultades que estaban a atopar na faceta ofensiva o equipo local estaban a facerse notar. Así, no minuto 15, o Atticgo Bm Elche puxera o marcador ao seu favor cun parcial de 1- 4 ao seu favor.

Tras un contrataque de Aitana Santomé, o Conservas Orbe Rubensa poñeríase un tanto por baixo no minuto 17. Non tardaría Caro Bono en volver poñer o empate no electrónico e volver incorporar ao seu equipo na loita pola vitoria. A portería do Atticgo Bm Elche tamén se estaba facendo notar coas grandes intervencións de Nicole Morais.

A falta de cinco minutos para que finalizase o primeiro tempo, o equipo de ilicitano volvía estar por encima no marcador cun 7-9. O equipo de Rocamora púxose tres goles por encima a falta de catro minutos para terminar a primeira parte. #Ante iso, Isma Martínez solicitou o primeiro tempo morto do partido. Tras el, Carmen Prelchi conseguiu un sete metros a favor do seu equipo e a encargada de transformalo sería Caro Bono. Chegou o final da primeira parte e o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño foise ao descanso por baixo no marcador (8-12).

Final da primeira parte ‼️

Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño 8🆚 @cbm_elche 12

💻En directo por: https://t.co/Yb4oVjFklZ

Imos rapazas, aínda queda moito tempo💪👑#copadelareina pic.twitter.com/JWZBhB3cur

— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) January 28, 2023

Esta vez, sería a quenda do Conservas Orbe Rubensa BM Porrriño de poñer en movemento o balón e neste ataque, Buforn estrearíase no partido. Neste inicio, ambos os equipos estaban a competir cunha gran intensidade. Pero, o que máis estaba a destacar era o traballo nas porterías dos dous conxuntos con grandes paradas.

Aos poucos, o Conservas Orbe Rubensa BM Porrriño foi recortando distancias. En ataque, o equipo galego estaba a optar por ataques posicionales cun xogo de cruces entre as xogadoras, pero non estaban a transformar os lanzamentos en gol. En defensa, as porriñesas continuaban apostando por un 6:0 con moitas disuasiones. Minuto 10 do segundo tempo e o marcador estaba 13-15 a favor das ilicitanas.

OConservas Orbe Rubensa BM Porrriño non daba roto a barreira de dous goles que lles separaba do empate, pero Alicia Campo sería a encargada diso co seu gol desde o pivote. Ao verse tan só un gol por baixo, Rocamora pediu tempo morto.

Xa preto do último cuarto, minuto 14:08, o Atticgo BM Elche enfrontábase a unha dobre exclusión. Nestes minutos, o Conservas Orbe Rubensa BM Porrriño empataría de novo o partido que estaba a ser unha continuo tira e afrouxa.

Entrados nos últimos 10 minutos, o resultado estaba de novo a favor do Atticgo (16-19). O Conservas Orbe Rubensa estaba a volver a ter problemas en ataque.

Buforn botouse o equipo ás costas tras dous goles desde a liña de penalti. Non sería menos e Fátima Ayelén pararía un penalti que aproveitaría o seu equipo para que Carmen Prelchi puxese o empate a falta de 5:30 minutos para o final. A defensa porriñesa creceu cos ánimos da súa afección.

Un gol abaixo para o Porriño a un minuto do final

Os últimos minutos estaban a ser frenéticos no Municipal do Porriño. A falta dun minuto para o final, o marcador estaba con 19-20 en contra do conxunto local e tras o penalti marcado por Pipy Wolfs para coller unha vantaxe de dous goles para o seu equipo, Martínez pediu tempo morto e co que o conxunto porriñés conseguiría un penalti ao seu favor transformado de novo por Buforn.

A falta de 10 segundos, o Conservas Orbe Rubensa subiu o seu defensa e sería a quenda de Rocamora para o tempo morto. Despois diso, Guilabert marcaría gol e con iso, o Atticgo BM Elche sentenciaría o seu pase a cuartos para a Copa da Raíña. O Porriño, a pesar de loitar ata o final, non puido darlle a volta ao resultado (20-22).

Non puido ser. A pesar de loitar ata o final, o noso equipo non estará na próxima Fase Final da #copadelareina 👑

Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño 20🆚 @cbm_elche 22

🔴 Grazas a toda a afición e grazas a este equipo por facernos disfrutar. Cabeza moi arriba

📷 @xoelgil pic.twitter.com/l5nLdessTO

— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) January 28, 2023

FICHA TÉCNICA

20) CONSERVAS ORBE RUBENSA BM PORRIÑO: Carolina Bono (3), Micaela Casasola (3), Alicia Campo (1), Malena Valles (3), Inés Hernández, Aitana Santomé (1), Ariana Portillo (1), Maider Barros (1), Sarai Samartín (1), Paulina Buforn (5), Carmen Prelchi (1), Carme Castro, Fátima Ayelén, Estela Carrera e Begoña Otero.

22) ATTICGO BM ELCHE: Ekaterina Zhukova, Tessa Van Zijl (3), Lisa Oppedal, Celia Guilabert (4), Patricia Méndez, Nuria Andreu, Danila So Delgado (4), Clara Gascó, María Flores, Zaira Benítez (2), Pipy Wolfs (4), Paola Bernabé (2), Alexandra Do Nascimento (3), Raquel Moré, Pamela Rodrigues e Nicole Morales.

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 1-1, 3-3, 4-7, 7-7, 7-9, 8-12, DESCANSO, 10-13, 13-15, 16-19, 19-19, 20-22.

EQUIPO ARBITRAL: A parella arbitral estivo formada por José Carlos Friera e Andrés Rosendo. Por parte do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño excluíron a Inés Hernández e Maider Barros. Nas filas do Atticgo BM Elche excluíron a Ekaterina Zhukova, Patricia Méndez, Danila So Delgado e María Flores.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda fase da XLIV Copa de S.M. a Raíña.

Etiquetas #porriñoAtticgo Balonmano ElchebalonmánConservas Orbe Rubensa Bm PorriñoelcheIsmael Martínez
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BM PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño imponse 23-18 ao Grafometal Sporting La Rioja

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O partido comezou igualado, con defensa intensa por ambos dous equipos. O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño impuxo o seu...

Elda vs Mecalia Atlético Guardés da Liga Guerreras Iberdrola / VICEN MUÑOZ

Volta á acción dos equipos galegos na Liga Guerreras Iberdrola con senllas vitorias logo do parón de seleccións

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  A Liga Guerreras Iberdrola chega á súa duodécima xornada despois da interrupción provocada polo Campionato do Mundo 2025, que...

As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

A Selección Española non foi capaz de facer fronte á anfitrioa do torneo e dixo adeus ao soño mundialista que...

Selección de España de balonmán feminino / CSD IG

As Guerreras perden ante Serbia o primeiro partido da ‘main round’ do Mundial (29-31)

por Redacción As Nosas
03/12/2025
0

  A Selección Española Feminina de Balonmán estreouse cunha amarga derrota na Main Round do Mundial tras caer ante Serbia...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.