• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Rugby

O Pontevedra RC volve con ilusión e forza á competición regular

Despois de ter que estar apartadas do terreo de xogo polo illamento, as Irmandiñas regresan con ganas de estrear marcador ante o Hortaleza | Valle Viñas: "No último adestramento notei que só hay unha dirección: cara arriba"

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
05/02/2021
en Rugby, Máis Deporte
PRC vs Barcelona Universitari Club (BUC) / PONTEVEDRA RUGBY CLUB

PRC vs Barcelona Universitari Club (BUC) / PONTEVEDRA RUGBY CLUB

112
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A COVID-19 tocou indirectamente ao Pontevedra Rugby Club e impediu que disputase a terceira xornada competitiva. Pasado o tempo preventivo de illamento, as Irmandiñas volven ao campo xogando contra o XV Hortaleza RC. O duelo será este domingo, 7 de febreiro, ás 12:30 no debut das galegas na súa casa.

Este será un encontro difícil, pero se en algo destacan as galegas é na súa actitude determinada e positiva. Segundo apunta a xogadora Valle Viñas: “No último adestramento que tivemos no campo puiden notar que só hai unha dirección: cara arriba”.

As polo de agora colistas deberán dalo todo contra o sexto clasificado. O Hortaleza acumula tamén dúas derrotas no seu haber, que se engaden á vitoria acadada contra a AD Ing. Industriales Las Rozas no estreo da tempada.

No bando contrario, as Irmandiñas só puideron disputar dous partidos, cun saldo de dúas derrotas. Ademais, non puideron disputar a terceira xornada, polo que levan medio mes sen competir.

Por todo iso, a meta das galegas esta xornada, ademais de desfrutar do rugby, é estrear o marcador e saír da cola da clasificación.

Este parón forzado non baixou os ánimos no club de rugby galego. Lonxe diso, a paixón segue imperante nas súas filas e o segundo adestrador, Rubén Sanmartín, declara que “seguimos afrontando a Liga con ilusión”.

O Pontevedra RC medra ante a adversidade

Nas filas do Pontevedra RC saben ben como sobrepoñerse ante as adversidades. Un equipo montado en medio da tempada da pandemia, co propósito de mellorar o nivel do rugby galego e co único obxectivo de xogar ao deporte oval, non ía amedrentarse por unha pausa competitiva.

Rubén Sanmartín: “Estivemos adestrando todas xuntas desde casa e iso axudounos moito a mellorar a estruturación do equipo”

“Neste último parón tocounos seguir coas ganas vía telemática”, sinala o técnico. Non hai mal que por ben non veña, así que as Irmandiñas “estivemos adestrando todas xuntas desde casa e iso axudounos moito a mellorar a estruturación do equipo”.

En poucas palabras: “Cada vez é máis difícil atopar un quince titular porque están todas moi motivadas co proxecto”. Segundo apunta Sanmartín, “todas queren puntuar para que o club salga dos últimos postos da clasificación”.

O que tamén mellora semana tras semana é a complicidade e unión dentro do grupo. “En cada adestramento vemos que hai máis conexión entre as mozas, vemos que hai máis núcleos non só formados polas posicións no campo ou equipos de procedencia, senón que se ve máis a un grupo, un equipo”.

Rubén Sanmartín: “En cada adestramento vemos que hai máis conexión entre as mozas (…) Vése máis a un grupo, un equipo”

Superado este “medo” de non ter conseguido formar “unha boa conexión de equipo”, o de menos son os resultados. A esta valoración súmase Valle Viñas.

A xogadora considera que tras o parón, “o equipo está bastante ben porque creo que melloramos un montón. Vexo boas sensacións cara ao partido do domingo. Hai moitas ganas, moita melloría, tanto a nivel persoal como en conxunto”, afirma a Irmandiña.

Viñas coincide en que a confianza entre xogadoras é maior, polo que espera que “neste partido se faga visible a melloría que estamos experimentando”.

Posibilidades de vencer

As Irmandiñas aínda non anotaron ningún ensaio ou transformación esta tempada, pero se mostran confiantes na súa calidade.

A xogadora Valle Viñas analiza o estado no que se atopa o seu equipo, e conclúe que “se repetimos o que fixemos contra GE i EG, e temos un pouco máis de balóns ao noso favor, podemos chegar incluso a gañar”.

Na segunda xornada, as galegas conseguiron frear case por completo ao rival na segunda metade, pero a remontada quedou nun desexo.

Para esta ocasión, Viñas prevé “un partido interesante, moi igualado. Imos tratar de facelo o mellor posible”. Para iso, Alberto Fernández contará con quince deportistas á súa disposición.

Valle Viñas: “Hai moitas compañeiras que quedan no banco ou que nin sequera chegan a ser convocadas. Pero a pesar desa responsabilidade, véxonos con moitas ganas e moita forza!”

A galega estará dentro deste quince titular, polo que considera que ten moita responsabilidade “xa que hai moitas compañeiras que quedan no banco ou que nin sequera chegan a ser convocadas. Pero a pesar desa responsabilidade, véxonos con moitas ganas e moita forza!”, afirma convencida.

Este duelo poderá seguirse vía streaming a través das redes sociais do Pontevedra RC, xa que se celebrará a porta pechada.

“Esperamos poder ofrecer un bo partido aos espectadores e poder darlles alegrías á afección”, declara Rubén Sanmartín.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Pontevedra Rugby Club (@pontevedrarugbyclub)

Etiquetas División de Honor B rugbyirmandiñasPontevedra RCPontevedra Rugby ClubRubén SanmartínrugbyValle Viñas
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

CRAT Residencia Rialta / CRAT CORUÑA

Triunfo no primeiro chanzo da tempada para ao CRAT Residencia Rialta que vence 21-26 ao C.R. Sant Cugat

por Redacción As Nosas
05/10/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto...

Isa Rodríguez, cullerdense do CRAT, co trofeo de campioa de Europa 7s M18 / CONCELLO CULLEREDO

Isa Rodríguez, unha leoa cullerdense do CRAT, campioa de Europa coa Selección Española de rugby Seven M18

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  Con 17 anos, a cullerdense Isa Rodríguez proclamouse campioa de Europa de rugby, coas Leoas 7s M18. A deportista...

Presentación da primeira fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino que acollerá a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Celébrase na Coruña a 1.ª fase do Campionato de España de Rugby Seven feminino

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu en María Pita aos equipos participantes da primeira fase do torneo Campionato...

CRAT Residencia Rialta vs Eibar Rugby Taldea / JESÚS COLAR

O CRAT Residencia Rialta seguirá na Liga Iberdrola no curso 2025-26

por Redacción As Nosas
25/05/2025
0

  O CRAT Residencia Rialta conseguiu manter a categoría e seguirá xogando a vindeira tempada na Liga Iberdrola. As coruñesas...

Getxo Rugby vs CRAT Residencia Rialta / CRAT

O CRAT mantense na loita e pelexará pola permanencia na promoción

por Redacción As Nosas
02/03/2025
0

  As coruñesas do CRAT Residencia Rialta conseguiron un triunfo en Getxo e pelexarán pola permanencia na promoción. FICHA TÉCNICA ...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.