Pleno de derrotas galegas na segunda xornada da LF Endesa. Perdeu o BAXI Ferrol a domicilio na cancha do Hozono Global Jairis (74-61) . Caeu derrotado tamén lonxe da súa cancha o Celta Femxa Zorka que visitaba a pista do Miai Euskotren que gañaba ás viguesas por 75-65. E tampouco foi tempo de triunfos para o Duran Maquinaria Ensino que perdía diante do Impulso 360 Estepona , tamén xogando como visitante, e outra vez por un marcador duro 82-55.

O Mirai Euskotren gaña ao Celta
Encadea o seu segundo triunfo o Mirai Euskotren, que logrou ademais a súa primeira vitoria en casa ante un Celta Femxa Zorka que pelexou ata o final, con Paige Robinson liderando ás locais ata o definitivo 75-65. O equipo que adestra Cristina Cantero non puido vencer nesta xornada intersemanal.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
O Ensino cae en Estepona
O Impulso 360 CAB Estepona estreou a súa marcadora de vitorias esta tempada tras impoñerse 82-55 ao Durán Maquinaria Ensino que adestra Suso Garrido. Melisa Gretter dirixiu o sólido xogo das deportistas adestradas por César Aneas, co apoio dunha acertada Lucía Rodríguez no tiro de tres.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
Derrota en terras de Murcia do BAXI Ferrol
En Alcantarilla (Murcia), o Hozono Global Jairis logrou o seu primeiro triunfo do curso ante a súa afección e o fixo a costa de vencer ao BAXI Ferrol que adestra Lino López . Nas locais Jordan Hobbs brillou con 21 puntos en apenas 23 minutos, mentres que un gran terceiro cuarto das de Bernat Canut terminou de encarrilar a vitoria (74-61).
Ver esta publicación en Instagram
Así foi o resto da segunda xornada na LF Endesa
Segundo informa o departamento de comunicación da LF Endesa, o Roig Arena acollía o primeiro triunfo da tempada do Valencia Basket e facíao ante 4.000 afeccionados. A pesar do bo inicio do Meins Avenida, con Mawuli volvendo liderar desde a anotación, as deportistas que prepara o técnico Javier Torralba foron facendo un xogo cada vez máis reconocible co que conseguiron selar a súa primeira victoira. Nun partido no que destacou a actuación de Virag Tackas-Kiss e o debut de Marta Suárez, a quen non lle pesou o adestrar só un día co equipo para anotar 13 puntos.
O Movistar Estudantes continúa de doce e suma a súa segunda vitoria consecutiva tras impoñerse ao Kutxabank Araski, con Irati Extarri e Jessica Féquière como grandes protagonistas, con 28 e 24 créditos de valoración, respectivamente.
Tampouco fallou o líder, o Casademont Zaragoza, en Maloste. As xogadoras que dirixe Carlos Cantero dominaron o partido de principio a fin, cunha espectacular Aisha Sheppard que se foi aos 31 puntos, con 7 de 8 en triplos. Unha vitoria na que sumaron todas e na que tamén destacaron as 10 asistencias repartidas por Mariona Ortiz. Foi unha noite histórica para o Casademont Zargozá, que asinou a súa máxima anotación da historia, con 108 puntos.
Fontajau foi testemuña dun dos duelos da xornada na LF Endesa, cun Spar Xirona que recibiu a un sólido Azulmarino Palma que chegou a marcharse por diante ao descanso. Un duelo marcado polo pulso entre as bases, con Iyana Martín liderando ás locais con 17 puntos e 25 de valoración na primeira metade, mentres Klara Holm comandaba ao conxunto balear con 14 puntos e 18 de valoración. Finalmente, Azulmarino Palma leváronse o encontro cunha vitoria de moito mérito confirmando as grandes aspiracións das baleares.
A primeira xornada intersemanal do curso 26-27 da LF Endesa pechouse co duelo entre o Cadí A Seu e o Innova-TSN Leganés, que encaixou a súa primeira derrota da tempada tras ir a remolque durante todo o encontro. O gran inicio das deportistas que prepara o técnico Pepe Vázquez marcou o ritmo do partido e terminou por decantar a balanza ante un conxunto pepinero que, a pesar de os 22 créditos de valoración de Aminta Sangaré, non puido superar a un sólido e ordenado Cadí A Seu.
RESULTADOS DA 2.ª XORNADA NA LF ENDESA 26-27
- Valencia Basket vs Meins Avenida (82-57) | MVP: Virag Tackas-Kiss (28 VAL)
- Inversus Gernika Biskaia vs Casademont Zaragoza (72-108) |MVP: Aisha Sheppard (30 VAL)
- Kutxabank Araski vs Movistar Estudiantes (45-76) | MVP: I. Etxarri (28 VAL)
- Miai Euskotren vs Celta Femxa Zorka (75-65) | MVP: S. Washington (21 VAL)
- Spar Girona vs Azulmarino Palma (83-89) | MVP: I. Martín (36 VAL)
- Impulso 360 Estepona vs Durán Maquinaria Ensino (82-55) | MVP: L. Rodríguez (19 VAL)
- Cadí La Seu vs Innova-TSN Leganés (70-60) | MVP: A. Sangaré (22 VAL)
- Hozono Global Jairis vs BAXI Ferrol (74-61) | MVP: J. Hobbs (23 VAL)
















