- Dominio das formacións galegas co primeiro posto final de Quixos, o segundo de Fluvial do Barco, ademais do cuarto de Cidade de Lugo que foi o terceiro mellor conxunto na modalidade Clásica.
- Esta é a primeira competición de carácter nacional que se organiza no Concello da Pontenova
As escuadras galegas foron as grandes dominadoras desta cita do piragüismo, co Quixos de Monforte no máis alto do podio e o Fluvial do Barco en segundo lugar. Tan só o Sicoris catalán, terceiro clasificado, coouse entre os conxuntos autóctonos nesa táboa final. O un río Eo que presentou unhas excelentes condicións de navegabilidade logo das choivas dos últimos días.
En canto aos resultados da competición, no C-1 para categoría feminina senior o triunfo fou para a padexeira do Sicoris Club Andrea Aguera Cruz cun tempo de 70.40, seguida da súa compañeira de club Alba Oronich Morancho (+3.63). No C-1 en categoría feminina cadete o triunfo foi para Noa Díaz Quintian do CM Y Pira. Quixos (67.53) seguida da súa compañeira de equipo Nerea Gutiérrez (70.48) e as padexeiras do Sicoris Club Julia Padilla (+3.52) e Lluna Busqueta Palmer (+4.15)
O triunfo na modalidade de K-1 senior feminina foi para a padexeira Mónica Santos Rodríguez cun tempo de 54.20. Seguille na liña de meta Enma Devesa Fernández do Cidade de Lugo (+3.11), e logo Andrea Aguera Cruz do Sicoris Club (+3.13). Posteriormente chegaron Alba Oronich (Sicoris Club), Marta Paradelo (Fluvila de O Barco), Andrea López (Cidade de Lugo), Valeria Romero (Cidade de Lugo), Yasmin Díaz (CM y Pira. Quixos) e Priscilia Serafín (Quixós).
A gañadora no K-1 feminino veteranas foi Marisol Airos Farran do Sicoris Club con 73.92, mentres que no K-1 feminino xuvenil o triunfo foi para a remeira do Cidade de Lugo Ainhoa Baamonde Ríos (79.84). E, finalmente, a vitoria no K-1 feminino cadete correspondeulle a Lluna Busqueta (Sicoris Club) cun tempo de 56.02, segunda foi Noa Díaz (Quixós)(+0.46), e terceira Julia Padilla (Sicoris Club)(+2.95).
O Cidade de Lugo pechou cun gran sabor de boca a súa participación e, á vez, a organización da 1ª Copa de España de Descenso. Os padeeiros da entidade lucense relacionáronse cos mellores equipos da liga Nacional de Augas Bravas e finalizaron na cuarta posición da xeral deste primeiro evento. O club organizador relacionouse así cos grandes dominadores desta disciplina e logrou unha terceira posición na clasificación por equipos clásica e un cuarto no xeral total.
Un éxito de público para A Pontenova
Á súa vez, a celebración por primeira vez dunha competición de carácter nacional na Pontenova supuxo un éxito de afluencia con centenares de persoas nas beiras do río Eo.
A próxima cita do calendario na liga Nacional de Augas Bravas será a 2ª Copa de España Clásica e Sprint e o Campionato de España de patrullas Sprint que se disputará os días 2 e 3 de abril na localidade ilerdense de Camarasa.