• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol Liga Reto Iberdrola Fútbol

Periga a permanencia do Friol na Reto Iberdrola?

Con máis da metade da tempada disputada, as galegas ocupan a penúltima posición | O club lucense xa ten novo adestrador para afrontar o resto de campionato

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
14/01/2021
en Liga Reto Iberdrola Fútbol, Fútbol
PM Friol / FRIOL

PM Friol / FRIOL

69
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Unha tempada irregular estase a traducir en sensacións irregulares para o Peluquería Mixta Friol. As galegas compiten nunha Liga Reto Iberdrola moi disputada, na que a falta de cinco xornadas ocupan a penúltima posición. Por moi crítica que poida parecer a situación a reacción é aínda posible xa que as lucenses están a so dous triunfos (6 puntos) do cuarto clasificado. En xogo hai 15 puntos polo que as posibilidades de evitar xogar os play offs de descenso están aí a tiro de pedra.

Este é o seu segundo curso na Reto Iberdrola, aínda que xa competiu con anterioridade na segunda categoría do fútbol español. Nesta tempada o Friol enfróntase cada fin de semana a equipos de moi alto nivel: desde filiales como o Atlético de Madrid B e o Madrid CF B, ata favoritos para o ascenso como o Oviedo Moderno ou o Rácing Féminas. A competividade e o nivel da categoría e moi alto e a exigencia tamén. Un equipo con menos recursos precisa esforzarse o dobre para poder acadar éxitos.

Novidades no plantel

Despois de estar ao borde do descenso o curso anterior, as expectativas das galegas para este ano estaban máis altas, confiando en aprender dos erros cometidos na 19/20.

Para iso, o plantel conformouse na súa maioría con novas incorporacións como Amani Bernadette, Noelia Díez, Sara García, Lara Martínez, Nerea González Cuquejo, Ángela Mera, Ariadna Castañeda, Mónica Barreiro, Laura Portabales, Tamara Álvarez e Mio Nemoto, que se suman a outras habituais nas filas do Friol como Natalia Llames, Aroa Nata, Laura de la Torre ou Fanny Varela.

Así mesmo, tamén cambiou o corpo técnico. Abraham García e María Castellano comezaron a tempada dirixindo o equipo ata que, o pasado 17 de decembro, a directiva decidiu destituilos. O novo adestrador, José Manuel González, xunto co seu axudante Sergio Carrasco, foi anunciado o 12 de xaneiro, a falta de cinco partidos para finalizar a competición á procura dun revulsivo nesta recta final da competición regular.

O Friol xa ten novo adestrador: José Manuel González

Os números están en contra do Friol

A sorte non está acompañando ás galegas, que teñen dificultades para atopar a portería contraria, sendo o equipo menos goleador da categoría, mentres que son o segundo que máis recibe.

O inicio do curso 20/21 foi complicado, cun empate seguido do primeiro tropezo do ano, a derrota ante o Oviedo Moderno. Este foi o primeiro duelo perdido de moitos, aos que seguiron o Atlético de Madrid B e o Pozuelo de Alarcón.

Desta forma, as de Friol só foron capaces de vencer ao CD Parquesol. Foi na quinta xornada da competición, nun partido no que as galegas adiantáronse no marcador cun tanto de Lucía Pardo, pero no que case perden os tres puntos tras un gol no 88 da rival Natalia Arranz. A un minuto do final, un gol de Agnes Nkada deulle a tan necesaria vitoria ás do Friol, que volveron a casa coas pilas cargadas.

Case cinco xornadas despois, as futbolistas non volveron a coñecer a vitoria. Na seguinte semana, conseguiron rascar un punto recibindo en casa ao Madrid CF B, no que foi o seu segundo empate da tempada despois do debut, ante o CDE Rácing Féminas.

Un rival que para o inicio da segunda volta superou con creces ao conxunto entón dirixido por Abraham García. Cun 3-0 no marcador, o Friol despedía o 2020 con malas sensacións.

O estreo do 2021 non foi moito mellor. As galegas volveron a encaixar tres tantos, desta vez do líder, o Oviedo Moderno, ao que conseguiron marcar o gol da honra.

A salvación aínda é posible

Só dúas vitorias (é dicir, 6 puntos) separan ao Friol do cuarto clasificado, o Madrid CF B. Con 15 puntos aínda en xogo, as galegas aínda teñen posibilidades matemáticas abondo para pensar en evitar xogar os play offs de descenso.

Pero para iso, o equipo agora ás ordes de José Manuel González, deberá aprobar o primeiro reto: vencer ao CF Pozuelo de Alarcón o próximo 17 de xaneiro ás 16:00 horas. No partido de ida, xogado en Galicia, o resultado foi de 0-1, polo que as friolesas deben dárlle a volta ao marcador.

CD Parquesol, Madrid CF B, Real Sporting de Gijón e Atlético de Madrid B serán as probas finais que teñan que superar as galegas para manter a súa praza na segunda mellor división do fútbol español.

Fanny: “Esta tempada estamos mellor preparadas e aspiramos a estar no máis alto”

Etiquetas FriolfútbolPM FriolReto Iberdrola
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

afac Balón fútbol

O Concello da Coruña apoia a decisión da AFAC de non abrir os Campos da Torre ao público

por Redacción As Nosas
17/04/2021
0

  A Concellería de Deportes do Concello da Coruña vén de remitir un comunicado oficial no que apoia a decisión...

Barça - Depor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA sofre a esperada goleada do Barça (9-0)

por Redacción As Nosas
17/04/2021
0

  O final esperado. O Dépor ABANCA viaxaba esta fin de semana ata Cataluña para facer fronte ao FC Barcelona, un equipo...

Duelo entre equipos de Galicia en Primeira Nacional: Dépor ABANCA B e Victoria CF no VIII Trofeo Teresa Herrera disputado en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Os equipos galegos que buscan sitio na Reto Iberdrola viaxan fóra por primeira vez na tempada

por Carmen G. Mariñas
17/04/2021
0

  Coa segunda xornada da fase de ascenso a Reto Iberdrola chega o momento da verdade para os equipos de Galicia...

O Dépor ABANCA B e o seu adestrador, Kevin Cabado / RCD

Kevin Cabado: “O noso maior logro é que debuten en Primeira División”

por Carmen G. Mariñas
16/04/2021
0

  A base do fútbol galego está en plena forma e o Dépor ABANCA B é boa mostra delo. As xogadoras...

Dépor ABANCA B - Umia / RCD

O Dépor ABANCA B comeza a segunda fase arrasando (5-0)

por Carmen G. Mariñas
16/04/2021
0

  O filial do Dépor ABANCA, o conxunto dirixido por Kevin Cabado ten un obxectivo en mente: estar no play-off de ascenso...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Antía Jácome, piragüista canoa da Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGÜISMO

Antía Jácome acada praza para o preolímpico en C1 200 e Mundial, “ir a uns Xogos é o meu soño desde nena”, di a padexeira

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Antía Jácome, piragüista canoa da Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGÜISMO

Antía Jácome acada praza para o preolímpico en C1 200 e Mundial, “ir a uns Xogos é o meu soño desde nena”, di a padexeira

21/04/2021
Imaxe de arquivo Trail Running montaña / CD BIOSBARDO

Paula Ramos e Esther Bouso, entre os 12 galegos que acuden ao nacional de Montaña -Trail Running

21/04/2021
O BAXI incorpora a catro mulleres á súa directiva / UNIVERSITARIO FERROL

‘Siente el Uni’: a nova campaña de abonadas do BAXI Ferrol cara á tempada 2021-22

21/04/2021
CB Arxil 2020-2021 / CB ARXIL

O CB Arxil empeza a planificación do seu concurso na LF2 na tempada 2021-22

21/04/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.