A Supercopa de España feminina de fútbol sala xogarase no Pavillón Municipal da Seca (Poio) os días 30 e 31 de xaneiro de 2027. Atlético Navalcarnero, Melilla CD Torreblanca, Arriva AD Alcorcón FSF e Poio Pescamar disputarán a competición.
Desta forma, o torneo regresa a Galicia catro tempadas despois, segundo anuncia a Federación Galega de Fútbol (RFGF). A última edición realizada en terras galegas tivo lugar no pavillón de Vista Alegre (Burela), na tempada 2022/2023.
Atlético Navalcarnero (campión de Primeira FS Iberdrola), Melilla CD Torreblanca (campión da Copa da Raíña), Arriva AD Alcorcón FSF (subcampión da Copa da Raíña) e Poio Pescamar (mellor clasificado na tempada regular), serán os catro clubs que disputen a vixésimo cuarta edición deste prestixioso torneo.
A Supercopa decídese nunha final a catro
En formato de final a catro, os catro equipos clasificados loitarán por alzarse co primeiro trofeo da tempada dentro do fútbol sala feminino nacional. O Melilla CD Torreblanca, defenderá o título de campión obtido o pasado curso en Tenerife.
















