• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala

Ao mal tempo, boa cara

O Poio buscará unha praza nas semifinais do torneo do KO ante o Roldán | As galegas suman catro derrotas en Liga e perden a Clara por lesión para o que resta de tempada

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/02/2020
en Fútbol Sala
plantilla Poio Pescamar

POIO PESCAMAR

102
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Poio Pescamar Fútbol Sala buscará este sábado no pavillón da Seca ás 18:30 unha praza nas semifinais da Copa da Raíña que se disputarán no mes de maio en formato de Final Four nunha sede por determinar e á vez que o seu torneo homólogo masculino, a Copa do Rei. As galegas chegan tras un comezo de ano duro e covulso, con catro derrotas seguidas en Liga e a lesión de Clara para o que resta de campaña. Por iso, as de Raúl Jiménez queren mudar o chip coa Copa e poñer ao mal tempo boa cara.

Esta é a primeira vez que se organiza a Copa da Raíña baixo este nome e estilo de competición. Ata o de agora, a chamada Copa de España aglutinaba aos mellores clasificados ao terminar a liga nunha sede para dilucidar o campión.

No últimos tres anos, eran oito os equipos participantes e estas foron as ocasións nas que o conxunto galego tomou parte no devandito torneo, con derrota sempre nos cuartos de final. En 2017, ano no que O Poio foi anfitrión, caeron por 4–1 fronte ao Alcorcón. En 2018, en Cádiz, o Futsi Atlético Navalcarnero fixo o propio con resultado de 5–1. O ano pasado, en Burela, foi o Ourense Envialia quen mandou a casa as rojillas por un axustado 1–0.

O STV Roldán, conta cun baremo case idéntico en Copa. As súas participacións remóntanse por igual ao últimos tres anos, caendo en 2017 e 2019 en cuartos de final. En 2018, chegaron ás semifinais, nas que perderon fronte ao Burela. O conxunto de Torre Pachecho logrou nese mesmo curso por primeira vez ser campión de Liga. As pachequeras pecharon o seu mellor ciclo co título oficioso de campioas de Europa en abril de 2019 ao vencer ao Kick Off italiano.

Así pois, o novo formato do torneo do K.O. deu paso a todos os clubs de Primeira División e aos mellores de Segunda. En dezaseisavos de final, co condicionante da proximidade xeográfica, O Poio gañou por 1–5 ao Fisgón, mentres que o Roldán superou por 1 – 6 á Boca léache Futsal Sumidoiro. Para os oitavos de final mantívose o condicionante xeográfico e logramos o desquite ante o Ourense Envialia vencendo por 3–1. A escuadra murciana venceu no seu caso por 0–3 ao UCAM Elpozo Murcia.

Un comezo de ano complicado

Para a cita sabatina, as galegas chegan tras unha semana un tanto convulsa. O fin de pasado pasado en Navalcarnero as conserveiras sumaron a cuarta derrota consecutiva en Liga e, o peor, a lesión de Clara para o que resta de tempada. Certo é que, se todo vai ben, volverá xogar Andrea Feijoo, que non estivo precisamente nestes catro enfrontamentos ligueiros por unha rotura de fibras no cuádriceps. A súa última aparición remóntase xusto á anterior rolda da Copa, no que foi o primeiro partido do 2020 e a nosa última vitoria.

O Roldán arribará a terras galegas cunha dinámica diametralmente oposta. No que vai de ano só coñece o triunfo. Enlaza cinco consecutivos, contando os oitavos de final de Copa da Raíña e catro xornadas de Liga. A pasada fin de semana superaron por 4–2 ao Xaloc Alacant.

plantilla Poio Pescamar
POIO PESCAMAR

O precedente desta tempada é o empate a un gol no Pavillón Municipal Gabriel Pérez na xornada 14. Andrea adiantou ás pachequeras e Andrea Feijoo salvou un punto na segunda parte para as conserveiras. Actualmente, o Roldán ocupa a novena praza en liga con 27 puntos, cinco menos que o Poio, que se sitúa quinto con 32.

Non é a campaña que se esperaba no conxunto murciano, que tras os seus grandes éxitos non pode manter o alto nivel do que dispoñía. Entre algúns condicionantes pode estar a baixa de longa duración da súa capitá e internacional con España, Mayte Mateo, que aínda non xogou no que vai de tempada.

O Torneo do K.O. vivirá unha tarde de emoción no pavillón de A Seca ante unha afección galega que espera que o seu equipo remonte o voo neste 2020 e ante uns 50 afeccionados que acompañan á expedición do equipo de Roldán. Ademais, para aqueles que acudan con distintivos de cor vermella haberá sorteo de dúas camisetas do club.

Etiquetas Copa da Raiñafútbol salafutsalpoio pescamarRoldán
Comparte22Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.