A Selección Española absoluta acudirá ao torneo Internacional Dan Kolov (Bulgaria), do17 al 20 de febreiro e o fará coa galega Lydia Pérez. A loitadora do CL Pontevedra e becada no CGTD da cidade participará na categoría dos -62kg.
A pontevedresa viaxará directamente desde Suecia, tras formar parte da concentración internacional en Malmö. Xunto a ela estará o tamén galego Damián Iglesias Vilela, do Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces, quen participará na categoría de -86 kg, informa Fegaloita.