• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Pleno de vitorias para o fútbol sala galego na máxima categoría

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/10/2025
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
CD Chiloeches vs CD Burela Fútbol Sala / CD CHILOECHES

CD Chiloeches vs CD Burela FS / CD CHILOECHES

32
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Despois de sete xornadas disputadas na Primera Iberdrola de Fútbol Sala, os cadros galegos que militan na máxima categoría fan pleno de triunfos na competición. O Poio Pescamar continúa segundo, o FSF Castro Bloques Cando ascende ata á quinta posición, o Ourense OnTime sitúase na novena e o CD Burela FS mantense en postos de descenso aínda que acada a súa primeira vitoria do curso 2025-26 en Liga.

Poio Pescamar / POIO PESCAMAR IG
Poio Pescamar / POIO PESCAMAR IG

O Poio Pescamar mantense invicto e ocupa o 2º lugar da táboa

O Poio Pescamar, que acadaba este mesmo mes os 1000 goles na Primera Iberdrola de Fútbol Sala, venceu na séptima xornada da competición ao MRB Móstoles FC (4-6)  nun partido con moitos goles. Un total de 4 tantos anotados polas madrileñas e 6 polas xogadoras que adestra Luis López Tulla.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Poio Pescamar F.S. (@poiopescamar)

As poienses acumulan 5 partidos gañados, 2 empates e ningunha derrota ata o momento, o que as sitúa no segundo posto da clasificación da Primera Iberdrola de Fútbol Sala e converte ao equipo nun dos favoritos para facerse co campeonato.

Veranse as caras co STV Roldan a vindeira xornada.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Futsal RFEF (@futsalrfef)

O FSF Castro Bloques Cando imponse a Les Corts UBAE (1-4)

A tempora tórnase ilusionante para o FSF Castro Bloques Cando.  As futbolistas que prepara o técnico Julio Delgado, contan con 3 partidos gañados, 3 empates e tan só unha derrota, o que as acerca cada vez máis a parte alta da clasificación. O pasado sábado impoñíanse a un rival da zona media da táboa, o Les Corts UBAE, non foi quen de de remontar o partido.

FSF Castro Bloques Cando / FSF CASTRO
FSF Castro Bloques Cando / FÚTBOL SALA FEMININO CASTRO

A escasos días do próximo encontro, as galegas sitúanse quintas en liga cun total de 12 puntos a favor e a tan só 1 punto do Arriva AD Alcorcón, que vai en cuarta posición e a 2 do STV Roldán, que se atopa no terceiro lugar da táboa.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Futsal RFEF (@futsalrfef)

O Ourense OnTime reacciona a tempo e suma un punto máis

A tempada non comezou da mellor maneira para o Ourense OnTime, que se viu obrigado a reaccionar se quería optar a manter a categoría. O cadro ourensán batiu na pasada fin de semana a un equipo da parte baixa da táboa, o Nueces de Ronda Atlético Torcal por 5 goles a 4 e sumaba un punto máis que sabe a ilusión.

As galegas contan agora cun total de 9 puntos e sitúanse no 9º lugar da clasificación.

O próximo partido da xornada preséntase complicado para as galegas, que se medirán con líder da competición, o Melilla CD Torreblanca (adestrado polo técnico galego Morenín que durante anos estivo á fronte do banco ourensá).

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Ourense Ontime FSF (@ourenseontimefsf)

Primeira vitoria dun CD Burela FS (1-4) con vontade gañadora

As do CD Burela Fútbol Sala suman tres puntos en Guadalajara con dobrete de Silvia Rubal e moitas ocasións.

Tras conseguir sumar o primeiro punto da tempada na Primera Iberdrola de Fútbol Sala, nun encontro cheo de emoción en Vista Alegre ante o Móstoles, as nosas Guerreiras Laranxas viaxaron a Guadalajara esta fin de semana para enfrontarse ao CD Chiloeches ás 17.00h, un encontro que foi retransmitido por Sinópsis Vuvuzela.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de CD Burela FS (@burelafutsal)

Viviuse unha primeira parte competida, pero con máis acerto por parte do CD Burela e segunda parte con moitas ocasións para as mariñás que rematan materializándose no resultado final.

Primeiras ocasións para o conxunto local que abre o partido dominante, pero o primeiro tanto será para o CD Burela no minuto 5, un gol de Silvia Rubal que remata un disparo de Cris Blanco tras un saque de banda de Irene. Gran intervención de Ana Eliza no 6 nunha boa xogada combinativa que finaliza Nora, atopándose coa porteira brasileira que a desvía fóra.

Chega o segundo tanto de Silvia Rubal, un golazo da capitá laranxa que tras unha carreira executa un disparo raso coándolla entre as pernas a Noelia de las Heras e meténdoa ao segundo pau.

Boísima intervención unha vez máis de Ana Eliza, que a desvía no saque de falta desta mesma acción de falta e sácaa Sandra Abadía co pé nun cara a cara con Irene no minuto 10. Lánzaa por encima do travesero Virginia tras unha boa parede con Nekane no minuto 13 e case a volve a ter Nekane nun contraataque que remata despexando a nosa porteira.

Gran ocasión no minuto 15, unha vez máis, de Silvia, que a recupera a media pista e nun duelo coa porteira, esta logra despexala coa perna.

Minutos para o Chiloeches que presiona alto pero o CD Burela Fútbol Sala logra despexar e busca o gol con balóns longos que non logran chegar a portería. Nunha destas accións recuperan as locais e boa ocasión de Rocío que salva Ana Eliza despexando á banda. Lánzaa Lara desviada da portería no último minuto tras unha boa recuperación en cancha rival e sálvaa Irene a un segundo nunha boa transición das locais.

Gran ocasión do CD Burela no minuto 22, tras un erro nun saque de banda que recupera Lara disparando a portería dende a área que despexa a porteira, pero que recolle Irene no rexeite e despexa Macarena volvendo disparar Irene e despexando outra vez a porteira e sálvaa Silvia Rubal nun pase dende a banda que despexa a capitá no medio da área no minuto 25.

Lánzaa fóra Lucía tras unha boa contra e un cara a cara con Ana Eliza no minuto 27 e vermella directa a Nekane nunha contra de Sydorenko que chegaba soa a portería e é empuxada pola xogadora local.

CD Chiloeches vs CD Burela FS / CD CHILOECHES
CD Chiloeches vs CD Burela Fútbol Sala / CD CHILOECHES

Paradón de Sandra no lanzamento directo da falta que saca Cris Blanco e volve despexar un disparo lonxano de Silvia Rubal no 29. Volve tela Lara no minuto 30, xusto ao recuperar ás 5 xogadoras o conxunto local, que executa unha contra perfecta conseguindo irse de dúas xogadoras, pero Sandra frustra o terceiro gol por parte da xogadora focense.

Falta perigosa para o Chiloeches no minuto 31 tras unha falta de Silvia Rubal moi preto da área que non logra aproveitar e penalti no mesmo minuto que anota Rocío no rexeite tras un paradón de Ana Eliza, conseguindo o 1-2. Expulsión a Macarena no 32 e balón ao pau de Laura Barranco que aproveita Lara pero dispara atopándose a Sandra que despexa.

Xoga o CD Burela con vantaxe e case a volve a ter Laura Barranco que roza o pau no mesmo minuto. Gran recuperación de Lara case na área rival que volve despexar Sandra e volve desviala nun disparo de Sydorenko tras un saque de banda. Recupera as 5 xogadoras o conxunto local non logrando aproveitar o CD Burela a vantaxe.

Volve despexar Sandra por encima do traveseiro un gran disparo lonxano de Sydorenko e despexa Ana Eliza salvando o empate nun dobre penalti na sexta falta do CD Burela . Sae de 5 o Chiloeches e chega o terceiro de as burelenses nun erro nun pase de Noelia de las Heras que rouba Lara, quen dispara e protexe o balón ata a portería baleira. A un minuto da bucina final, Ana Eliza consegue o cuarto tanto cun golazo de portería a portería baleira sentenciando o partido.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Futsal RFEF (@futsalrfef)

FICHA TÉCNICA

1) CD CHILOECHES: Sandra; Ju Delgado, Macarena, Noelia de las Heras (C), Nekane –quinteto inicial-, Blanca, Nora, Virginia, Lucía, Rocío, Myriélen.

4) CD BURELA FÚTBOL SALA: Ana Eliza; Cris Blanco, Silvia Rubal (C), Sandra, Lara -quinteto inicial-, Irene, Laura Barranco, Sydorenko, Gabi.

GOLES: 0-1, min. 5: Silvia Rubal. 0-2, min. 8: Silvia Rubal. 1-2, min. 31: Rocío. 1-3, min. 38: Lara. 1-4, min. 39: Ana Eliza.

EQUIPO ARBITRAL: Georgiana Alina Bancu, Luis Mariano Sánchez E David Serrano. Viron tarxeta amarela, por parte das locais, Macarena (dobre amarela), Blanca (dobre amarela) e Myriélen; e por parte do equipo visitante, Gabi e Laura Barranco. Viron tarxeta vermella directa, por parte do equipo local, Nekane, e do visitante, Silvia Rubal.

INCIDENCIAS: Partico correspondente á sétima xornada da Primera Iberdrola de Fútbol Sala.

8.ª xornada Primeira Iberdrola Fútbol Sala para os conxuntos galegos:

  • 25/10/25 11:00h. TVD Roldán – Poio Pescamar
  • 25/10/25 16:30h. Arriva AD Alcorcón – FSF Castro Bloques Cando
  • 25/10/25 17:00h Melilla CD Torreblanca – Ourense Ontime
  • 25/10/25 18:30h. CD Burela FS – Les Corts UBAE
Etiquetas CD Burela FSFSF Castro Bloques Candofútbol salaOurense OnTimepoio pescamar
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.