• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A plataforma DAFIS aglutina deporte e saúde

Lete Lasa reuniuse co doutor Francisco B. Ortega é catedrático da Universidade de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe, no que se integra DAFIS, que aglutina a maior base de datos de Europa sobre a condición física en adolescentes

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/01/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe no que se integra DAFIS / XUNTA DE GALICIA

Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe no que se integra DAFIS / XUNTA DE GALICIA

142
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A plataforma DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable) da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia forma parte do proxecto FitBack Europe, sendo ademais recoñecido como un caso de boas prácticas con conexión entre o traballo desenvolvido polos profesores de Educación Física e os servizos de pediatría, para o seguimento da saúde nos escolares.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo hai uns días un encontro de traballo con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe, ‘Rede Europea de Apoio ao Desenvolvemento de Sistemas de Avaliación e Monitorización da Condición Física de Nenos/as e Adolescentes’, que aglutina a maior base de datos de Europa sobre a condición física en adolescentes.

Ademais do seu longo currículo, o doutor Ortega é o único investigador español seleccionado pola OMS para a elaboración das recomendacións mundiais de actividade física. Francisco B. Ortega impartirá unha conferencia na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña baixo o título ‘Condición Física na infancia e adolescencia, como potente biomarcador de saúde’.

A plataforma DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable) da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia é un exemplo de coordinación entre diversas entidades co obxectivo común da mellora da saúde dos escolares galegos a través de práctica regular da actividade física e deportiva.

Recoñecemento do DAFIS no ámbito internacional

DAFIS, forma parte do proxecto FitBack Europe, sendo ademais recoñecido como un caso de boas prácticas, xunto con Eslovenia, como as dúas únicas rexións (Galicia a nivel rexional e Eslovenia a nivel estatal), con conexión entre o traballo desenvolvido polos profesores de Educación Física e os servizos de pediatría, para o seguimento da saúde nos escolares.

FitBack permitirá predicir as tendencias futuras da saúde da poboación relacionando o risco para a saúde co estado de condición física. A rede FitBack desenvolveuse en colaboración con 10 socios europeos que levan moito tempo avaliando a condición física en escolares. Esta rede aglutina unha base de datos de diferentes países, contando con 10 millóns de datos de valoración da condición física en escolares.

Este traballo frutificou nun artigo na prestixiosa revista British Journal of Sport Science, a de maior impacto científico no ámbito das ciencias do deporte. Neste artigo establécense as referencias das probas de valoración de condición física baseadas en máis de 8 millóns de datos, entre os que se atopan os de DAFIS.

DAFIS, unha ferramenta para mellorar a saúde dos escolares galegos

A ferramenta liderada pola pola Secretaría Xeral para o Deporte, a través a Fundación Deporte Galego, é un exemplo de coordinación entre diversas entidades co obxectivo común da mellora da saúde dos escolares galegos a través de práctica regular da actividade física e deportiva. Na actualidade, DAFIS leva realizadas preto de 46.500 avaliacións a preto de 26.000 nenos e nenas, amosándose como unha ferramenta de gran valor epidemiolóxico desde a súa posta en marcha, no ano 2012.

Os centros galegos adheridos a DAFIS son máis de 140 e a a Xunta de Galicia leva formados a máis de 275 profesores en 14 cursos de  formación no uso e manexo das diferentes partes das que se compón. O labor  pedagóxico que se realiza nos centros educativos para que o alumnado incremente a actividade física no seu día a día é fundamental para acadar mellores niveis de saúde e benestar nunha época tan complicada e con tantos desafíos sanitarios.

Cómpre salientar que a plataforma DAFIS leva recibidos, nos últimos anos, unha gran cantidade de premios nacionais e internacionais entre os que destaca o recoñecemento da oficina europea da Organización Mundial da Saúde como exemplo de boas prácticas para a promoción da actividade física no ámbito escolar, en 2018.

O vindeiro 10 de febreiro, en Santiago, será presentada a Guía DAFIS, ‘Valores normativos da condición física na poboación escolar galega’ coa presenza dun representante do grupo de Fran Ortega na Universidad de Granada, Jonatan Ruiz, e co xefe da Oficina Europea da Organización Mundial da Saúde (OMS) para a calidade en saúde (Atenas) e profesor da Escola Nacional de Saúde Publica (Lisboa), Joao Breda.

Estas visitas demostran a importancia do traballo que se está desenvolvendo ao redor dos Proxectos de Vida Activa e Deportiva e a Plataforma DAFIS pola Xunta de Galicia.

Etiquetas DAFISEscolarJosé Ramón Lete LasaSAÚDESecretaria Xeral para o DeporteXunta de Galicia
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Recepción a deportistas galegos olímpicos e paralímpicos nos Xogos de París 2024 moitos deles teñen a consideración de deportistas de alto nivel/ XUNTA DE GALICIA

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue subindo e xa acada os 1.712

por Redacción As Nosas
29/10/2025
0

  Con as novas 85 incorporacións, o número total de deportistas galegos e galegas recoñecidos e recoñecidas no alto nivel...

Lete Lasa na presentación do Máster de Xestión Empresarial de Ourense / XUNTA DE GALICIA

Lete Lasa salienta que o deporte en Galicia ten un impacto do 1,3% do PIB

por Redacción As Nosas
26/09/2025
0

Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, remarca a importancia do deporte en Galicia cun impacto do 1,3% do PIB...

Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade

Os premios Deporte Galego dos anos 2023 e 2024 recoñecen o traballo de 48 persoas e entidades

por Redacción As Nosas
03/09/2025
0

Teresa Abelleira, Adrián Ben, Melania Rodríguez, Rodrigo Corrales, Jorge Prado, Susana Rodríguez, Judith Rodríguez, Adiaratou Iglesias, Gustavo Dacal, Martín de...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Terra Move, unha plataforma para impulsar o mecenado deportivo en Galicia

por Redacción As Nosas
29/07/2025
0

  No último Consello da A Xunta de Galicia facíase público o acordo polo que se autoriza a sinatura do...

Presentación no Real Club Náutico de Portosín da XXV Regata Ramiro Carregal / XUNTA DE GALICIA

A Regata Ramiro Carregal – Gran Trofeo Faro de Corrubedo chega á súa 25 edición

por Redacción As Nosas
24/06/2025
0

  Lete Lasa pon en valor o papel do Real Club Náutico de Portosín na vela galega na presentación da...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.