• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Poio comproba que non hai rival pequeno pese a gañar 5-2

O Teldeportivo púxollo complicado ás galegas que sufriron para gañar ás grancanarias

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
15/11/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Poio Pescamar vs Teldeportivo / YOUTUBE POIO

Poio Pescamar vs Teldeportivo / YOUTUBE POIO

157
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Un dos clásicos do deporte “non hai enimigo pequeno”, o puido testar en carne propia o Poio Pescamar esta xornada na que gañou 5-2 ao Teldeportivo con non pouco sufrimento.

As galegas tiveron que se empregar a fondo para imporse a un teimudo e infatigable Teldeportivo que obrigou ás futbolistas do Poio Pescamar a porse o mono de traballo. A calidade e o esforzo insistente ante a meta rival foron os trucos do equipo conserveiro para poder levarse os tres puntos diante dun rival, en teoría, asequible.

Se cadra quen vexa o resultado final 5-2 para o Poio Pescamar pensa que non foi para tanto, que non pasaron apuros, pero si. O marcador non reflicte o cara que lle costou a vitoria ás galegas. As visitantes lograron empatar o partido até en dúas ocasións.

Poio Pescamar vs Teldeportivo / YOUTUBE POIO
Poio Pescamar vs Teldeportivo / YOUTUBE POIO

O primeiro gol foi local e chegaba aos seis minutos de partido obra de Antía Pérez a balón parado froito dun saque dende o curruncho botado en curto. A de Manuel Cossío optou por un tiro raso co que perforou a meta rival grancanaria anotando o 1-0.

Sorprendentemente o feito de adiantarse no marcador supuxo o inicio dos problemas para as locais que pasaron uns minutos de certa relaxación, mentres as canarias apretaban e puñan en perigo a Caridad. Cunha presión menos asfixiante das poienses, as grancanarias atoparon ocos e chegaron con maior claridade á meta rival. E xa se sabe… tanto vai o cántaro á fonte… O Teldeportivo anotaba o 1-1 cun tiro á escuadra de Idoya. Corría o minuto 13 de xogo.

Co empate chegaríase ao descanso e un minuto despois da reanudación, Judit Dámaso anotaba en propia porta tentando despexar o balón. Foi o 2-1 para as galegas.

As táboas volverno ao luminso cun disparo cruzado de Marina Benete que anotaba o segundo para as grancanarias (2-2). O Poio Pescamar volveuse poñer por diante cun gol de Irene García no minuto 28. A partir de aí as galegas seguirían ampliando a súa vantaxe sendo máis efectivas no remate, gañaron profundidade e con iso puxeron distancia no electrónico. 4-2 obra de Luci no 32 cun tiro ao segundo pau, e o definitvio 5-2 que asinaba sobre a bucina Miriam.

Poio Pescamar vs Teldeportivo / YOUTUBE POIO
Poio Pescamar vs Teldeportivo / YOUTUBE POIO

Intentouno tamén nos minutos finais o Gran Canaria Teldeportivo pero sen éxito. As xogadoras que adestra Cristina Gimeno dispuxeron de ocasións e amosaron un xogo digno da categoría.

Foi un partido moi disputado e de presión alta ao rival por parte de ambas as dúas escuadras. Un partido que lembra que non hai enimigo pequeno e que calquera pode dar a badalada nesta competición. Ao final do cruce, o Teldeportivo ocupa a penúltima posición e o Poio Pescamar persigue de preto ás líderes, o Futsi co que empata a puntos na cabeza. É dicir, segundo pola cola, e segundo pola cabeza da táboa ofreceron un partido moi disputado e no que ambas as dúas escuadras tiveron as súas ocasións.

Diferente obxectivo do rival

Na vindeira xornada o Teldeportivo recibe ao Cidade de As Burgas, nun partido crucial para ambos os dous conxuntos na loita pola salvación. E o Poio Pescamar visita ao Futsi At. Navalcarnero na loita polo primeiro posto. Dous partidos coas espadas en todo o alto, un para determinar quen queda como pecha cancelas, e o outro para saber quen queda líder.

FICHA TÉCNICA

POIO PESCAMAR: Caridad; Irene García, Ana Rivera, Luci e Dani Sousa – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Antía Pérez, Dupuy, Mirian e Iraia.

TELDEPORTIVO: Mariona; Marta Gallego, Judit Dámaso, Idoya e Paulita – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Marina Benete, Judit Collado, Vanessa Jiménez, Naira e Muni.

GOLES: 1-0, Antía Pérez (min. 6). 1-1, Idoya (min. 13). 2-1, Dámaso (propia porta) (min. 21). 2-2, Marina Benete (min. 25). 3-2, Irene García (min. 28). 4-2, Luci (min. 32). 5-2, Mirian (min. 40).

ÁRBITROS: Guntín Garrido e Otero Mira. mostraron cartón amarelo a Judit Collado, polo Teldeportivo, e a Antía Pérez, polo Poio Pescamar.

INCIDENCIAS: Partido correspondiente á quinta xornada do SubGrupo A da Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF. O cruce disputouse no Pavillón da Seca.

MIRA AQUÍ O PARTIDO ENTRE POIO PESCAMAR E TELDEPORTIVO

Etiquetas A Secafútbol salafutsalGran CanariaPoiopoio pescamarTeldeTeldeportivo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.