O mellor equipo do mundo non ten rival en Europa. Invictas e imbatidas remataba as futbolistas do Pescados Rubén Burela o seu concurso na Futsal Women’s European Champions. As Guerreiras Laranxas son, polo tanto, campioas de Europa.
O Pescados Rubén Burela proclamouse campión continental sen rivais que foran quen a lle facer fronte na pista. Primeiro goleu ao MFC Normanochka nos dous partidos con dous marcadores de 5-0. E xa na final a súa vítima foi o Futsal Pescara Femminile ao que se impuxeron 6-0 no Pazo dos Deportes de Lugo.
Poderían ter pesado nas pernas tres partidos en tres días, pero nin eso. O conxunto da Mariña foi unha auténtica pisonadora en ataque e forneceu ás suas gardamallas Sandra Buzón e Jozi Oliveira de coberturas suficientes para que, sumadas ao seu bo facer, a meta galega non correra perigo.
O último gol do Burela marcouno a porteira Jozi
Abriu o marcador no minuto 4 de xogo Cilene a pase da súa compatriota Dany Domingos. O segundo anotouno Emilly superado o cuarto de hora de partido (2-0). Así se chegaría ao descanso.
Tras o paso por vestiarios, as Guerreiras Laranxas meteron a directa deixando sen opcións a un Pescara que vía como o mellor equipo do mundo non tiña piedade e anotaba gol tras gol ata sumar a media dúcia.
Emilly (22′) anotou o seu segundo gol facendo o 3-0 e cerrou a súa conta persoal cun hat-trick (4-0). Non podía faltar la lista de anotadoras Peque que fixo o 5-0. E o colofón foi un gol de porta a porta de Jozi Oliveira. Impresionante.
O Burela Pescados Rubén continúa a súa maratón de partidos mañá mesmo. Será un encontro de Liga correspondente á 10 xornada da Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF que as medirá as tamén galegas do Marín Futbol Sala. O club da Mariña anunciou que a entrada a este choque vai ser de balde. Seica queren ensinar o novo trofeo a toda a veciñanza lucense, e non é para menos.
O encontro está fixado en Vista Alegre ás 12:30 deste luns 6 de decembro, día da Constitución.
Ver esta publicación en Instagram
FICHA TÉCNICA
6) PESCADOS RUBÉN BURELA: Sandra Buzón, Cami, Ale de Paz, Peque e Dani – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Jozi Oliveira, Irene Samper, Cilene, Emilly, Bea Mateos, Leti Cortés, Elenita, Lara Balseiro e Elena Aragón.
0) PESCARA FEMMINILE: Ana, D’Inceco, Coppari, Ortega, Boutimah – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Xhaxho, Guidotti, Amparo, Nathalia, Soldevilla e Belli.
GOLES: 1-0, min 6: Cilene. 2-0, min 16: Emilly. 3-0, min 22: Emilly. 4-0, min 26: Emilly. 5-0, min 32: Peque. 6-0, min 36: Jozi Oliveira.
ÁRBITRAS: Borja Darriba Villamor e Héctor Vilas López. Sergio López Ramudo e Eva López, auxiliares. Todos do Comité Galego. Amonestaron con cartón amarelo a Bea MAteos e Emilly Marcondes no Burela, e a Sara Boutimah e Laura Espósito no conxunto italiano.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á final da Futsal Women’s European Champions disputado no Pazo dos Deportes de Lugo ante 500 espectadores. Retransmitido pola TVG.
Xoves 2 de decembro
- 17.30 horas: Benfica SL – WFC Tesla (4-0)
Venres 3 de decembro
- 17.30 horas: WFC Tesla-Pescara Femminile (2-3)
- 20.00 horas: Pescados Rubén Burela-MFC Normanochka (5-0)
Sábado 4 de decembro (CRTVG)
- 16.15 horas: Pescara Femminile- Benfica SL (1-0)
- 18.30 horas: MFC Normanochka-Pescados Rubén Burela FS (0-5)
😂 Coa emoción do triunfo a @pgmota7 case se lle cae a copa!
🏆 Pesaba? 😅
Toda a info dun novo fito do @burelafs
📎👉 https://t.co/xkbgjADkxE pic.twitter.com/dNl0c0OCO7— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) December 5, 2021
Domingo 5 de decembro (CRTVG)
- 13.00 horas: Final Pescara – Pescados Rubén Burela FS (0-6)