Mecalia Atlético Guardés e Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño saldaron os seus respectivos desprazamentos á costa levantina e ás illas Canarias cun prezado botín de catro puntos.
O conxunto miñoto afiánzase na parte alta da clasificación a costa dun combativo Morvedre mentres que o Bm Porriño colle unha bocanada de aire con respecto aos postos vermellos da táboa clasificatoria logo dunha semana na que derrotou ao Rocasa Gran Canaria e ao Balonmano Salud Tenerife.
O Guardés toca Europa coas mans
O Mecalia Atlético Guardés sufriu o insufrible para sacar os dous puntos do pavillón René Marigil. O Morvedre rozou o triunfo liderado pola internacional Shandy Barbosa, que con 10 tantos castigou ao conxunto aínda dirixido por José Ignacio Prades, que tivo que sacar a relucir o seu xene competitivo para darlle a volta á situación.
O Guardés apoiouse en Carratú, novamente decisiva. A bonarense foise ás 17 paradas e a un 40% de efectividade que suxeitaron o ímpeto local cando peor o estaban pasando as súas compañeiras. A partir de aí, Patrícia Lima asumiu a responsabilidade ofensiva nos compases decisivos, primeiro cun tanto de penalti e acto seguido con outro en apoio desde máis aló dos nove metros.
Pero antes de celebrar a vitoria, o Mecalia tivo que picar pedra, nunha primeira partemoi igualada, con leves vantaxes para ambos os equipos, que non remataban de despegarse nunca. Aciñeiras producía na portería local aguantando o desafío de Carratú. Polo medio, Shandy Barbosa botouse ao seu equipo ás costas para buscar unha vitoria esperanzadora para manter a categoría.
O 6:0 visitante axustouse e en ataque xurdiu a figura de Gabriela Pessoa, punzante coas súas penetracións e cos seus cinco goles. Había moito que remar porque o Morvedre estaba aínda dous tantos por diante (19-17). Era o momento máis delicado, no minuto 13 da segunda metade. Pero o carácter competitivo do Guardés volveu xurdir e as pupilas dirixidas por Prades levantáronse para amarrar dous puntos vitais na loita por Europa.
Y finaaaal! Hubo que sufrirlo, pero volvemos a casa con +2.
🏆 @IberdrolaDHF
📆 Xornada 19
🤾♀️ @BMMorvedre 🆚 @Atlguardes_ofic
🏟️ René Marigil
🚌 Sagunto
⏱️ 60′
🔢 24-26
#onosoInfernoéonosoceo 🖤💛 pic.twitter.com/qRBd5akqZl— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) March 26, 2022
Semana soñada para o BM Porriño
O Pavillón Municipal do Barrio de La Salud acollía este sábado o encontro adiantado da vixésimo segunda xornada da Liga Guerreras Iberdrola enfrontaba ao conxunto galego, que viña de gañar o mércores ante o Rocasa Gran Canaria, e ao equipo tinerfeño.
Ao inicio da desputa, o conxunto canario estaba a atopar serias dificultadespara atacar o 6:0 galego, sumando un gran número de erros en cada un dos seus ataques. Non sería ata o minuto sete, que Mina Novovic abriría o marcador para o cadro local.
Nos dez primeiros minutos, o marcador atopábase 1-5 a favor do Conservas Orbe Rubensa, quen estaba marcando o ritmo, e non sería ata os últimos minutos do primeiro tempo, o Balonmano Salud aproveitou a baixada de intensidade das galegas para comezar a recortar distancias e irse a vestiarios cun 10-14.
O segundo tempo comezou cun Porriño moi activo e un Balonmano Salud Tenerife desconcentrado que buscaba un xogo pausado.
Transcorridos os dez primeiros minutos, o Conservas Orbe Rubensa volvía coller unha vantaxe clara no electrónico, onde cabe destacar a actuación de Casasola nos lanzamentos de sete metros que estaba a ser imparable.
A falta de cinco minutos para o desenlace, o Conservas Orbe Rubensa seguía mantendo o resultado ao seu favor (20-24). Pola súa banda, o Balonmano Salud Tenerife continuaba o seu xogo estático sen conseguir transformar os seus lanzamentos en gol.
Deste xeito, chegou o final do encontro e o Bm Porriño sentenciou cun resultado de 21-27 sumando así a súa segunda vitoria consecutiva e afastándose dos postos de descenso.
Final do partido, as nosas suman a súa segunda vitoria consecutiva e fóra da casa ‼️@BalonmanoSalud 21🆚Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño 27
📷 Balonmano Salud Tenerife#LigaGuerrerasIberdrola pic.twitter.com/vGligL3z1E
— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) March 26, 2022