O Poio e as Guerreiras Laranxas empataron (2-2) no partido amigable disputado na tarde de onte no pavillón de Seca (Poio). Era o test inaugural para ambos conxuntos cun rival de Primeira División e ambos conxuntos deron o talle cunha rotación moi equilibrada e indo de menos a máis.

Dany adiantou ao Burela no minuto 8. Elena Aragón y Peque tiveron unha de ouro en dobre penalti, no 14, con posterior rexeite. Non aproveitaron as mariñás esta oportunidade e afinou puntería o conxunto local para devolver a igualada, cunha ex da escuadra laranxa, a coruñesa Luci, tras unha falta. Antes do descanso, o Poio púxose por diante grazas a un gol de Ana Rivera, nun balón pola banda.
Deron un paso adiante en intensidade e agresividade as de Julio Delgado no regreso, con moitas chegadas ante un Poio que xerou pouco. Aínda así a rede pontevedresa resistiu ata o minuto 37, cando Cristina puido recuperar as táboas, tras un roubo e parede con Jenny. Ao final, empate xusto entre dous dos conxuntos galegos da elite do futsal feminino que de seguro que servirá para que cheguen máis rodados ao inicio da tempada.

FICHA TÉCNICA
Poio Pescamar FSF: Caridad, Daniella, Carolina, Iraia, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Antía, Miriam, Ana Rivera, Julia, Irene
Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Peque, Jenny, Bea Mateos, Elena Aragón, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Ale de Paz, Cilene, Cristina, Cami, Lara Balseiro, M. Cortés, Jozi
Goles: 0-1, minuto 8, Dany; 1-1, minuto 15, Luci; 2-1, minuto 19, Ana Rivera; 2-2, minuto 37, Cristina
Árbitros: Otero Baltasar // Pérez Núñez. Por Poio amarela a Caridad. Por Burela amarela a Julio Delgado.
Incidencias: Partido de pretempada disputado no pavillón da Seca (Poio).