• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Pontevedra, sede de nove mundiais ata o 23 de outubro nas modalidades de Grappling, Grappling-Gi e Loitas Olímpicas

É a primeira vez que España acolle os Mundiais de Grappling e Grappling-Gi, nas categorías U-17, U-20 e Absoluta | A cita deportiva conta con máis de deportistas 600 inscritas/os entre delas sete galegos dos cales tres son mulleres: Nerea Pampín, Vanesa Muiños e María José Raja

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
12/10/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Pontevedra, sede do Mundial do Grappling e Grappling-Gi ata o 15 de outubro, na presentación estivo Nerea Pampín / CONCELLO DE PONTEVEDRA

Pontevedra, sede do Mundial do Grappling e Grappling-Gi ata o 15 de outubro, na presentación estivo Nerea Pampín / CONCELLO DE PONTEVEDRA

151
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Pontevedra é a sede Mundial do Grappling e Grappling-Gi do 12 ó 15 de Outubro, con mais de 600 inscritas/os nos campionatos do Mundo e posteriormente, do 17-23 de outubro acollerá o Mundial de Loitas Olímpicas. Os mundiais que acolle Pontevedra pódense seguir vía streaming a través página web da United World Wrestling, previo rexistro. En total serán nove mundiais coa participación de 1.800 persoas chegadas desde 74 países e 103 deportistas españois dos que sete son galegos (tres deles mulleres).

Esta é a primeira vez na historia que España acolle os Mundiais de Grappling e Grappling-Gi, nas categorías U-17, U-20 e Absoluta.

Os deportistas galegos convocados para este mundial son:

  • Vanesa Muiños do Club IQ Fight de Porriño.
  • María José Raja, Ramón Placer e Marcos González do Club Sportfight de Ferrol.
  • Pablo Vázquez do Club Graiño de A Coruña.
  • Jose Manuel Eyo do Club CAMM de Santiago de Compostela.
  • Nerea Pampín do Keltoi de Vila de Cruces

Esta é a primeira vez que 7 galegos acuden a unha cita Mundialista, onde se agarda a presenza de 600 deportistas. O septeto de deportistas galegos realizou unha concentración previa para prepararse.

O Concello de Pontevedra acolle ata o domingo 23 de outubro nove campionatos do Mundo de diferentes disciplinas de Grappling e Loitas Olímpicas, converténdose deste xeito na cidade que organizará a competición máis grande do calendario internacional deste deporte e na que, por primeira vez, se celebrarán uns torneos mundiais tan extensos. Un evento que, atendendo ao número de competidores e á representación internacional, será o máis importante que albergue España despois dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992: preto de 1.800 acreditados que representarán a 74 países sobre os 3 tapices oficiais de Loitas Olímpicas de 12 x 12 metros instalados no Pavillón Municipal dos Deportes.

Un amplísimo despregue loxístico, humano (unhas 70 persoas, entre staff directo e alumnado de Ciencias do Deporte) e de infraestruturas que tamén inclúe a montaxe dunha carpa de 55 metros cadrados na parte traseira do Pavillón (destinada a quecemento e adestramento) e o emprego do Recinto Feiral para que os deportistas poidan xantar e realizar as pesadas durante os 12 días de competicións.

Trátase dun reto que as federacións Galega e Española de Loita lograron levar a cabo grazas á colaboración do Concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral para o Deporte e que terá un enorme impacto positivo a nivel turístico e económico tanto na cidade como nos municipios veciños, xa que o aloxamento dos equipos estará dividido entre Pontevedra e Sanxenxo, deixando un retorno moi elevado para a provincia.

WhatsApp Image 2022 10 10 at 12.00.59

O espectáculo está garantido cun deporte que está a medrar de xeito exponencial, aumentando sobre todo na competición feminina, xa que as mulleres representan un tercio dos competidores das Loitas Olímpicas e, no caso do Grappling e o Grappling-Gi, o 50% das inscricións, sendo a competición de maior repercusión mundial no crecemento do deporte feminino que se celebra en Pontevedra. En concreto, a cidade poderá desfrutar nestas dúas semanas dos seguintes campionatos do Mundo:

  1. Campionato do Mundo U-17 de Grappling (masculino e feminino)
  2. Campionato do Mundo U-17 de Gappling-Gi (masculino e feminino)
  3. Campionato do Mundo U-20 de Grappling (masculino e feminino)
  4. Campionato do Mundo U-20 de Gappling-Gi (masculino e feminino)
  5. Campionato do Mundo Absoluto de Grappling (masculino e feminino)
  6. Campionato do Mundo Absoluto de Gappling-Gi (masculino e feminino)
  7. Campionato do Mundo U-23 de Loita Feminina
  8. Campionato do Mundo U-23 de Loita Libre Olímpica
  9. Campionato do Mundo U-23 de Loita Grecorromana

Ademais de poder desfrutar dos talentos emerxentes destas disciplinas a nivel internacional, os afeccionados galegos poderán vibrar animando a unha representación autonómica que, en Loitas Olímpicas, estará en mans de Nerea Pampín (Keltoi de Vila de Cruces), e en Grappling e Grappling-Gi, nas de Vanesa Muiños (IQ Fight de Porriño), María José Raja (Sportfight de Ferrol), José Manuel Eyo (Camm Santiago), Pablo Vázquez (Graiño Team de A Coruña) e Ramón Placer e Marcos González (Sportfight de Ferrol).

A propia Nerea Pampín protagonizou no Concello un acto de presentación oficial dos campionatos no que participaron o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández; o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez; o secretario xeral para o Deportes, José Ramón Lete; o presidente da Federación Galega de Loita, José Luis Olazábal; o xerente da Federación Española de Loita, Luis González Moreno, e mailo técnico da, Federación Galega de Loita (FEGALOITA) Pablo Pintos.

Nerea Pampín: “competir nunha competición deste nivel é sempre emocionante e facelo na casa aínda máis”

A loitadora galega Nerea Pampín sinalou que “competir nunha competición deste nivel é sempre emocionante e facelo na casa aínda máis”, algo que xa tivera oportunidade de sentir en 2019, cando se celebrou o Campionato de Europa na nosa cidade.

A deportista galega declarou estar “máis emocionada aínda porque é o meu último campionato como Sub-23, xa que non participarei nesta categoría o ano que vén. Todos os focos están postos en min e a miña cara está por toda a cidade, polo que un pouco de presión si que a sinto. É certo que Rusia é un referente en loita e que nos quitamos a uns deportistas moi fortes, pero seguen quedando moitos países do Leste que están a ter o mesmo nivel que Rusia e incluso máis, como é o caso de Ucrania, así que a competición segue sendo complicada”, explicaba a loitadora galega Nerea Pampín.

A loitadora Nerea Pampín / FEGALOITA
A loitadora Nerea Pampín / FEGALOITA

Un fito histórico cun enorme retorno económico para a provincia de Pontevedra

Tino Fernández calificou a celebración destes campionatos como “un fito histórico, que sitúa a Pontevedra no centro do mundo das loitas olímpicas e da organización deportiva, xa que organizar nove campionatos do Mundo é un luxo, un orgullo e unha responsabilidade que estamos seguros de cumprir, cun Pavillón dos Deportes cunha pista recentemente remodelada e que pode dar resposta a tódalas necesidades”.

O edil de Deportes do Concello de Pontevedra lembrou que, tras este evento, a cidade xa ten reservado no seu calendario un Campionato do Mundo Júnior para 2024, facendo fincapé no feito de que, ademais de fomentar o deporte e os hábitos saudables, este tipo de competicións “teñen un efecto moi importante sobre a economía local, e neste caso sobre a provincial, posto que a cidade non ten capacidade para abastecer de hoteis a todos os que nos visitan”.

“Pontevedra está ‘petada’, os hoteis están cheos, a hostalería está funcionando a un nivel moi alto, e nun momento no que actividade económica é tan importante, a tempada de turismo xa rematou e hai un menor trasfego de xente, resulta fundamental este retorno económico”, apuntou o tenente de alcalde.

Gorka Gómez, deputado provincial de Deportes, afirmou que “estamos ante o evento de loita internacional máis importante da historia, polo que é fundamental que o poñamos en valor e que as tres administracións xuntas sigamos apostando por este tipo de competicións, de relevancia mundial e con participantes de tantos países, e convertendo a Pontevedra na provincia do deporte”.

“Hai moitísimos voluntarios traballando para que esta cita sexa posible e un enorme esforzo do Concello e dos técnicos municipais para que as instalacións estean dispoñibles e poidan acoller a toda esta cantidade de xente. Tódolos eventos que se celebran na cidade Pontevedra sempre teñen éxito grazas ás persoas que están detrás”, apuntou o deputado provincial de Deportes.

Segundo o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, “desde o ano 92, dos Xogos de Barcelona, non houbo outro evento semellante no ámbito da loita”, co preludio que supuxo o Campionato de Europa de Loitas Olímpicas de 2019, “no que nos demos conta de que Galicia sabe loitar”. “Presentamos un grande campionato de Mundo, que son nove, en diferentes disciplinas e nos que teremos aos nosos mellores deportistas”.

Pontevedra, sede do Mundial do Grappling e Grappling-Gi ata o 15 de outubro, na presentación estivo Nerea Pampín / XUNTA DE GALICIA
Pontevedra, sede do Mundial do Grappling e Grappling-Gi ata o 15 de outubro, na presentación estivo Nerea Pampín / XUNTA DE GALICIA

José Ramón Lete Lasa lembrou o grande esforzo realizado por todo o deporte galego en xeral e pola loita en particular no contexto da pandemia e destacou a capacidade da federación galega que foi unha das máis proactivas na colaboración coa administración autonómica a través do programa ‘Adestra na casa’ ou da elaboración do protocolo FISICOVID-DXTGALEGO, que no caso dun deporte de contacto directo como a loita era dos máis complexos. Así, dixo, “os adestramentos de loita comezaron a realizarse con bonecos, máscara e distancia social sendo todo un éxito. Tanto é así que estes bonecos chegaron tamén aos centros educativos, cunha acollida enorme polos alumnos que practicaban a loita cos bonecos cun protocolo claro: hixienizar e volver utilizar”.

En canto se levantaron as restricións, a federación galega organizou en Santiago de Compostela os Campionatos de España sub-15, sub-17 e sub-23 de loitas olímpicas, “o maior evento de loita tras a pandemia”, e o bo traballo realizado posibilitou que Galicia e Santiago repetiran como sede en 2022.

José Luis Olazábal: “Este é o maior evento na historia das loitas desde que están implantadas en España”

O xerente da Federación Española de Lucha, Luis González Moreno, asegurou que “aquí, en Pontevedra, onde hai moitos anos xa organizamos uns campionatos de España en idade escolar, xa pasamos por tódalas categorías ata a sénior e celebramos multitude de campionatos nacionais, nos sentimos como en casa”. Ao seu xeito de entender, estes campionatos do Mundo supoñen “un paso moi importante, que non vai ser o último, e que estamos convencidos de que vai ser un éxito”.

José Luis Olazábal, presidente da Federación Galega de Loita, subliñou que “este é o maior evento que se fixo na historia das loitas desde que están implantadas neste país e tamén o máis grande a nivel internacional”, ao tempo que agradeceu a confianza que a Federación Española depositou en Galicia e Pontevedra para a súa organización.

Etiquetas fegaloitaGRAPPLING-GIloitaLoitas OlímpicasPontevedra
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lydia Pérez, loitadora internacional galega / FEGALOITA

Lydia Pérez lidera o ránking estatal de Loita feminina 2023

por Redacción As Nosas
12/12/2023
0

  A loitadora galega Lydia Pérez lidera o ránking estatal femenino de Loita toda vez que a Federación Española de...

Concentración no CEMAR da Selección Española U15 en Mondariz / FEGALOITA

O Complexo Natural CEMAR de Mondariz, centro estatal da loita feminina coa concentración da Selección Española U15

por Redacción As Nosas
20/10/2023
0

  O Complexo Natural CEMAR de Mondariz, é o lugar elixido para levar a cabo esta actividade con un marcado...

'Xogaloita: Xogando as Loitas Olímpicas' en Ponteareas / FEGALOITA

O Xogaloita do Plan Corresponsable chega a Ponteareas

por Redacción As Nosas
19/10/2023
0

  O Pavillón Municipal de Ponteareas acolleu unha xornada do 'Xogaloita: Xogando as Loitas Olímpicas', un mecanismo de visibilización dos...

Deputación de Ourense de loitas olímpicas de base / FEGALOITA

O municipal de Oira acolleu a 13ª Copa Deputación de Ourense de Loitas Olímpicas de categorías de base

por Redacción As Nosas
10/10/2023
0

  O pavillón municipal de Oira acolleu a 13º Copa Deputación de Ourense de Loitas Olímpicas en categorías base. A...

Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

por Redacción As Nosas
25/09/2023
0

  Susana Rodríguez Gacio non puido revalidar o seu título como campioa do Mundo na súa terra. Dentro do equipo...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

20/06/2025
Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

18/06/2025
Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

18/06/2025
Presentación da fase final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo / XUNTA DE GALICIA

Presentouse a final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo

18/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.