• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Opinión

Por respecto a Irene e ás outras pioneiras

Silvia Carregal

Silvia Carregal por Silvia Carregal
16/12/2020
en Opinión
73
COMPARTIDOS
243
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Cando pensamos en pioneiras do fútbol galego a moitas de nós vennos inmediatamente á mente o Karbo. Seguramente a moitas delátanos a idade. No meu caso, confésovos que é así. Cando penso en pioneiras os recordos de partidos vividos en familia, nalgúns casos até a pé de herba, agroman á par que o sorriso. Á mente regresan as imaxes de momentos vividos de cativa cando eran as mulleres fútbolistas coruñesas as facían que se encheran  campos para gozar da maxia da redonda, e as nenas que soñabamos con ser coma elas e poder facer o que máis nos prestaba: darlle patadas a un balón horas e horas. Grazas a elas, creiamos que era posible. Se las podían, nós tamén.

Ter referentes lle chaman a iso. Por ese motivo a visibilidade das deportistas é fundamental para que novos talentos xurdan. Este proxecto, As Nosas, ten entre doutros ese obxectivo: que elas sexan protagonistas e as máis novas teñan así referentes.

Pero o certo é que antes daquel glorioso grupo de futbolistas que ás ordes de José Mañana romperon estereotipos e o gañaron todo, ou case todo, houbo outras que abriron camiño. Mulleres anónimas unhas e outras non tanto. Pero case todas foron quedando no olvido. Cada unha delas optaron algo tan sinxelo, e tan complicado ás veces, como decidir facer o que lles petaba, e punto.

Cada unha das pioneiras optaron por algo tan sinxelo, e tan complicado ás veces, como decidir facer o que lles petaba e punto

É o caso en Galicia da coruñesa Irene González Basanta, unha muller que hai un século xogaba entre homes, era admirada polas súas paradas (xogaba como porteira) e ate se meteu a directiva, xa que chegou a fundar o seu propio equipo. Na súa época acadou recoñecemento. Teño para min que ter a túa foto en plena rúa Real, aló polos anos vinte do 1900, non o conseguía calquera.

Irene era admirada e aplaudida. Pero logo do seu pasamento (moi noviña, por tuberculose), a cancerbeira que derrubara muros e fixera o que lle petara, caeu no esquecemento. Tornou en certo modo, nunha descoñecida para ás novas xeracións de futbolistas que pouco ou nada coñecían a súa figura, realmente destacada na historia do balompé feminino galego.

Fago exame de conciencia e admito que no que a min respecta nada sabía dela ata hai ben pouco. Aprendín da súa figura da man do libro ‘Pioneiras do Deporte en Galicia‘ que publicou a mestra universitaria Cristina López Villar. Trátase dunha obra editada pola Deputación da Coruña. Nesta publicación recóllese o papel de moitas das pioneiras do deporte na nosa comunidade en diferentes disciplinas, no caso de Irene, o fútbol.

Agora chega ás miñas man outra creación literaria que se centra na figura desta porteira da cidade herculina que admiraba a Zamora, do que era coetánea, e que adestrou a Chacho (aí é nada). O libro titúlase: “Irene y las puertas del fútbol”. Os autores da publicación, son ademais dous compañeiros de profesión dos que aman contar historias e o fan dun xeito delicioso. Por iso estou desexando mertelle o dente a estas case 200 páxinas que me achegarán máis á figura dunha desas mulleres ás que tanto lles debemos: as pioneiras.

Mulleres como Irene son persoas que dan en rachar teitos de cristal, ou de formigón se fai falta

Mulleres como Irene son persoas que dan en rachar teitos de cristal, ou de formigón (como bromeaba a alcaldesa da cidade, Inés Rey, na presentación do libro). Mulleres bravas que deciden poñerse o mundo por monteira e decidir por si mesmas o que queren na vida.

Nunca estaremos abondo agradecidas as que antes ca nos, andaron camiño, ás que deron pasos antes dos nosos, neste mundo do deporte e en tantos outros eidos da vida. E tampouco agradeceremos abondo ás valentes que non recuaron e negáronse a dar pasos cara atrás sobre territorio conquistado cara á igualdade real.

De nós dependen dous retos maiúsculos, seguir avanzando e educar ás que veñen por detrás para que sigan camiñando o seu propio camiño, o que decididan, pero sen límites, coa mirada ao fronte e os soños no máis alto.

Por respecto a pioneiras como Irene, a porteira que naceu no Campo da Leña e chegou a xogar no Parque de Riazor: non permitamos que ninguén nos diga que non podemos.

A historia da porteira coruñesa Irene recompilada nun libro

Etiquetas A CoruñaDépor ABANCAfútbolIreneKarboopiniónpioneirasSilvia Carregal
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Silvia Carregal

Silvia Carregal

Licenciada en Xornalismo e máster en xornalismo dixital. Directora de As Nosas. En 1994 iniciu súa andaina como xornalista deportiva. Ten traballado en televisión, prensa, radio, medios dixitais e axencias, asumindo diferentes responsabilidades entre das que estivo a de xefa de deportes. Nos anos oitenta participa, como xogadora, na fundación do Sal-Lence Fútbol Sala. Como xornalista puxo en marcha o espazo Ellas También Juegan adicado á visibilización do papel da muller no deporte en Galicia. En 2013 o colectivo MUDEGA premia a súa traxectoria xornalística pola achega á hora de visibilizar o deporte feminino galego.

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

15/05/2026
Luis López-Tulla, adestrador / POIO PESCAMAR

Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028

14/05/2026
Foro Sustentabilidade en instalacións deportivas / CLÚSTER DO DEPORTE

O foro de sustentabilidade de instalacións deportivas marca o camiño do novo modelo do deporte galego

14/05/2026
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.