“Sete meses e sete días é o tempo que separa a I Marcha-Carreira pola igualdade Cidade de Pontevedra do día 08 de marzo da XXXVIII Gran Fondo-XXV Media Marathon Pontevedra 2020, que se disputaría o pasado fin de semana na capital galega do sur”, recorda a Federación Galega de Atletismo.
A vida é cíclica. E paradoxicamente foi o asfalto da cidade do Lérez o que pechaba a última proba oficial do calendario da FGA antes da chegada do confinamento pola pandemia de COVID-19. E xustamente agora volveron ser esas mesmas rúas quenes abriron a porta de novo as probas oficiais en ruta de atletismo, inaugurando así un novo tempo e formato competitivo nesta modalidade. Chegou deste xeito a nova normalidade ao atletismo en ruta e a saída estivo nas rúas pontevedresas.
O certo é que, actualmente, nada teñen que ver aquelas probas multitudinarias e aquelas aglomeracións que precedían as saídas das grandes citas do pedestrismo galego, onde un fervedeiro de atletas, público, adestradores, fotógrafos, afeccioados/as e demáis persoas, ateigaban as inmediciaóns dos distintos circuitos galegos. Para adaptarse a estas novas circunstancias houbo que redefinir completamente a filosofía competitiva e plantexar novos regulamentos que foran compatibles co estado de saude, prevención e regulación do momento.
A complicación das medidas de prevención en espazos abertos
Explican desde a FGA que si complicada foi a volta da competición ás pistas, “non menos o está sendo a volta ao asfalto por tratarse de espazos abertos nos que é moi complicado aplicar as medidas de seguridade e control máis alá das zonas de meta e saída. Malia elo, estas novas pautas que marcan unha nova realidade, deixarianse ver en Pontevedra con saídas escalonadas de atletas cada 20 segundos, unha limitación importante do número de participantes, un perfecto orden de distanciamento entre os deportistas, medidas extremas de hixiene e prevención,(…) por citar tan só algunhas”.
Trabállase nun protocolo para o atletismo en ruta
Segundo relatan desde a federación “a día de hoxe o protocolo específico que regula a actividade de ruta e que move ao cabo do ano máis de cen mil persoas polo asfalto da nosa comunidade, está a piques de ser aprobada pola Xunta de Galicia”.
Para a FGA “a idea é a de deixar atado calquera matiz que poida xurdir e derivar en situacións sanitarias adversas para os/as participantes polo que a disputa da media marathon da pasada fin de semana, representou un importantísimo test do que se extraeron importantes conclusións e sobre cuxo protocolo estiveron traballando de maneira coordinada tanto Concello de Pontevedra, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Federación Galega e Xunta de Galicia“.
Nesta ¨primeira proba¨ na nova normalidade compre unha especial mención aos organizadores do evento que foron Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
Sobre o Concello de Pontevedra desde a Federación Galega de Atletismo consideran que é “xusto recoñecer tanto a axuda dada ao desenvolvemento global do atletismo na cidade”. Tamén salientan “o seu decidido compromiso de apoio económico en moitas das iniciativas atléticas que acontecen, e que se traducirían por exemplo, na disputa do Campionato de Galicia Sub16 e Sub14 do pasado 10 e 11 de outubro”, tal e como explica nunha nota publicada na súa web a FGA.
O ente federativo destaca de igual modo o papel do club pontevedrés Sociedad Gimnástica pola “a capacidade organizativa da entidade”. Tratase dun club histórico, que foi fundado aló polo ano ano 1927, e é neste tempo, “todo un referente histórico do noso deporte tanto a nivel autonómico como nacional e que fan del nestes intres, o único club masculino que milita na División de Honra xunto ao femenino que compite na Primeira División”, lembra a FGA.