As Guerreiras Laranxas que adestra Julio Delgado clasificáronse para a final da Copa Galicia. Froito da súa vitoria ante o Poio Pescamar, o Pescados Rubén Burela. xogarán a final desta competición autonómica o día 17 de maio, Día das Letras Galegas. O escenario está aínda por determinar. O rival será o ENCE Marín Futsal, que venceu 1-3 ao Viaxes Amarelle FS na outra semifinal da Copa Galicia de futsalfem.
Poio Pescamar e Pescados Rubén Burela ofreceron un encontro moi digno que non decepcionou á afección. As da Mariña amosáronse moi seriase e foron superiores en practicamente todo o encontro ás de Poio. Aínda que ningún dos dous equipos estivo moi acertado, o Burela tivo moitas oportunidades de meter dous ou tres goles máis, sobre todo ao final do encontro.
![Poio Pescamar vs Burela Pescados Rubén na Copa Galicia / FOTOGRAFÍA PISOU](https://asnosas.gal/wp-content/uploads/2023/02/CedidaPoioPescamar_4-1024x682.jpeg)
O encontro comezaba con pouca presión, pases con algún achegamento á portería e algún disparo errado. No minuto 5 Antía pon o 0-1 no marcador cun gol tras un pase de Emilly Marcondes e un rexeite na defensa.
Chegou un momento de maior presión co Poio Pescamar creando momentos de perigo para o Burela FS. No minuto 8 Emilly Marcondes tira un balón ao pau que ben puido ser un golazo e pouco despois ten outra oportunidade tras un pase de Peque que salva o equipo pontevedrés.
No minuto 11 Laura Uña empata o encontro e posteriormente o Poio Pescamar ten outras dúas ocaisóns que salva a porteira que esta tempada xoga en campo contrario, Caridad. No minuto 14 Emilly ten outra oportunidade clarísima que salva Sandra Buzón e posteriormente Irene Samper un disparo que vai fóra despois dunha boa xogada colectiva. Chega o descanso 1-1 no marcador.
![Poio Pescamar vs Burela Pescados Rubén na Copa Galicia / FOTOGRAFÍA PISOU](https://asnosas.gal/wp-content/uploads/2023/02/CedidaPoioPescamar_1-1024x682.jpeg)
Na segunda parte comeza con oportunidades o Pescados Rubén Burela FS, cunha boa no minuto 24 e no 26 posiblemente a mellor oportunidade do encontro, tras outra moi boa xogada colectiva, Peque queda fronte á portería sen porteira pero salva o balón Rocío Gómez case na liña de gol.
Tras a primeira amarela do encontro, a Anna Escribano, xa no minuto 28, Irene Samper recibe un pase de Cilene e adianta o marcador para as Guerreiras Laranxas.
Continúan as oportunidades do Pescados Rubén Burela FS, entre outras, no minuto 30 un disparo de Emilly Marcondes que se atopa con Sandra Buzón ou no 33 outra de Dany desde a banda que vai fóra.
No minuto 36 o equipo de Luís López-Tulla recorre a a porteira – xogadora pero, aínda que con algunha ocasión como un disparo ao traveseiro de Anna, as xogadoras do equipo burelense defenderon o seu terreo con mestría mantendo o resultado ata o último segundo.
![Poio Pescamar vs Burela Pescados Rubén na Copa Galicia / FOTOGRAFÍA PISOU](https://asnosas.gal/wp-content/uploads/2023/02/CedidaPoioPescamar_2-1024x682.jpeg)
O Burela recibe en liga ao STV Roldán
As supercampioas do Burela preparararán agora o encontro deste sábado ás 20.30 horas contra o STV Roldán na Tarde Laranxa de Vista Alegre, importante partido contra un dos mellores equipos de Primeira Federación, e coas vistas xa postas na final da Copa Galicia.
O adestrador das Guerreiras Laranxas, Julio Delgado, mostrábase moi orgulloso do seu equipo, de acadar unha final máis, “que cada vez é máis difícil” pero tamén é difícil completar unha tempada como o están facendo, estando sempre nos momentos clave, “seguimos estando aí gañando títulos e agora chegando a outra final da Copa Galicia, que é imporantante para o club e, sobre todo, a nivel galego é un orgullo loitar por o título”.
![Burela Pescados Rubén na Copa Galicia / BURELA FS](https://asnosas.gal/wp-content/uploads/2023/02/CedidaBurelaFS-scaled-e1677180014475-1024x662.jpeg)
FICHA TÉCNICA
1) POIO PESCAMAR FS: Sanda Buzón (P), Martita, Luci, Rocío Gómez e Laura Uña – quinteto inicial – Tamén xogaron: Dupuy, Martita, Anna, Elena Aragón, Agostina, Irene, Marta, Rocío Gómez, Luci, Elena (P).
2) PESCADOS RUBÉN BURELA FS: Caridad (P), Cilene, Irene Samper, Emilly e Patricia – quinteto inicial – Tamén xogaron: Dany, Peque (C), Jenny, Antía Pérez, Irene Samper, Patricia, Jozi de Oliveira (P)
GOLES: Min. 5 Antía Pérez 0-1; min. 11 Laura Uña 1-1; min. 29 Irene Samper 1-2.
EQUIPO ARBITRAL: Daniel Dacal Deza, Borja Pérez Muñiz, Andrea González Pontevedra. Foron amonestadas Peque, Anna, Marta, e Martita, todas elas con cartón vermello.
INCIDENCIAS: Semifinal da Copa Galicia disputado no Pavillón Príncipe Felipe de Poio.