• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

Pili Costa: “Pídolle ás miñas xogadoras que compitan contra o Valdetires a lume e que gocen do partido”

"O meu equipo chega máis que preparado para gozar competindo", sostén a adestradora do Fisgón

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
17/07/2020
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
Pili Costa | Comunicación O Fisgón Futsal

Pili Costa | Comunicación O Fisgón Futsal

88
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Oíndo falar a Pili Costa, adestradora do Fisgón, unha parece estar escoitando a quen se enfronta a un exame sabendo que estudou, que se esforzou e que agora todo depende da capacidade de manter a calma e aplicar o aprendido. Amósase como unha muller que sabe que ela e o seu equipo fixeron o traballo e a partir de aí “que Deus reparta sorte”, di. Con esta actitude afronta o choque que as medirá ao Valdetires mañá, sábado 18 de xullo, na polideportiva de Elviña (A Coruña), no play-off de ascenso a Primeira División.

Durante máis dun mes O Fisgón preparouse para o momento clave da tempada, o play-off que decidirá que equipo galego é o que ascende de categoría. Costa considera que a preparación deste momento competitivo por parte do plantel que adestra foi boa. “O noso equipo leva adestrando seis semanas en pista. As primeiras foron de readaptación e de traballo preventivo, máis físico que doutra cousa. Adestramos en subgrupos por todo este tema do COVID. Pero eu creo que adestramos as sesións suficientes e que fumos gañando en intensidade e calidade”, di.

Pili Costa: “Non deixa de ser un partido, algo normal ao que estamos afeitas”

Para a técnica galega o equipo que prepara “chega máis que preparado para afrontar o que temos por diante mañá, que ao final é un partido”, apostilla quitándolle tensión ás súas xogadoras. “É certo que son partidos moi emocionantes e determinantes, pero non deixan de ser un partido. É algo normal que as xogadoras están afeitas xogar”.

Pili Costa, adestradora do Fisgón: “O meu equipo chega máis que preparado para gozar competindo mañá”

Con todo, dentro desa normalidade que consiste en que as futbolistas disputen un encontro de fútbol, Pili sabe que ao logo do choque “vai haber que controlar moitísimos aspectos que van decantar a balanza dun partido que, na miña opinión, vai ser superigualado e supercomplicado. Pero o meu equipo chega máis que preparado para gozar competindo mañá”.

A quen beneficiou o parón polo confinamento?

Cada vez que se paraba unha competición deportiva por mor da COVID e se determinaba o inicio da mesma xurdía a pregunta clave: a quen ten perxudicado e a quen beneficiado esta circunstancia? O corte no ritmo competitivo é evidente polo pode darse o caso de que os equipos afronten a recta final e decisiva da competición cun punto físico e psicolóxico diferente ao que tiñan antes do parón.

Pili Costa | Comunicación O Fisgón Futsal
Pili Costa | Comunicación O Fisgón Futsal

No caso do Fisgón, Pili Costa sostén que as súas xogadoras saíron gañando. “Cando estala todo o da COVID-19 e empeza o confinamento, se comparamos como estaba o Valdetires e como estabamos nós, elas estaban nunha liña ascendente e nós empezando a ter unha liña descendente que iamos ter que controlar e reconducir”, admite con sinceridade. Pero “ao estalar todo isto e mandarnos para casa, dase unha situación que nos iguala”, apunta a adestradora.

Pili Costa, adestradora do Fisgón: “Antes do confinamento elas estaban nunha liña ascendente e nós empezando a ter unha liña descendente que iamos ter que controlar e reconducir”

Segundo explica a técnica galega durante o confinamento “as miñas xogadoras non só estiveron unidas, se non que tentaron manter o estado de forma dunha maneira correcta en grao sumo. A partir de maio, cando sabemos que é oficial e que hai unha data, contratamos un preparador físico para que toda a súa preparación fose prescrita e detallada. A principios de xuño, o día 9 entramos en pista para adestrar e prepararnos. En subgrupos e respectando os protocolos de Sanidade, pero en pista. É practicamente un mes e pico de pista máis que suficiente para preparar calquera competición”.

O Fisgón FS realiza os test de COVID-19
O Fisgón FS realiza os test de COVID-19

Pili Costa, adestradora do Fisgón: “contratamos un preparador físico para que toda a preparación fose prescrita e detallada”

Apunta Pili Costa que é certo “que o partido de mañá é especial. Creo que nos pode favorecer con respecto ao rival que cando estala todo isto o Valdetires estaba nun estado de forma increible, non se cal será o seu estado agora, pero nós puidemos prepararnos da mellor das maneiras”.

As claves do partido: gozar e concentrarse no aprendido

Consultada sobre onde considera que poderán estar as claves do cruce entre O Fisgón e o Valdetires que se vai disputar mañá sábado 18 na Polideportiva de Elviña da Coruña (17:45 horas), escoitamos de nova a unha muller que considera que o traballo foi bo e que agora simplemente toca aplicar os coñecementos adquiridos. “As miñas xogadoras mañá merécense gozar, que compitan como saben facelo”, di, e continúa explicando: “que compitan todos os balóns divididos, que será unha das claves. Que teñamos a concentración suficiente para que non nos fagan dano con contras tras un balón parado…”

Pili Costa: “Que compitamos todos os balóns divididos será unha das claves e debemos ter a concentración suficiente para que non nos fagan dano con contras tras un balón parado”

Según Pili Costa, as xogadora que adestra “teñen todas as pinceladas do que adoita facer o rival e do que deberiamos evitar para non ter problemas. Despois, ao final, como di un amigo meu, o xogo consiste en que entre a pelotita máis veces na portaría do rival que na túa. Imos tentar que así sexa. Tentaremos aproveitar as oportunidades de gol que teñamos, ser máis eficaces”.

Pili Costa: “Tentaremos aproveitar as oportunidades de gol que teñamos, ser máis eficaces”

As súas futbolistas, Costa pídelles “que pensen que ao final é un partido. Están máis que capacitadas para competilo. Pídolles que o compitan a lume para que o gocen. E despois, que Deus reparta sorte!”

Valdetires vs Fisgón / O FISGÓN
Café durante un Valdetires vs Fisgón / O FISGÓN

A mente no partido do Valdetires pero, soñando co Viaxes Amarelle?

“Tanto as xogadoras como eu estamos agora centradas única e exclusivamente no partido contra o Valdetires que será moi aberto, igualado e complicado”, di Pili cando se lle pregunta que acontecería se superan este partido e lle toca enfrontarse ao seu antigo equipo.

Según a entrenadora o Fisgón, o seu conxunto terá “que levar o peso do partido en moitos momentos. Imos ter que ser capaces de estar concentradas e con intensidade durante todo o partido. Debemos competir ben e como sabemos para poder levarnos a vitoria. Vai ser durísimo, viuse durante a liga na ida leváronllo claramente nós. e na volta, elas. É un partido aberto. Oxalá todo o traballo teña a recompensa de pasar este primeiro partido”.

Pili Costa: “Vai ser un partido durísimo pero aberto”

Admite que “en caso de pasar e enfrontarnos ao Viaxes Amarelle é certo que tería un compoñente emocional”, pero matiza que “cando traballo para un club céntrome niso. É certo que xente que está no Amarelle á que lle teño moito aprecio, sobre todo ao presi, e a xente da directiva e xogadoras. Pero se chego a ese segundo partido vou querer gañalo, xa que, de gañalo, O Fisgón ascendería a Primeira. Iso é un soño para este equipo”.

Confesa Costa que “era un reto practicamente inalcanzable e ao final logramos o soño de meternos no play-off por primeira vez para o club, oxalá podamos pasar ese primeiro partido e xa, se nos enfrontamos nun segundo partido, e o gañador ascende a Primeira… imaxina o que significaría para o club!”

Unhas “novatas” que “traballaron moito e merécense gozar”

Como plantexa a adestradora galega, “dos tres que nos enfrontamos neste play-off o único que non estivo en Primeira División é O Fisgon.  O Valdetires competiu noutros play-offs e militou en Primeira moitos anos. O Viaxes Amarelle competiuI comigo contra o Almagro, e militou en Primeira División. Aquí as novatas somos nós, pero somos unhas novatas que traballamos e moito durante toda a tempada. Traballaron moito e merécense gozar mañá. Espero que o traballo teña recompensa e se non, a seguir. Nós pensamos só no partido contra o Valdetires, iso é o que lles tento transmitir ás miñas xogadoras”.

Para a entrenadora do Fisgón esta configuración do último paso da competición mingua as posibilidades dos conxuntos galegos. “Este formato de play-off fainos enfrontarnos entre galegos, cambia o formato inicial. O primeiro partido era o mesmo pero logo te enfrontabas ao primeiro doutro grupo. Desa maneira podían ascender dous equipos galegos, así, só un”, lamenta.

Etiquetas fútbol salafutsalO FisgónPili Costaplay-offplayoffplayoff ascensoValdetires
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

por Silvia Carregal
23/05/2022
0

  A unha xornada para que finalice a tempada regular na Segunda División do Fútbol Sala Feminino da RFEF falamos...

Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

Manolo Codeso: “Tanto nós como o Amarelle merecémonos estar en Primeira, pero hai que demostralo”

por Silvia Carregal
22/05/2022
0

  Este sábado, pese a perder por goleada, Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas, era un home feliz....

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

O Cidade de As Burgas GLS acompañará ao Viaxes Amarelle no ‘play-off’ de ascenso

por Redacción As Nosas
22/05/2022
0

  Poucas derrotas, ademais así de contundentes (7-0), poderán deixar nos beizos un sabor tan doce como a que imos...

Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE

Derbi no máis alto da 2ª División entre Viaxes Amarelle FSF e Cidade de As Burgas GLS

por Redacción As Nosas
21/05/2022
0

  A Segunda División do Fútbol Sala feminino da RFEF trae esta xornada un derbi entre conxuntos galegos que están...

O Poio Pescamar, campión da Copa de Galicia 2022 de fútbol sala / RFGF

O Poio Pescamar levanta a Copa Galicia 2022

por Redacción As Nosas
18/05/2022
0

  As futbolsitas do Poio Pescamar son as novas Raíñas de Copa de Galicia. O conxunto poiense proclamouse este martes...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

24/05/2022
Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

Así lles foi a Portela, García, Jácome e Couto na Copa do Mundo de piragüismo en Račice

23/05/2022
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

23/05/2022
Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

Manolo Codeso: “Tanto nós como o Amarelle merecémonos estar en Primeira, pero hai que demostralo”

22/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.