Cómoda vitoria do Pescados Rubén Burela 7-1 ante o Joventut d’ Elx FS, no seu segundo encontro consecutivo como local despois do partido aprazado. Vista Alegre volveu ser testemuña do alto nivel que teñen as guerreiras laranxas que non ceden nin un momento na persecución dos seus obxectivos.
Non deu tempo aínda ao público en sentar e Dany xa poñía o 1-0 en Vista Alegre tras froito da intensidade coa que saíron as guerreiras. Nos primeiros 5 minutos, o Pescados Rubén Burela seguía combinando ben contra un Joventut ben posicionado na pista. O equipo rival nesta primeira parte do encontro elaboraba algunha xogada e estaba segura en defensa. Con todo, tras unha fantástica recuperación e xogada conxunta, Bea Mateos ampliaba o marcador 2-0 no minuto 13.
O Pescados Rubén Burela xeraba moito perigo polas bandas da cancha, e non paraban de chegar desde ese perfil. Destacaba no outro equipo a meta rival, Raquel Gadea que fixo múltiples intervencións. O equipo de casa buscaba aumentar a súa vantaxe, e Jenny tivo un balón ao poste tras executar unha preciosa vaselina. O Pescados Rubén Burela estaba a xerar moito perigo, e aínda así as visitantes tiveron unha ocasión para recortar distancias.
As locais que hoxe vestían de negro, presionaban en todos os balóns ao Joventut, que apenas podía circular o balón. O Pescados Rubén Burela ía notar no minuto 15 por mediación de Sandra, desde a súa portería, cun pase que se envenenou directo á rede contraria. Seguía e Pescados Rubén Burela sen dar tregua, e un minuto despois no 16, Dany consegue facer o seu dobrete e poñer o 4-0 despois dunha xogada elaborada na que a asisten ao segundo pau.
Os últimos minutos resúmense buscando o Pescados Rubén Burela o quinto, e íao a conseguir Elenita no minuto 19 como consecuencia doutra xogada elaborada do conxunto mariñán. Chegan ao descanso co resultado de 5-0. Empeza a segunda parte co Pescados Rubén Burela querendo aumentar a súa vantaxe. Con todo, ían recortar distancias as visitantes tras unha fantástica finalización de Claudia Terrés. 5-1 Min 22.
Este tanto non afectou ás locais que seguían buscando máis, e despois dun pase na área rival, Paula Sánchez anota en propia porta tras tentar repelelo. A xogadora máis destacada en ataque do Joventut era Claudia terrés, que tivo algún intento de anotar outro gol.
No último tramo do encontro as guerreiras buscaban aumentar aínda máis a súa vantaxe, e tras varios intentos de Jenny, ía conseguir poñer o 7-1 no marcador. Houbo algún descoido en defensa do Pescados Rubén Burela, pero Jozi corrixíao sen complicacións.
O partido ía acabar en Vista Alegre co equipo visitante tentando recortar vantaxes, pero non se ía a mover o marcador definitivo de 7-1.
As da Mariña marchan segundas (49 puntos) a 10 puntos do Futsi Atlético Navalcarnero (59 puntos) que continúa invicto á fronte da táboa na Primeira División do futsalfem da RFEF. A vindeira semana terán ante si a un oso, o Fútbol Sala Femenino Móstoles, terceiras clasificadas con 39 puntos, tamén dez menos que o Pescados Rubén Burela.
FICHA TÉCNICA
7) PESCADOS RUBÉN BURELA: Sandra Buzón, Dany, Irene Samper, Ale De Paz e M.Cortés – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Jenny, Lara Balseiro , Elenita, Bea Mateos, Cilene, Cami, Elenita, Emilly e Bea Mateos.
1) JOVENTUT D’ELX FS: Raquel Gadea, Bet Carrasco, Paula Morote, C. Poveda e Peque – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Nanna, Paula Sánchez, Romina, Judit Mateu, Claudia Terrés, Eli Lorenzo e Nekane.
GOLES: Min 1: 1-0 Dany; Min 13: 2-0 Bea Mateos; Min 15: Sandrá Buzón 3-0; Min 16: Dany 4-0; Min 19: 5-0 Elenita; Min 22 Claudia Terrés 5-1; Min 26 Paula Sánchez en propia 6-1; 7-1 Jenny.
EQUIPO ARBITRAL: Menéndez Nistal e Vilas López – Cardero Rodríguez e Weber. Amosaron cartón amarelo a Paula Sánchez no equipo visitante.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 21ª da Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF, disputado no pavillón de Vista Alegre no Concello de Burela.